Re­sis­ten­cia so­bre dúas ro­das na BBT Non Stop des­te sá­ba­do

La Voz de Galicia (Pontevedra) - Pontevedra local - - PONTEVEDRA DEPORTES -

De nove a nove, do­ce ho­ras so­bre dúas ro­das. É a idea da IV Pon­te­ve­dra BTT Non Stop que se ce­le­bra­rá ho­xe no tra­di­cio­nal cir­cuí­to BTT do Pon­ti­llón do Cas­tro, en Ver­du­ci­do. Ao re­dor de 200 de­por­tis­tas par­ti­ci­pa­rán nun­ha ci­ta na que se pon a pro­ba a re­sis­ten­cia so­bre a bi­ci­cle­ta de mon­ta­ña.

O Com­ple­xo De­por­ti­vo Da­vid Cal se­rá o cen­tro de ope­ra­cións da pro­ba. Nes­te mes­mo pun­to es­ta­rá a zo­na de saí­da e de che­ga­da, ade­mais do es­pa­zo de tran­si­ción on­de os par­ti­ci­pan­tes dan o re­le­vo aos seus com­pa­ñei­ros de equi­po. Nes­ta es­pe­cie de zo­na ce­ro, ha­be­rá un si­tio re­ser­va­do pa­ra o pú­bli­co que quei­ra go­zar da pro­ba.

O cir­cuí­to con­ta con apro­xi­ma­da­men­te 10 qui­ló­me­tros, e os par­ti­ci­pan­tes te­ñen que ten­tar dar o má­xi­mo nú­me­ro de vol­tas en do­ce ho­ras, aín­da que ta­mén hai a op­ción de fa­cer seis ho­ras. Ha­be­rá equi­pos de catro e tres par­ti­ci­pan­tes, pa­re­llas e ci­clis­tas en so­li­ta­rio.

A par­tir das 20 ho­ras, as lu­ces se­rán de uso obri­ga­do pa­ra os ci­clis­tas ins­cri­tos.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.