Em­ba­la­xe a me­di­da con ele­men­tos de protección e se­gu­ri­da­de

La Voz de Galicia (Santiago) - Especial1 - - News -

Nun­ha em­ba­la­xe de ma­dei­ra fei­ta a me­di­da. Así via­xou «A de­rra­dei­ra lei­ción do mestre» den­de Bos Ai­res a San­tia­go pa­ra es­ta pri­mei­ra vi­si­ta a Ga­li­cia. O ma­te­rial em­pre­ga­do era ig­ní­fu­go e an­ti­pa­ra­si­ta­rio. Ade­mais, segundo des­ta­cou a téc­ni­ca da Ci­da­de da Cul­tu­ra Car­men Me­nén­dez, ta­mén le­va­ba va­rias ca­pas de protección pa­ra ab­sor­ber gol­pes e vi­bra­cións, así co­mo ele­men­tos pa­ra man­ter a es­ta­bi­li­da­de tér­mi­ca e de hu­mi­da­de. Ade­mais, o ma­te­rial máis en con­tac­to coa pe­za era neu­tro. Por ou­tra ban­da, a ni­vel ex­terno, só in­di­ca­cións da po­si­ción, pe­ro nin­gún ele­men­to que re­mi­ti­ra á obra. Co­mo pe­che, uns pre­cin­tos pa­ra cer­ti­fi­car que non foi aber­to du­ran­te to­do o tras­la­do. O ca­dro voou en avión en­tre Bos Ai­res e Ma­drid, men­tres que des­de o ae­ro­por­to de Barajas ata La­va­co­lla des­pra­zou­se por es­tra­da con­tan­do con axen­tes da Policía Au­to­nó­mi­ca co­mo es­col­ta. Agora o ca­dro es­ta­rá a es­ca­sos me­tros dou­tras obras de Cas­te­lao que for­man par­te da mostra « Ga­li­cia uni­ver­sal».

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.