«Creo que es­te ano de­mos un pa­so de ca­li­da­de nas fes­tas das Do­res»

O re­xe­dor cal­de­lano des­ta­ca o es­for­zo do go­berno lo­cal en con­se­guir que a pro­gra­ma­ción fes­ti­va sir­va co­mo ei­xo cul­tu­ral de to­dos os con­ce­llos da co­mar­ca e atraia a ve­ci­ños e vi­si­tan­tes

La Voz de Galicia (Pontevedra) - Especial1 - - Entrevista - M.G.

Aca­pi­tal do Ver­du­go vi­ve a súa se­ma­na gran­de do ve­rán coas fes­tas das Do­res.

— ¿Ca­les son os prin­ci­pais ei­xos do pro­gra­ma des­te ano?

—É un pro­gra­ma moi am­plo. Ti­ve­mos o do­min­go pa­sa­do o con­cer­to de Trei­xa­du­ra e des­de en­tón te­mos ti­do un­ha ac­ti­vi­da­de to­dos os días. Des­ta­co as obras de tea­tro de gran ca­li­da­de e moi­tas ac­ti­vi­da­des in­fan­tís, cine na rúa, mo­nó­lo­gos. A ni­vel de or­ques­tras te­mos un ni­vel su­pe­rior ao do ano pa­sa­do, que xa foi moi bo. Pro­ba­ble­men­te es­tea­mos an­te as me­llo­res fes­tas que ti­vo Ponte Cal­de­las nos úl­ti­mos anos. Creo que de­mos un pa­so de ca­li­da­de moi im­por­tan­te e a xen­te nó­tao e agra­dé­ceo ade­mais. Re­par­ti­mos 15.000 exem­pla­res do có­di­ce cal­de­lino co pro­gra­ma de fes­tas. Teno to­do o mun­do e a xen­te co­ñe­ce to­das as ac­ti­vi­da­des con moi­ta an­te­la­ción. Te­mos un­ha ofer­ta a ni­vel dun­ha ci­da­de e eu sei que es­tán to­man­do exem­plo ou­tros con­ce­llos da con­tor­na a ni­vel cul­tu­ral e de even­tos. Aquí sem­pre hai al­go en cal­que­ra fin de se­ma­na que se ve­ña. Man­ti­ve­mos o Cal­de­las Xo­ve e, á ho­ra de fa­lar das or­ques­tras, te­mos o Pa­rís de Noia e o Com­bo Do­mi­ni­cano

— A Ala­me­da de Ponte Cal­de­las é un es­ce­na­rio im­pre­sio­nan­te pa­ra un­has fes­tas

—Si, por su­pos­to. Aquí ta­mén ten moi­ta asis­ten­cia o tra­di­cio­nal ver­mú na Ala­me­da, coa ban­da de mú­si­ca. Pó­ñen­se dúas mil ca­deas e aín­da así nos que­da­mos cur­tos o ano pa­sa­do. É al­go moi tí­pi­co de aquí. Esa atrac­ción de es­coi­tar a ban­da de mú­si­ca to­man­do o ver­mú fun­cio­na moi ben.

— ¿Ten Ponte Cal­de­las a ver­be­na máis lon­ga de Ga­li­cia?

—To­can tres or­ques­tras des­de a noi­te ata as oi­to da ma­ñá. Eu creo que se­ría a máis lon­ga da pro­vin­cia, non me so­na nin­gun­ha fes­ta on­de du­re tan­to a ver­be­na. É un­ha tra­di­ción aquí. Ao día se­guin­te é fes­ti­vo lo­cal e se cum- pre. A xen­te ao aca­bar to­ma cho­co­la­te ou un­ha ta­za de cal­do, que xa te­ñen os ba­res pre­pa­ra­das. É un­ha tra­di­ción de moi­tos anos e hai que man­ter e pre­ser­var. Hai xen­te que non tra­ba­lla en Ponte Cal­de­las e que ese é un día que pi­den li­bre no tra­ba­llo pa­ra po­der dis­fru­tar de­sa xor­na­da. Ven moi­ta xen­te de fo­ra.

— ¿E vos­te­de vai?

—Ata as oi­to non. Con­fé­soo.

— ¿Al­gun­ha vez foi?

—Si, can­do era no­vo, ata as oi­to da ma­ñá, si, pe­ro ago­ra non. Aguan­to ata as ca­tro ou cin­co e des­pois vou to­mar un­ha ta­ci­ña de cal­do que é o tí­pi­co aquí ade­mais do cho­co­la­te con chu­rros.

— ¿Que fai a es­tas fes­tas di­fe­ren­tes do res­to da co­mar­ca?

—Ponte Cal­de­las é o epi­cen­tro e o si­tio de pa­so obri­ga­do dos con­ce­llos da con­tor­na. E as fes­tas das Do­res sem­pre fo­ron tra­di­cio­nal­men­te as me­llo­res fes­tas da co­mar­ca. Can­do nos che­ga­mos le­va­ban uns anos un tan­to á de­ri­va, ma­las or­ques­tras e un tan­to de dei­xa­dez no pran- te­xa­men­to cul­tu­ral. Des­de que o no­vo go­berno che­ga­mos, no­tou­se o cam­bio. Es­tán vin­do as me­llo­res or­ques­tras de Ga­li­cia, pe­ro en Ponte Cal­de­las en agos­to hai ac­ti­vi­da­des to­dos os fins de se­ma­na. Pa­sa­mos de ter un­ha se­ma­na cul­tu­ral a ter un agos­to cul­tu­ral. E iso nó­ta­se por­que os ve­ci­ños da co­mar­ca o fin de se­ma­na o pa­san en Ponte Cal­de­las por­que sem­pre hai al­go in­tere­san­te. Abar­ca­mos to­dos os pú­bli­cos, mú­si­ca tra­di­cio­nal, or­ques­tras, tea­tro, ra­llie.

— Ten­do en con­ta o que pa­sou coa Ma­na­da, ¿Ponte Cal­de­las ten al­gun­ha ini­cia­ti­va contra as agre­sións se­xis­tas?

—Imos co­lo­car seis pan­car­tas, de dous me­tros por ou­tro e pi­co, na Ala­me­da, du­ran­te to­das as fes­tas. O le­ma é «Se non me res­pec­tas, non me in­tere­sas». Ta­mén es­ta­rán os te­lé­fo­nos da Gar­da Ci­vil e de Emer­xen­cias. A maio­res ha­be­rá na Ca­sa da Cul­tu­ra a do­cu­men­ta­ción que da a Depu­tación.

— ¿Co­mo se ar­ti­cu­lar a se­gu­ri­da­de de to­das as fes­tas?

—Te­mos un plan de au­to­pro­tec­ción, que é a pri­mei­ra vez que es fai. Fi­xé­mo­lo pa­ra a Troi­ta e pa­ra as Do­res. Ten un cus­to ele­va­do, pe­ro é ne­ce­sa­rio. É un­ha em­pre­sa que con­tro­la to­da a do­cu­men­ta­ción e a cer­ti­fi­ca­ción, in si­tu, da mon­ta­xe das atrac­cións. Es­te plan acla­ra as vías de es­ca­pe, ac­ce­sos, apar­ca­men­tos. To­do está es­tu­da­do pa­ra que se hai pro­ble­mas es­tea to­do pre­vis­to e que a xen­te poi­da es­tar tran­qui­la nas fes­tas.

FO­TO ÁNGEL LÓ­PEZ

O al­cal­de des­ta­ca a apos­ta po­la mú­si­ca, as ver­be­nas e o tea­tro.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.