Alla­riz vi­ve a Fe­ria de Ou­tono con ta­pas, sorteos e exposición

O pa­vi­llón do ins­ti­tu­to e o Mer­ca­do da Reserva da Bios­fe­ra cen­tra­li­zan as ac­ti­vi­da­des

La Voz de Galicia (Ourense) - Ourense local - - OURENSE -

Ho­xe • De 10.30 a 20.00 ho­ras (Pa­vi­llón do IES Alla­riz) e de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 ho­ras (Mer­ca­do da Reserva da Bios­fe­ra) • A vi­la foi pio­nei­ra á ho­ra de apos­tar por va­lo­ri­zar os pro­du­tos do mon­te e a Fei­ra de Ou­tono de Alla­riz hai 23 anos que atrae a mi­llei­ros de per­soas de to­da Ga­li­cia.

Lo­go das moi­tas ac­ti­vi­da­des de on­te, a xor­na­da do­mi­ni­cal che­ga cun am­plo pro­gra­ma de pro­pos­tas. Ás 11.00 ho­ras co­me­za­rá o con­cur­so afec­cio­na­do «Ta­pa fría do Ou­tono» —a de­ci­sión do xu­ra­do co­ñe­ce­ra­se ás 14.00 ho­ras—. A esa mes­ma ho­ra, dúas da tar­de, ha­be­rá sor­teo de pre­mios.

Ás 12.30, 16.30 e 18.30 ho­ras ha­be­rá se­sións de «Alla­riz sa­be a Ou­tono», as cla­ses de co­ci­ña ao vi­vo co­rre­rá a car­go dos alum­nos da Es­co­la de Vi­la­ma­rín, o obra­doi­ro de pan Osi Gour­met e un­ha pre­sen­ta­ción-de­gus­ta­ción en A ten­da do Pe­pi­ño. Ás 20.00 ho­ras ha­be­rá un no­vo sor­teo.

A Fei­ra de Ou­tono in­clúe dúas zo­nas on­de se cen­tra­li­zan as ac­ti­vi­da­des: no Mer­ca­do da reserva da Bios­fe­ra hai exposición coas va­rie­da­des máis co­múns de co­go­me­los.

A pró­xi­ma se­ma­na, Ve­rín Men­tres tan­to en Ve­rín te­ñen to­do pre­pa­ra­do pa­ra a pró­xi­ma fin de se­ma­na. A pra­za Maior se­rá o cen­tro neu­rál­xi­co das ac­ti­vi­da­des. Ha­be­rá ex­hi­bi­cións de co­ci­ña, un­ha car­pa de ali­men­ta­ción e ou­tra de­di­ca­da á gas­tro­no­mía con ac­ti­vi­da­des es­pe­cí­fi­cas.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.