«O me­llor de Ga­li­cia é a súa xen­te e a súa lin­gua»

«Ás ve­ces non se va­lo­ra moi­to o que se ten. En Ga­li­cia te­ño esa per­cep­ción, por exem­plo, coa na­tu­re­za»

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Portada - Ca­ta­li­na Za­mo­ra PRO­FE­SO­RA DO COLEXIO INFANTA LEONOR, DE MAZARRÓN, QUE APRENDEU GALEGO E ENSÍNALLO AOS ALUM­NOS

O seu con Ga­li­cia e co galego foi un amor a pri­mei­ra vis­ta. Un amor ado­les­cen­te. Pe­ro non deses que des­apa­re­cen e se lem­bran con nos­tal­xia anos des­pois, se­nón dos que per­sis­ten e me­dran cos anos. Ca­ta­li­na Za­mo­ra (Mazarrón, Mur­cia, 1974) che­gou a Ga­li­cia por pri­mei­ra vez nun­ha via­xe de es­tu­dos en oi­ta­vo de EXB. Des­de en­tón non dei­xou de vir e de in­tere­sar­se por Ga­li­cia e de go­za­la ca­da vez que pui­do. Es­tu­dou galego e es­te ano, no colexio no que dá cla­se, o Infanta Leonor, de Mazarrón, ce­le­bra­ron a Cons­ti­tu­ción cun­ha ac­ti­vi­da­de de­di­ca­da a Ga­li­cia. —Su­po­ño que lle di­rían moi­tas ve­ces que por que «per­día o tem­po» es­tu­dan­do galego. —Si, ho­me, por su­pos­to. Ao fi­nal os meus ami­gos e a xen­te que me co­ñe­ce xa sa­ben que é un­ha pai­xón. Ao prin­ci­pio to­má­ban­me un pou­qui­ño por to­la, pe­ro ao fi­nal com­pren­den. Moi­ta xen­te di que non ser­ve pa­ra na­da, pe­ro si que ser­ve; aín­da que aquí non te­ña pro­xec­ción la­bo­ral, si que ser­ve. —Que lle di­ría a quen cues­tio­na a esi­xen­cia de que en Ga­li­cia se sai­ba o galego? —Eu non que­ro en­trar en cues­tións po­lí­ti­cas nin opi­nar so­bre o que oco­rre en lu­ga­res nos que non es­tou, pe­ro si que pen­so que cal­que­ra co­ñe­ce­men­to, se­xa ga-

le­go, vas­co, in­glés, fran­cés..., cal­que­ra idio­ma que poi­da en­ri­que­cer­nos e ache­gar­nos aos ou­tros es­tá ben es­tu­da­lo, e non ten por que ser ex­cluín­te en nin­gún mo­men­to. Pa­ra min é un sen­ti­men­to, non é ou­tra cou­sa; en­tón non ve­xo cal é a di­fi­cul­ta­de, por­que pa­ra min to­do es­tá ben. Creo que os idio­mas su­man, non res­tan. Pe­ro eu fa­lo dun sen­ti­men­to, non dun­ha cues­tión política. Pa­ra min o galego e Ga­li­cia son un­ha pai­xón. —Co­ñe­ce­rá moi ben Ga­li­cia. —Can­do era máis nova, pa­ra min era un so­ño, pa­ra min a me­ta era

po­der es­tar alí. Ago­ra mes­mo, pa­ra min é co­mo un pa­raí­so on­de po­do ir ca­da cer­to tem­po e go­zar del. Nas pri­mei­ras via­xes a Ga­li­cia co­ñe­cín bas­tan­te ben as Rías Al­tas; des­pois, xa na uni­ver­si­da­de, co­ñe­cín a Ri­bei­ra Sa­cra e a Cos­ta da Mor­te. A úni­ca ma­te­ria pen­den­te que te­ño son as illas Cíes, que non as co­ñe­zo. Si co­ñe­zo a praia das Ca­te­drais e as fra­gas do Eu­me, que pa­ra min son un dos si­tios máis bo­ni­tos. Ás ve­ces, can­do me pre­gun­tan en Mur­cia a on­de po­den ir en Ga­li­cia, di­go que non sei, é co­mo que que­ro que que­de un es­pa­zo re­ser­va­do. É moi egoís­ta po­la mi­ña par­te, cla­ro, pe­ro hai lu­ga­res que can­do em­pe­zan a ter esa atrac­ción tu­rís­ti­ca em­pe­zan a per­der un pou­co. —Que é o que máis lle gus­ta? —O que máis me atrae é a xen­te: a xen­te que co­ñe­cín, que aín­da son os meus ami­gos, que son ex­ce­len­tes per­soas. Os meus ami­gos de

Fe­ne e de Lu­go, que me en­si­na­ron tan­to de Ga­li­cia. E des­pois a lin­gua: a lin­gua pa­ra min é al­go moi es­pe­cial, go­zo len­do, go­zo es­coi­tan­do galego. E a pai­sa­xe e to­do o de­mais, pe­ro so­bre to­do o hos­pi­ta­la­rios que sem­pre fo­ron co­mi­go. Pa­ra min é o máis es­pe­cial. —E a gas­tro­no­mía? —Eu non son moi­to de ma­ris­co nin de car­nes, pe­ro o caldo galego gús­ta­me moi­tí­si­mo. De fei­to, aquí en Car­ta­xe­na hai un res­tau­ran­te galego e can­do po­do vou pa­ra alá e pi­do caldo galego. Lém­bra­me a Ga­li­cia. —Cre que os ga­le­gos va­lo­ra­mos pou­co o que te­mos? —Eu non sei se son ob­xec­ti­va da­bon­do... Fa­lan­do dun xei­to moi xe­ral, creo que ás ve­ces non se va­lo­ra moi­to o que se ten. Si te­ño esa per­cep­ción, por exem­plo, coa na­tu­re­za. On­de eu vi­vo su­fri­mos, en cam­bio, a falta de au­ga e de ver­de. O pri­mei­ro li­bro que leu en Galego foi Das cou­sas de Ramón La­mo­te, de Pa­co Mar­tín, can­do vol­veu da­que­la via­xe de es­tu­dos. Ho­xe dúas bal­das da súa bi­blio­te­ca son de li­te­ra­tu­ra ga­le­ga: «É un­ha das mi­ñas fe­rra­men­tas pa­ra man­ter o con­tac­to». —Cre que nos co­ñe­ce­mos pou­co un­has co­mu­ni­da­des ás ou­tras? —Po­de ser. Nós, na cla­se, ago­ra co te­ma da Cons­ti­tu­ción fa­la­mos un pou­co de to­das as co­mu­ni­da­des, pe­ro é cer­to que igual de­be­ria­mos co­ñe­cer máis o que te­mos arre­dor. Por exem­plo, na mi­ña vi­da pri­va­da to­do o mun­do que te­ño arre­dor vai ao es­tran­xei­ro. A min gús­ta­me moi­to via­xar por Es­pa­ña, pe­ro é un­ha cou­sa per­soal. —Ca­da vez é máis fá­cil via­xar ao es­tran­xei­ro e igual es­que­ce­mos o que te­mos pre­to. —Si, en avión cus­ta me­nos saír fó­ra de Es­pa­ña que via­xar por Es­pa­ña. —Con­se­guiu tras­la­dar­lle á súa fa­mi­lia ese gus­to seu por Ga­li­cia? —Eu te­ño que dar as gra­zas ao meu ma­ri­do por­que ca­da vez que di­go «que­ro su­bir» me acom­pa­ña. Ta­mén te­ño a sor­te de que á mi­ña fa­mi­lia lle gus­ta ca­mi­ñar e de que lle gus­te o Ca­mi­ño de San­tia­go, e pa­ra min é un­ha sor­te, por­que te­ño a es­cu­sa per­fec­ta pa­ra vol­ver a Ga­li­cia ca­da cer­to tem­po. —Gus­tou­lles aos seus alum­nos a ac­ti­vi­da­de so­bre Ga­li­cia que fi­xe­ron es­ta se­ma­na? —Ca­da ano fa­ce­mos al­go pa­re­ci­do na es­co­la po­la Cons­ti­tu­ción, qui­zais es­te ano cun pou­co máis de in­ten­si­da­de por­que se fa­cían co­ren­ta anos, pe­ro tra­ta­mos to­dos os anos so­bre a Cons­ti­tu­ción co­mo al­go que com­par­ti­mos to­dos, e fa­la­mos de­la e ce­le­brá­mo­la. Aín­da non ti­ve­mos moi­to tem­po de co­men­ta­lo moi­to, pe­ro creo que a ac­ti­vi­da­de foi moi ben re­ci­bi­da.

«O que máis me atrae é a xen­te, o hos­pi­ta­la­rios que son. E des­pois a pai­sa­xe»

Ca­ta­li­na Za­mo­ra fa­cen­do o Ca­mi­ño de San­tia­go, du­ran­te un­ha das súas vi­si­tas a Ga­li­cia.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.