«Es­ta­mos moi ben si­tua­dos, hai que sa­car par­ti­do di­so»

La Voz de Galicia (Pontevedra) - Especial1 - - Entrevista -

Ma­nuel Cam­pos é ca­paz de fa­lar un bo anaco can­tan­do as ex­ce­len­cias do mu­ni­ci­pio que pre­si­de. Es­coi­tán­doo, dan ga­nas de bo­tar a co­rrer ca­ra alí. Fa­la do ter­ma­lis­mo, do sen­dei­ris­mo, do bo am­bien­te que hai os domingos á ho­ra do ver­mú...

— ¿Cal é a maior van­ta­xe de Cun­tis?

—Ten moi­tí­si­mas. Ten un po­ten­cial tu­rís­ti­co enor­me, co­mo xa es­ta­mos com­pro­ban­do. Ten ter­ma­lis­mo pe­ro ten moi­to máis. Cun­tis é Cas­tro­lan­dín, son ru­tas de sen­dei­ris­mo, é a nosa par­te his­tó­ri­ca. Ade­máis, es­ta­mos moi ben si­tua­dos, cer­qui­ña de Pon­te­ve­dra, de Vi­la­gar­cía ou de San­tia­go. Hai que sa­car par­ti­do di­so.

— Nas fes­tas se­ría un bo mo­men­to pa­ra vi­si­tar Cun­tis, ¿que con­ta das ce­le­bra­cións que van co­men­zar?

—O Con­ce­llo asu­miu a or­ga­ni­za­ción por­que non ha­bía co­mi­sión. Te­mos un pro­gra­ma moi sin­xe­lo pe­ro moi digno. In­ver­ti­mos nas ver­be­nas un­ha can­ti­da­de moi si­mi­lar á do ano pa­sa­do. A nosa ilu­sión é que pa­ra o ano vol­va ha­ber un­ha co­mi­sión que se en­car­gue dis­to... se­nón vol­ve­ra­se fa­cer así pa­ra non que­dar sen fes­ta.

—Re­pi­ten a carreira de ru­los de her­ba se­ca, ¿ti­vo éxi­to a ini­cia­ti­va?

—A ver­da­de é que si que foi, re­sul­ta sor­pren­den­te pe­ro gus­tou moi­tí­si­mo e por su­pos­to que a re­pe­ti­mos. A ver­da­de é que es­ta­mos moi sa­tis­fei­tos de co­la­bo­rar con dis­tin­tas en­ti­da­des nas fes­tas, den­de a es­cu­da­ría ata o club de fút­bol pa­san­do po­la aso­cia­ción Río Ga­llo. As cou­sas que fan as en­ti­da­des dan­lle un as­pec­to moi es­pe­cial ás no­sas fes­tas.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.