«É unha fes­ta que foi ca­paz de gus­tar a xe­ra­ción tras xe­ra­ción»

As Fes­tas de San Xoán de Poio es­tá cla­ro que non en­ten­den de ideo­lo­xías po­lí­ti­cas

La Voz de Galicia (Pontevedra) - Especial2 - - Entrevistas - LÓ­PEZ PENIDE

As de San Xoán son as fes­tas por an­to­no­ma­sia no Con­ce­llo de Poio e, á vis­ta das res­pos­tas que dan os lí­de­res dos prin­ci­pais par­ti­dos do mu­ni­ci­pio, non entender de co­res po­lí­ti­cas. De fei­to, gó­zan­se do mes­mo xei­to sen­do de es­quer­das co­mo sen­do de de­rei­tas. Tal vez, por iso se di que a de san Xoán é noi­te máis má­xi­ca de to­do o ano.

— ¿Cal é o seu pri­mei­ro re­cor­do aso­cia­do a es­tas fes­tas?

—[Lu­ciano So­bral (BNG)] De

cha­val, de bai­xar cos ami­gos a fes­ta can­do eran no cam­pi­llo para ir aos ca­ba­lli­tos e ás ca­deas, pe­ro ta­mén o de ir cam­biar al­gún ca­rro... A ma­goa é que ago­ra xa non hai ca­rros.

—[Con­sue­lo Be­sa­da (PSOE)] O de ir a fo­guei­ra e es­tar en com­pa­ñía cos ve­ci­ños e cos ne­nos do meu po­bo, de Sa­miei­ra.

—[Án­gel Mol­des (PP)] Co­mo na­cín moi pre­to de on­de se ce­le­bra­ba a fes­ta, do cam­pi­llo do mos­tei­ro, re­cor­do to­do o que se ce­le­bra­ba aí. E é un re­cor­do moi bo­ni­to.

— ¿Co­mo vai pa­sar a noi­te de san Xoán?

—[LS] No ba­rrio on­de vi­vo den­de hai 37 anos e no que un gru­po de ve­ci­ños fa­ce­mos unha fo­guei­ri­ña. O pa­sa­mos en fa­mi­lia, en­tre ami­gos, pe­ro ta­mén adoi­to ir a A Se­ca ao pren­di­do da fo­guei­ra.

—[CB] Ire­mos ata a fo­guei­ra de Vi­la­ri­ño por­que a fai o com­pa­ñei­ro Ju­lio Casas, que é quen a or­ga­ni­za. Sem­pre nos re­par­ti­mos un ra­ti­ño nes­ta e ou­tro na de A Se­ca.

—[AM] Pri­mei­ro vi­si­ta­rei dis­tin­tas zo­nas que ce­le­bran a súa fo­guei­ra e des­pois aca­ba­rei a noi­te com­par­tín­doa con com­pa­ñei­ros e ami­gos.

— ¿É das per­soas que se­guen a tra­di­ción que mar­ca es­ta noi­te?

—[LS] Si. Al­gun­has as fa­cía de cha­val, co­mo ir a mo­ver os ca­rros e ou­tras aven­tu­ras. Xa non se fan, pe­ro hai ou­tras que as si­go man­ten­do. O de sal­tar as fo­guei­ras, o de co­ller as her­bas pola noi­te do 23... As soe co­ller a mi­ña muller e eu, se te­ño un oco, vou acom­pa­ña­la. Aos ac­tos re­li­xio­sos non adoi­to asis­tir por­que sem­pre con­si­de­rei que a cues­tión re­li­xio­sa de­be es­tar á mar­xe da ci­vil. É un día para go­zar cos ami­gos e coa fa­mi­lia.

—[CB] Si, si. In­da ho­xe pola tar­de, á noi­ti­ña, an­tes das fo­guei­ras, vou bus­car as her­bas e dei­xo sem­pre a au­ga to­da a noi­te fo­ra co or­ba­llo, que es­te fres­qui­ña pola ma­ñá… Ás ve­ces, po­las pre­sas, es­qué­zo­me de la­var­me con ela, pe­ro si me es­que­zo pola ma­ñá, lá­vo­me as tres da tar­de. Pe­ro lá­vo­me sem­pre coa au­ga de San Xoán.

—[AM] O das her­bas si que é al­go no que nos im­pli­ca­ron os no­sos avós e o se­gui­mos man­ten­do.

— ¿Que des­ta­ca­ría des­tas fes­tas?

—[LS] Al­gun­ha das no­vi­da­des que se in­tro­du­ci­ron es­te ano. Creo que o pre­gón po­de ser to­da unha no­vi­da­de pola xen­te que o vai dar, tan­to por Te­re­sa Fer­nán­dez-Val­dés co­mo po­las ou­tras dúas ac­tri­ces. E o te­ma da in­tro­du­ción que se fai. Ata o de ago­ra des­pois do pre­gón, co re­par­to de ros­ca e vi­ño aca­bá­ba­se o día, pe­ro es­te ano vai ha­ber al­go de mú­si­ca. Hai cer­tas cou­sas que non po­des to­car, non te po­des saír do guión, pe­ro hai ou­tras, pe­que­nas, que po­des ir in­tro­du­cin­do para me­llo­rar o am­bien­te. Ta­mén des­ta­ca­ría a gran par­ti­ci­pa­ción que hai.

—[CB] Des­ta­ca­ría as fo­guei­ras e que é unha noi­te má­xi­ca, pe­ro ta­mén to­da o das her­bas, que é un te­ma tra­di­cio­nal. Re­cor­do que des­de moi pe­que­na ía con ami­gas a re­co­ller as her­bas de San Xoán pola aldea para lo­go fa­cer a au­ga coa que la­var­se ao día se­guin­te.

—[AM] Ano tras ano, é unha fes­ta que foi ca­paz de gus­tar a xe­ra­ción tras xe­ra­ción. A noi­te de san Xoán gus­ta a to­das as ida­des. Des­ta­ca­ría o que é esa noi­te, a vés­pe­ra dese día tan im­por­tan­te que é san Xoán, e lo­go o pro­pio día gran­de. Ato­pas no en­torno do mos­tei­ro a moi­tos ve­ci­ños que, por mo­ti­vos la­bo­rais o fa­mi­lia­res, se fo­ron do con­ce­llo e que re­gre­san o día do pa­trón. Sem­pre res­pec­tan o que é a fes­ti­vi­da­de.

Lu­ciano So­bral, al­cal­de de Poio; Con­sue­lo Be­sa­da, te­nien­te de al­cal­de; e Án­gel Mol­des, lí­der da opo­si­ción

FO­TO CAPOTILLO / C. G. B.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.