«É a pri­mei­ra vez que ve­ñen meus pais, ta­mén veu mi­ña ir­má, a un­ha pre­sen­ta­ción mi­ña»

La Voz de Galicia (Pontevedra) - Pontevedra local - - PONTEVEDRA -

A pre­sen­za en San Se­bas­tián de Xa­cio Ba­ño foi coa ca­lor da fa­mi­lia, ade­mais: «É a pri­mei­ra vez que ve­ñen meus pais, ta­mén veu mi­ña ir­má, a un­ha pre­sen­ta­ción mi­ña. Ta­mén o fa­go pa­ra non dar­lle á no­sa pro­fe­sión ai­res de al­go im­por­tan­tí­si­mo. Dá­se­me ben o ci­ne pero é al­go tan bá­si­co e nor­mal que non que­ro dar­lle un­ha au­ra de mis­ti­ci­da­de. Á par­te, en Donosti no­teino po­las en­tre­vis­tas, os fo­cos... e iso que a no­sa pe­lí­cu­la era ‘ca­ti­va’. Pero, si, é doa­do que un se sin­ta alí en­dio­sa­do á mí­ni­ma, can­do o que fa­ce­mos é do máis hu­mil­de, que vén da ne­ce­si­da­de de con­tar o mun­do».

—Coa an­sia de ver nos ci­nes «Tro­te», xa agar­da­mos por ou­tro la­do po­los seus no­vos pro­xec­tos... Así que non nos dei­xe in­tri­ga­dos e aván­ce­nos un pou­qui­ño, por fa­vor.

—Ago­ra es­tou fa­cen­do un­ha cur­ta en Xove ti­tu­la­da Au­gas abi­sais, que vai so­bre un­has car­tas dun tío bi­sa­vó meu (Cas­to) da Gue­rra Ci­vil. É un do­cu­men­tal. A mi­ña idea é aca­bar ato­pan­do o seu ras­tro no mun­do. Ti­ña 17 anos e foi obri­ga­do a ir á gue­rra (...). E, ta­mén con Fri­da Films, a se­guin­te lon­ga­me­tra­xe se­rá Ana e o fu­tu­ro, so­bre al­go tan im­por­tan­te pa­ra min co­mo é a xes­tión do per­dón e o de­rei­to a equi­vo­car­se, pro­bar cou­sas no­vas, me­ter a pa­ta. Vai dun­ha mu­ller, Ana, que vol­ve a un­ha gran ci­da­de des­pois de oi­to anos de xes­tio­nar o per­dón.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.