Os ir­máns lu­sos Ri­bei­ro ga­ñan a Tra­ve­sía a Na­do Por­to de Vilagarcía

La Voz de Galicia (Pontevedra) - Pontevedra local - - PONTEVEDRA DEPORTES - PA­BLO PE­NE­DO

A tri­xé­si­mo sex­ta edi­ción da Tra­ve­sía a Na­do Por­to de Vilagarcía foi na ma­ñá de on­te cou­sa de ir­máns. Pro­ce­den­tes do ve­ci­ño Por­tu­gal, ou se se que­re, do Club Náu­ti­co de Ri­bei­ra da ou­tra ban­da da ría, po­lo que compiten, Hu­go Al­ber­to e So­ra­ya Va­ne­sa Ri­bei­ro le­vá­ron­se ca­dan­seu tí­tu­los na que foi a cuar­ta pro­ba pun­tua­ble do Cir­cui­to Ga­le­go de Au­gas Aber­tas da Fe­de­ra­ción Ga­le­ga de Na­ta­ción.

Hu­go Al­ber­to Ri­bei­ro vol­tou ca­tar o sa­bor do éxi­to na ca­pi­tal arou­sá ca­se on­ce me­ses des­pois de ter com­ple­ta­do na praia Com­pos­te­la o re­to de ele­var o tro­feo de cam­pión da Tri­ple Co­roa Illas Atlán­ti­cas. Aquel 2 de se­tem­bro do 2017 em­pre­gan­do 6 ho­ras, 50 mi­nu­tos y 34 se­gun­dos en cu­brir os 28 qui­ló­me­tros a na­do des­de o areal do Al­ma­cén, na illa de Sálvora, e o vi­la­gar­cián, e des­pois de saír vi­to­rio­so das tra­ve­sías a na­do en­tre Ons e San­xen­xo (13 qui­ló­me­tros), no 2015, e Cíes e Baio­na (16 qui­ló­me­tros), no 2016. On­te a esi­xen­cia era moi­to me­nor. Os 2.500 me­tros do per­co­rri­do pa­ra as cin­co ca­te­go­rías fe­de­ra­das da Tra­ve­sía a Na­do Por­to de Vilagarcía, a ab­so­lu­ta e as ca­tro más­te­res. Hu­go Al­ber­to Ri­bei­ro em­pre­gou 29 mi­nu­tos e 55 se­gun­dos pa­ra ga­ñar, su­peran­do o seu com­pa­ñei­ro de club Car­los Brión Sampedro en 18 se­gun­dos, 30.13.01, e en 1.32 a Mar­tín Ca­rre­ras Cos­ta (C.N. Pon­tea­reas, 31.27.06), que pe­chou o po­dio sé­nior mas­cu­lino. Ri­bei­ro foi­se aos 600 me­tros da saí­da, e co­lleu un­ha có­mo­da van­ta­xe que non bai­xou dos dez se­gun­dos.

A súa ir­má So­ra­ya Va­ne­sa ga­ñou cun col­chón al­go máis re­du­ci­do. Em­pre­gan­do 32 mi­nu­tos, 10 se­gun­dos e 5 cen­té­si­mas en per­co­rrer o mes­mo tra­za­do se- gui­da de Ana Vei­ga Sou­to (Club del Mar de A Co­ru­ña), que fi­xo un crono de 32.15.02, e de Laura Rodríguez No­voa (C.N. Pon­tea­reas), con 33.16.05.

No to­can­te ao res­to das ca­te­go­rías, sa­lien­tar a ni­vel lo­cal o triun­fo de An­drés Ló­pez, do Triatlón Vilagarcía, en Mas­ter 3 (50 a 64 anos), e nas ca­te­go­rías po­pu­la­res, cun tra­za­do de 1.200 me­tros, as vi­to­rias do in­da in­fan­til Mi­guel Be­ni­to Cas­te­lla­nos (C.N. Lo­gro­ño), en 15.35, e da máis sor­pren­den­te ale­vín Sil­via Mar­tí­nez No­voa (C.N. Vi­go) en fé­mi­nas, con 16.17.

1ª/ So­ra­ya V. Ri­bei­ro (C.N. Ri­bei­ra)32.10 2ª/ Ana Vei­ga (Club del Mar A Co­ru­ña) 32.15 3ª/ Laura Rd­guez. (C.N. Pon­tea­reas) 33.16

Sa­tis­fac­ción do or­ga­ni­za­dor

A Tra­ve­sía a Na­do Por­to de Vilagarcía con­tou por pri­mei­ra vez co Club Na­ta­ción e Sal­va­men­to Vilagarcía co­mo or­ga­ni­za­dor en so­li­ta­rio, lo­go de moi­tas edi­cións nas que acom­pa­ñou a Fundación de De­por­tes co­mo co­or­ga­ni­za­dor ou ben no rol de co­la­bo­ra­dor. O seu pre­si­den­te, Fer­nan­do Vi­cen­te, amo­sa­ba on­te a sa­tis­fac­ción po­lo desen­vol­ve­men­to da pro­ba: «Pe­cha­mos a ins­cri­ción co to­pe de 300 na­da­do­res que fi­xa­ra­mos pre­via­men­te. Pa­re­cía­nos que un­ha tra­ve­sía de 36 anos ti­ña que lu­cir en li­ña coa súa ida­de. Por iso es­trea­mos as ins­cri­cións online e os pre­mios en me­tá­li­co (1.000 eu­ros). Vi­ñe­ron va­rios dos me­llo­res es­pe­cia­lis­tas de Ga­li­cia. O es­for­zo víu­se re­com­pen­sa­do».

1º/ Fran­cis­co Co­ve­lo (In­de­pen­den­te) 32.10 1ª/ Ire­ne Ri­va­du­lla (C.N.S. A Es­tra­da) 37.17

1º/ Die­go Sotelo (U.S.C.) 32.45 1ª/ Sil­via Dei­ro (Olím­pi­co de Ve­dra) 43.46

1º/ An­drés Ló­pez (T. Vilagarcía) 38.22 1ª/ Nancy Frey (C.N. Ri­bei­ra) 40.03

1º/ Ma­nuel Rguez. (Rías Bai­xas) 44.50 * Sen par­ti­ci­pa­ción fe­mi­ni­na

Vi­cen­te sa­lien­tou en­tre as no­vi­da­des da Tra­ve­sía a Na­do Por­to de Vilagarcía a gra­ba­ción da pro­ba cun dron. Un re­cur­so que sor­pren­deu os par­ti­ci­pan­tes, que dis­po­rán nuns 15 días da re­por­ta­xe que se fa­rá coas ima­xes aé­reas. «É ou­tro plus. Vilagarcía pa­sou a ocu­par de no­vo un lu­gar no es­ca­pa­ra­te das tra­ve­sías ga­le­gas», di o pre­si­den­te.

MÓ­NI­CA IRAGO

Hu­go Ri­bei­ro ce­le­brou un no­vo triun­fo en Vilagarcía.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.