«Traer o ca­dro re­for­za a con­cien­cia da cul­tu­ra pro­pia»

Di que a ex­po­si­ción « Cas­te­lao ma­xis­tral» su­pón un re­co­ñe­ce­men­to á la­bor dos mes­tres e un­ha ho­me­na­xe ao in­te­lec­tual ga­le­guis­ta e á emi­gra­ción

La Voz de Galicia (Santiago) - Especial1 - - News - MON­TSE GAR­CÍA

Hai máis dun ano, o con­se­llei­ro de Cul­tu­ra, Ro­mán Rodríguez, ini­ciou as xes­tións pa­ra traer a Ga­li­cia A de­rra­dei­ra lei­ción do mestre, que den­de ho­xe pro­ta­go­ni­za a mostra Cas­te­lao ma­xis­tral no Gaiás.

— Por que a pro­cu­ra de traer es­te ca­dro?

—Den­de sem­pre hou­bo o an­he­lo de traer a Ga­li­cia es­te ca­dro po­lo seu sim­bo­lis­mo e a súa his­to­ria, ao ser un­ha das pe­zas icó­ni­cas de Cas­te­lao e da cul­tu­ra ga­le­ga. Po­la Feira do Li­bro de Bos Ai­res ti­ven a sor­te e a po­si­bi­li­da­de de es­tar no Cen­tro Ga­li­cia e, a par­tir de aí, em­pe­za­mos a tra­ba­llar en traer a pe­za. Foi un tra­ba­llo di­fí­cil por­que ha­bía moi­tas va­ria­bles que con­tem­plar, pe­ro que, ao fi­nal, po­si­bi­li­ta que ho­xe es­tea aquí es­te ca­dro. Pen­sa­mos que é im­por­tan­te pa­ra Ga­li­cia por va­rios mo­ti­vos, en­tre eles, que re­fle­xa a mor­te de Ale­xan­dre Bó­ve­da e que xor­de nun mo­men­to his­tó­ri­co moi com­ple­xo, que non se pa­re­ce en na­da o de ho­xe. Era un mo­men­to con­vul­so, no que a intolerancia, o ra­di­ca­lis­mo, o fa­na­tis­mo le­va­ron a es­ce­nas des­te ti­po e que te­mos que ser cons­cien­tes que non se po­den re­pe­tir. Te­mos que ter un­ha so­cie­da­de na que pre­do­mi­nen os valores da con­vi­ven­cia, do res­pec­to e to­le­ran­cia. A me­llor fe­rra­men­ta pa­ra com­ba­ter esa intolerancia e o fa­na­tis­mo é a edu­ca­ción, por iso qui­xe­mos dar­lle a se­gun­da va­ria­ble, que é o víncu­lo co mun­do edu­ca­ti­vo, co­mo un re­co­ñe­ce­men­to á es­co­la dese mo­men­to his­tó­ri­co. Ta­mén qui­xe­mos fa­cer un­ha ho­me­na­xe ao mun­do da emi­gra­ción e a un dos prin­ci­pais re­fe­ren­tes de Ga­li­cia, co­mo é Cas­te­lao, por iso es­te es­for­zo.

— Ti­vo dú­bi­das o Cen­tro Ga­li­cia en dei­xa­lo saír?

—Non. O Cen­tro Ga­li­cia ti­ña te­mor a que nos que­dá­se­mos o ca­dro, pe­ro sem­pre di­xe­mos: «O ca­dro for­ma par­te da cul­tu­ra ga­le­ga, pe­ro es­tá en Ga­li­cia, por­que o Cen­tro Ga­li­cia, igual que cal­que­ra cen­tro da emi­gra­ción de ga­le­gos, é Ga­li­cia».

— Fa­la de sim­bo­lo­xía, se­gue vi­xen­te a men­sa­xe do ca­dro?

— Si, é un­ha men­sa­xe pa­ra apren­der do que fi­xe­mos mal e evitar que se re­pi­ta. A me­llor for­ma de apren­der del é a tra­vés dun sis­te­ma edu­ca­ti­vo que nos for­me en valores e evi­te que o fa­na­tis­mo nos le­ve ou­tra vez a si­tua­cións co­mo as re­flec­ti­das no ca­dro.

«É un­ha men­sa­xe pa­ra apren­der do que fi­xe­mos mal»

— Alu­de á ho­me­na­xe á la­bor dos mes­tres an­tes do gol­pe de Es­ta­do —hai un­ha lis­ta dos que fo­ron fu­si­la­dos—. Es­tá es­que­ci­do ese tra­ba­llo?

—Den­tro dos ob­xec­ti­vos da ex­po­si­ción é ho­me­na­xear a cen­tos de mes­tres que en con­di­cións eco­nó­mi­cas e te­rri­to­riais moi di­fí­ci­les fo­ron ca­pa­ces de tras­la­dar­lle á so­cie­da­de os valores da edu­ca­ción.

— Na pre­sen­ta­ción da ex­po­si­ción, o pre­si­den­te da Fun­da­ción Cas­te­lao alu­día a que ta­mén su­pón re­cu­pe­rar a fi­gu­ra do in­te­lec­tual, que ase­gu­ra­ba es­ti­ve­ra moi­tos anos ocul­ta­da.

—A fi­gu­ra de Cas­te­lao, afor­tu­na­da­men­te, é un­ha das de maior re­co­ñe­ce­men­to so­cial e po­lí­ti­co de Ga­li­cia. É un­ha de­sas per­soas que po­de xe­rar con­sen­so en torno aos seus plan­te­xa­men­tos e Ga­li­cia ten re­co­ñe­ci­do a un­ha fi­gu­ra tan po­lié­dri­ca.

— O ano pa­sa­do o per­ga­mi­ño Vin­del, es­te ano «A de­rra­dei­ra lei­ción do mestre».

—Te­ñen en co­mún que son pe­zas icó­ni­cas e re­fe­ren­ciais da no­sa cul­tu­ra, un­ha da par­te li­te­ra­ria e ou­tra da pic­tó­ri­co-his­tó­ri­ca. Ta­mén re­flic­ten a im­por- tan­cia que ten a no­sa cul­tu­ra a ni­vel in­ter­na­cio­nal. Pe­ro des­pois, hai un­ha di­fe­ren­za subs­tan­cial: o per­ga­mi­ño saíu de Ga­li­cia e vol­veu a Ga­li­cia, pe­ro o ca­dro nun­ca es­ti­vo aquí ata o de agora.

— No 2019 to­ca­rá ou­tra pe­za so­bran­cei­ra?

—Es­ta­mos sem­pre pen­san­do en ac­ti­vi­da­des, pro­xec­tos, que lle dean or­gu­llo aos ga­le­gos por­que é moi im­por­tan­te que nos sin­ta­mos or­gu­llo­sos da no­sa cul­tu­ra. Aín­da coas di­fe­ren­zas que te­mos, de­be­mos ter ei­xos trans­ver­sais que nos aglu­ti­nen e nos dean so­li­dez co­mo po­bo.

«Amo­sa a di­men­sión da no­sa cul­tu­ra, co­mo o per­ga­mi­ño Vin­del»

— Na im­por­tan­cia de traer a pe­za se­me­lla que hai con­sen­so.

—É un ac­to de país, que con­tri­búe a re­for­zar a con­cien­cia de que te­mos un­ha cul­tu­ra pro­pia, nin me­llor nin peor que ou­tras; iden­ti­fí­ca­nos, pe­ro non os con­fron­ta.

FO­TO PA­CO RODRÍGUEZ

O con­se­llei­ro Ro­mán Rodríguez des­ta­ca a vi­xen­cia do ca­dro de Cas­te­lao.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.