A Illa de Arou­sa Un pa­raí­so no co­ra­zón da ría

Na­tu­re­za, gas­tro­no­mía e cul­tu­ra con­for­man os seus prin­ci­pais atrac­ti­vos

La Voz de Galicia (Pontevedra) - Especial1 - - Naturalmente - D.F.

No co­ra­zón da ría da que to­ma o no­me es­tá si­tua­da A Illa de Arou­sa, a máis gran­de e po­boa­da da co­mu­ni­da­de, con 5.000 ha­bi­tan­tes. Coa be­le­za ca­rac­te­rís­ti­ca das Rías Bai­xas, es­ta illa es­tá uni­da á pe­nín­su­la des­de 1985 por un­ha ponte de dous qui­ló­me­tros de lon­xi­tu­de.

O mar é a súa prin­ci­pal fon­te de pai­sa­xe e de ri­que­za, e pa­ra des­cri­bir a be­le­za des­ta illa ha­be­rá que re­co­rrer aos in­nu­me­ra­bles con­tras­tes que gra­zas a el a con­for­man.

A na­tu­re­za, tan arrai­ga­da a es­ta illa, gó­za­se en ca­da ex­tre­mo des­te lu­gar, a ve­xe­ta­ción en es­ta­do pu­ro pó­de­se ato­par a ca­da pa­so. A flo­ra, a fau­na, o mar, as ro­chas, a pai­sa­xe... To­do fai que se­xa un pe­queno pa­raí­so an­co­ra­do no mar. Es­pa­zo na­tu­ral e po­bo ma­ri­ñei­ro con vis­tas ca­ra o mar de Arou­sa e á ría, má­xi­cos amen­ce­res e in­fi­ni­tos sol­po­res, to­da A Illa es­tá de­co­ra­da con im­pre­vis­tos ver­des e azuis, que cus­to­dian os ocres e dou­ra­dos da mul­ti­tu­de de praias que ro­dean a súa si­lue­ta.

Os re­cur­sos ma­ri­ños son a súa prin­ci­pal fon­te de in­gre­sos, des­ta­can­do o sec­tor me­xi­lloei­ro, o ma­ris­queo a pé e a flo­te, ade­mais dou­tras ar­tes me­no­res de pes­ca. Froi­to des­ta eco­no­mía e cul­tu­ra ma­ris­quei­ra, A Illa arre­cen­de a sa­li­tre e a mar, ade­mais de ilus­trar ao vi­si­tan­te cos aru­mes da súa gas­tro­no­mía, que fai hon­ra do que o mar nos ofre­ce.

A Illa é un mo­de­lo a se­guir na súa gas­tro­no­mía. Des­de tem­pos in­me­mo­riais amo­sa a súa ela­bo­ra­ción a par­tir da súa ma­te­ria pri­ma que é re­co­lli­da do mar pa­ra le­va­la ao pra­to e ser de­gus­ta­da po­lo co­men­sal.

Con­ta es­ta illa cun­ha va­rie­da­de de lu­ga­res que o vi­si­tan­te non po­de dei­xar pa­sar, co­mo son o mi­ra­doi­ro Con do Forno, on­de se po­de apre­ciar dun­ha ver­da­dei­ra pa­no­rá­mi­ca da vila coas che­mi­neas amo­san­do o que al­gún día fo­ron gran­des fá­bri­cas de con­ser­va, o fa­ro de Pun­ta Ca­ba­lo, o cen­tro do po­bo cos seus por­tos, o es­pa­zo na­tu­ral do Ca­rrei­rón, o cen­tro de in­ter­pre­ta­ción da Con­ser­va co seu res­tau­ra­do Pei­rao de Pau, os seus muí­ños e, co­mo non, a súa se­cuen­cia de es­pec­ta­cu­la­res praias e ca­las.

Con­ta A Illa de Arou­sa con zo­nas pro­te­xi­das que ser­ven de mo­ra­da de pa­so a moi­tas especies co­mo son o es­pa­zo na­tu­ral do Ca­rrei­rón —o pe­queno pul­món do mu­ni­ci­pio— ou a zo­na da Area da Se­ca­da coa du­na mó­bil mi­ran­do ca­ra os illo­tes Xi­doi­ros, Areo­so e Pe­dre­go­so.

A sin­gu­la­ri­da­de da Illa e a súa cos­ta re­cor­ta­da ori­xi­na que es­tea ro­dea­da de pe­que­nas ca­las, praias de area fi­na e pun­tas on­de a ero­sión do mar, a choi­va e o ven­to pro­du­cen vis­to­sas for­mas nos ro­che­dos. A Illa con­ta con máis de 80 praias e ca­las, to­das elas di­fe­ren­tes no seu ta­ma­ño e for­ma pe­ro to­das de area fi­na e au­gas cris­ta­li­nas.

FO­TO M. MÍSER

A Illa con­ta con máis de 80 prais e ca­las.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.