O bar­bei­ro de La­lín na pren­sa

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - LIBROS . ACTUALIDAD -

Sem­pre re­ci­bi­mos un­ha pro­vei­to­sa re­com­pen­sa can­do nos mer­gu­lla­mos nos pri­mei­ros tra­ba­llos dun ar­tis­ta. To­do o que máis tar­de se con­ver­te nun dis­tin­ti­vo re­co­ñe­ci­ble xa apa­re­ce anun­cia­do aí, ne­sas mos­tras pre­li­mi­na­res on­de un uni­ver­so aín­da es­tá co­llen­do for­ma. La­xei­ro ti­ña ape­nas vin­te anos can­do co­me­zou a pu­bli­car vi­ñe­tas nas pá­xi­nas de Fa­ro de Vi­go e El Pue­blo Ga­lle­go, en­tre 1928 e 1930. Aín­da non era o pin­tor que lo­go ocu­pa­ría un­ha po­si­ción cen­tral na ar­te ga­le­ga do sécu­lo XX, pe­ro eses «mo­nos» —ter­mo co que se de­sig­na­ban os de­bu­xos nos xor­nais da épo­ca— anun­cian a al­tu­ra do crea­dor que apa­re­ceu pos­te­rior­men­te, irrom­pen­do con for­za no pa­no­ra­ma ar­tís­ti­co do país. Dis­que foi Col­mei­ro, com­pa­ñei­ro de via­xe no gru­po Os No­vos, quen o ani­mou a en­viar os tra­ba­llos. Da­que­la La­xei­ro re­gre­sa­ra de Cu­ba a cau­sa dun­ha doen­za pul­mo­nar e vi­vía en La­lín, on­de tra­ba­lla­ba de bar­bei­ro e non pa­ra­ba de de­bu­xar na xen­te. Esa pri­mei­ra es­co­la, cen­tra­da na ob­ser­va­ción e o apun­ta­men­to com­pul­si­vo, ali­men­tou as vi­ñe­tas que se re­co­llen nes­te in­te­re­san­te vo­lu­me, acom­pa­ña­das por tres tex­tos in­tro­du­to­rios de Javier Pérez Bu­ján —res­pon­sa­ble da edi­ción—, Ma­nuel Igre­xas e Fé­lix Ca­ba­lle­ro. To­da un­ha «so­cio­lo­xía pri­ma­ria do mun­do la­bre­go do pri­mei­ro ter­zo do sécu­lo XX» que con­for­ma un­ha ima­xe cos­tu­mis­ta do que un día fo­mos, vis­ta po­los ollos dun ra­paz que se pre­pa­ra­ba pa­ra es­tu­dar en Ma­drid. A gran car­ta de pre­sen­ta­ción da­quel bar­bei­ro que so­ña­ba con de­di­car­se á pin­tu­ra.

JAVIER GARCÍA BU­JÁN

OS MO­NOS DE LA­XEI­RO EDI­CIÓN

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.