A bo­de­ga pro­mo­ve un no­vo ci­clo de Son & Sal

La Voz de Galicia (Santiago) - Especial1 - - Siempre A Bordo -

Ca­tro sol­po­res, ca­tro ceas, ca­tro con­cer­tos nun dos bar­cos que na­ve­gan po­la ría de Arousa. Mú­si­ca e gas­tro­no­mía, co al­ba­ri­ño Pa­co & Lo­la co­mo acom­pa­ñan­te, únen­se pa­ra for­mar par­te da ban­da so­no­ra des­te ve­rán.

Son & Sal non é un ci­clo de con­cer­tos ao uso. O em­pra­za­men­to xo­ga un pa­pel re­le­van­te no desen­vol­ve­men­to do even­to, xa que den­de un prin­ci­pio un dos ob­xec­ti­vos prin­ci­pais é descentralizar o eno­tu­ris­mo e abrir o abano de ac­ti­vi­da­des pa­ra os aman­tes do tu­ris­mo do vi­ño.

Es­ta ter­cei­ra edi­ción te­rá lu­gar os me­ses de xu­llo e agos­to e se­gue a mes­ma li­ña que as an­te­rio­res: apos­tar po­los mú­si­cos ga­le­gos.

A pro­gra­ma­ción in­clúe un to­tal de ca­tro pro­pos­tas mu­si­cais que per­co­rren di­fe­ren­tes es­ti­los. Den­de a mú­si­ca de au­tor ac­tua­li­za­da de So­nia Le­bedyns­ki (13 de xu­llo), ata o pop elec­tró­ni­co de Pre­su­mi­do (27 de xu­llo), pa­san­do po­lo pop ou o jazz de raí­ces afro­ame­ri­ca­nas de Vin­sei­ro & Gi­lino (17 de agos­to) ata che­gar ao folk de Su­sa­na Sei­va­ne (31 de agos­to). Eles se­rán os en­car­ga­dos de pór a mú­si­ca nes­ta via­xe po­la ría de Arousa. Con­cer­tos di­fe­ren­tes e pró­xi­mos en for­ma­tos úni­cos (cun afo­ro li­mi­ta­do de 80 per­soas), nun en­torno má­xi­co co sol­por de fon­do, o mar de Arousa trans­fór­ma­se no es­ce­na­rio per­fec­to pa­ra o ci­clo de con­cer­tos Son & Sal.

A saí­da se­rá den­de o por­to do Gro­ve. Un­ha breve sin­gra­du­ra po­la ría per­mi­ti­rá go­zar do es­pec­tácu­lo na­tu­ral do sol­por ao tem­po que na cu­ber­ta do bar­co se de­gus­tan os vi­ños da bo­de­ga. Che­ga o mo­men­to de fon­dear e tras­la­dar­se ao co­me­dor si­tua­do na plan­ta in­fe­rior. Os pro­du­tos do mar to­man o pro­ta­go­nis­mo nun me­nú re­ga­do cos al­ba­ri­ños de Pa­co & Lo­la. Che­ga­da a so­bre­me­sa, é o mo­men­to de es­coi­tar a mú­si­ca pro­pi­cian­do un­ha ex­pe­rien­cia que com­bi­na o dis­fru­te do vi­ño, da mú­si­ca e do mar.

Su­sa­na Sei­va­ne e Pre­su­mi­do par­ti­ci­pan no ci­clo.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.