Da Ga­li­cia da diás­po­ra á te­rri­to­rial A via­xe á ori­xe 73 anos des­pois

«A de­rra­dei­ra lei­ción do mestre» saíu por pri­mei­ra vez de Ar­xen­ti­na

La Voz de Galicia (Santiago) - Especial1 - - News - M. G. I.

Ao óleo A de­rra­dei­ra lei­ción do mestre nin­guén lle po­de ne­gar o DNI ga­le­go. Tan­to po­la man que o tra­zou, co­mo po­la es­ce­na que re­pre­sen­ta. Sen em­bar­go, ata es­ta se­ma­na nun­ca pi­sa­ra o país ao que lle pon voz. E xa van alá 73 anos des­de que en 1945 Al­fon­so Da­niel Rodríguez Cas­te­lao o doa­ra ao Cen­tro Ou­ren­sán de Bos Ai­res —que des­pois pa­sou a for­mar par­te do Cen­tro Ga­li­cia— con mo­ti­vo do no­veno aniver­sa­rio do fu­si­la­men­to de Ale­xan­dre Bó­ve­da. Un ac­to no que ta­mén se inau­gu­ra­ba o bus­to en bron­ce do secretario de or­ga­ni­za­ción do Par­ti­do Ga­le­guis­ta, nes­te ca­so obra de Do­min­go Ma­za.

Cas­te­lao pin­tou o ca­dro en Ar­xen­ti­na, on­de se exi­lia­ra de­fi­ni­ti­va­men­te des­pois da Gue­rra Ci­vil. O gol­pe de Es­ta­do co­lleuno en Ma­drid e tra­ba­llou pa­ra o go­berno da Re­pú­bli­ca, ta­re­fa que desem­pe­ña­ría ta­mén en Va­len­cia. Foi nes­ta úl­ti­ma ci­da­de on­de de­bu­xou os seus dous pri­mei­ros ál­bums de gue­rra, Ati­la en Ga­li­cia e Ga­li­cia már­tir. A es­te úl­ti­mo per­ten­ce a es­tam­pa que des­pois re­creou en gran­des di­men­sións, A de­rra­dei­ra lei­ción do mestre. Un de­bu­xo que ta­mén ti­vo eco en se­los, en ex­po­si­cións e en pu­bli­ca­cións en di­fe­ren­tes paí­ses.

Es­ta pri­mei­ra via­xe a Ga­li­cia des­ta pe­za sen­llei­ra co­me­zou a xes­tar­se hai máis dun ano can­do o con­se­llei­ro de Cul­tu­ra, Ro­mán Rodríguez, acu­diu á Feira

O óleo foi doa­do por Cas­te­lao ao Cen­tro Ou­ren­sán de Bos Ai­res

do Li­bro de Bos Ai­res. Eses pri­mei­ros con­tac­tos co Cen­tro Ga­li­cia cris­ta­li­za­ron na fir­ma dun acor­do pa­ra o tras­la­do a Ga­li­cia asi­na­do en fe­brei­ro. «Hai tem­po que ti­ña­mos a as­pi­ra­ción de que o o ca­dro pui­de­ran ve­lo os ga­le­gos da terra, por­que é trans­cen­den­te e opor­tuno que o ve­xan xa que é un­ha to­ma de con­cien­cia e ta­mén un­ha de­mos­tra­ción do apor­te da emi­gra­ción», ase­gu­ra­ba o pre­si­den­te do Cen­tro Ga­li­cia, Jo­sé Ma­ría Vi­la Alén, du­ran­te a fir­ma da­quel acor­do na Ci­da­de da Cul­tu­ra, a ins­ti­tu­ción que agora aco­lle a pe­za ar­tís­ti­ca ata prin­ci­pios de mar­zo.

Des­pois, xa to­cou pre­pa­rar a con­cien­cia es­ta saí­da do ca­dro de Ar­xen­ti­na. Nos pri­mei­ros pa­sos, de­fi­nir a em­ba­la­xe pa­ra es­te tra­xec­to así co­mo va­lo­rar as súas con­di­cións nas que es­ta­ba o óleo. «Es­tá en moi bo es­ta­do de con­ser­va­ción. A obra foi res­tau­ra­da no 2008», des­ta­ca Car­men Me­nén­dez, téc­ni­ca do de­par­ta­men­to de Ex­po­si­cións da Ci­da­de da Cul­tu­ra. Sa­lien­tou, ade­mais, que no Cen­tro Ga­li­cia o ca­dro ató­pa­se nun es­pa­zo en moi boas con­di­cións. Du­ran­te a súa es­tan­za no Mu­seo Gaiás man­te­rán eses es­tán­da­res dun am­bien­te con 50 % de hu­mi­da­de e en­tre 20 e 25 gra­dos cen­tí­gra­dos de tem­pe­ra­tu­ra.

FO­TO ARQUIVO DA EMI­GRA­CIÓN GA­LE­GA

Pre­sen­ta­ción do ca­dro de Cas­te­lao en agos­to de 1945.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.