Je­sús Gon­zá­lez Vás­quez

Cre que os pre­zos de­ben me­llo­rar e ve po­si­ble ato­par no­vos mer­ca­dos

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de Galicia (OneOff ALL) - - PORTADA - SA­RA CABRERO RE­DAC­CIÓN / LA VOZ

«O re­le­vo xe­ra­cio­nal se­gue a ser un dos gran­des re­tos do cam­po ga­le­go»

A ca­li­da­de, o con­trol e a di­fe­ren­cia­ción da car­ne son os gran­des ca­ba­los de ba­ta­lla que den­de hai anos es­tan­se a per­se­guir den­de a In­di­ca­ción Xeo­grá­fi­ca Pro­te­xi­da (IXP) Ter­ne­ra Ga­le­ga. Pe­ro aca­dar a ex­ce­len­cia non é ta­re­fa sin­xe­la. O pre­si­den­te da de­no­mi­na­ción de ori­xe, Je­sús Gon­zá­lez, re­pa­sa al­gúns dos re­tos aos que se en­fron­ta o sec­tor, co­mo me­llo­rar os pre­zos en ori­xe ou as can­les de co­mer­cia­li­za­ción.

—¿Co­mo es­pe­ran pe­char o ano 2018 e que pers­pec­ti­vas hai a me­dio pra­zo?

—A ten­den­cia é si­mi­lar á dos úl­ti­mos exer­ci­cios, con cre­ce­men­tos mo­de­ra­dos ao re­dor do 1 e o 2 %. Na ac­tua­li­da­de es­tán ins­cri­tas no con­se­llo re­gu­la­dor 8.300 ex­plo­ta­cións, on­de se iden­ti­fi­can en nú­me­ros re­don­dos 134.000 ten­rei­ros ao ano. Nas in­dus­trias cer­ti­fí­can­se 95.000 ca­nais, que su­man ca­se 21.000 to­ne­la­das de car­ne, cun va­lor en pri­mei­ra ven­da de 120 mi­llóns, co­mer­cia­li­za­das ao abei­ro da IXP en máis de 1.350 es­ta­ble­ce­men­tos. Es­pe­ra­mos que se man­te­ña a ten­den­cia ac­tual dun cre­ce­men­to anual mo­de­ra­do, no que vaian acom­pa­sa­das a ofer­ta e a de­man­da.

—Os gan­dei­ros da IXP, en xe­ral, quéi­xan­se de bai­xos pre­zos en ori­xe. Ta­mén in­sis­ten en que son cla­ves as sub­ven­cións pa­ra ga­ran­tir a via­bi­li­da­de das ex- plo­ta­cións. ¿Co­mo va­lo­ra es­tas opi­nións?

—No mar­co eco­nó­mi­co ac­tual pen­so que a car­ne am­pa­ra­da po­la IXP Ter­ne­ra Ga­lle­ga aca­da uns pre­zos ra­zoa­bles, por en­ci­ma da me­dia es­pa­ño­la, pe­ro in­su­fi­cien­tes ten­do en con­ta a súa ca­li­da­de. Os pre­zos de­ben me­llo­rar, xa que can­do se con­ta cun pro­du­to ex­ce­len­te é po­si­ble abrir no­vos mer­ca­dos, es­per­tar o in­tere­se da dis­tri­bu­ción e ga­ñar a con­fian­za dos con­su­mi­do­res, cues­tións fun­da­men­tais pa­ra re­va­lo­ri­zar a car­ne cer­ti­fi­ca­da. En can­to ás sub­ven­cións, nin­guén ten dú­bi­das da súa im­por­tan­cia. Pe­ro ta­mén hai que re­co­ñe­cer que a maio­ría de­las es­tán en­fo­ca­das no mar­co da PAC pa­ra ga­ran­tir a via­bi­li­da­de das ex­plo­ta­cións. Ac­túan co­mo axu­das á ren­da dos pro­du­to­res e com­ple­men­tan os seus in­gre­sos, com­pen­san­do os pre­zos. Os gan­dei­ros de­ben apro­vei­tar to­das as li­ñas de axu­das, pe­ro sen re­nun­ciar á me­llo­ría dos pre­zos en ori­xe.

—¿Cree que de­be avan­zar­se máis en can­to á ba­se te­rri­to­rial das ex­plo­ta­cións pa­ra re­du­cir os cus­tos de ali­men­ta­ción dos ani­mais?

—Si, xa que o au­men­to da ba­se te­rri­to­rial e o re­di­men­sio­na­men­to das ex­plo­ta­cións son as­pec­tos bá­si­cos a su­pe­rar en Ga­li­cia pa­ra me­llo­rar a ren­di­bi­li­da­de das gan­da­rías. Pe­ro a ni­vel pro­du­ti­vo ta­mén é pri­mor­dial se­guir avan­zan­do na pro­fe­sio­na­li­za­ción do sec­tor, na pla­ni­fi­ca­ción dos par­tos pa­ra re­gu­lar a pro­du­ción ao lon­go do ano e no aso­cia­cio­nis­mo.

—¿Co­mo po­de afec­tar a fal­ta de re­le­vo xe­ra­cio­nal no cam­po á con­ti­nui­da­de das ex­plo­ta­cións?

—Os prin­ci­pais re­tos a su­pe­rar no cam­po ga­le­go son o re­le­vo xe­ra­cio­nal ao fron­te das gan­da­rías e a re­du­ción do des­po­boa­men­to no ru­ral, cues­tións nas que é fun­da­men­tal a im­pli­ca­ción de to­da a po­boa­ción e o apoio das Ad­mi­nis­tra­cións pú­bli­cas, xa que a con­ti­nui­da­de de moi­tas ex­plo­ta­cións es­tá en xo­go e non po­de­mos per­der máis efec­ti­vos. Nes­tas cues­tións a Ad­mi­nis­tra­ción es­tá fa­cen­do máis fin­ca­pé nos úl­ti­mos anos, aín­da que o seu pa­pel non se de­be re­du­cir só á pos­ta en mar­cha e xes­tión de li­ñas de axu­da, se­nón que é pri­mor­dial un­ha aná­li­se máis pro­fun­da so­bre a po­ten­cia­li­da­de de ca­da sec­tor. No va­cún de car­ne é ne­ce­sa­rio deseñar un plan es­tra­té­xi­co en co­la­bo­ra­ción coas di­fe­ren­tes en­ti­da­des por­que Ga­li­cia reúne as con­di­cións pa­ra li­de­rar a pro­du­ción de car­ne de ca­li­da­de en Es­pa­ña.

—¿Cal é a po­si­ción da IXP Ter­ne­ra Ga­lle­ga no mer­ca­do e en que fa­se se ato­pa o seu pro­xec­to de in­ter­na­cio­na­li­za­ción?

—Ter­ne­ra Ga­lle­ga sig­ni­fi­ca pre­to do 56 % do to­tal da car­ne con IXP que se co­mer­cia­li­za en Es­pa­ña. Pe­ro hai que se­guir ga­ñan­do co­ta de mer­ca­do e xe­rar de­man­da, apos­tan­do po­los con­ve­nios de co­la­bo­ra­ción coa dis­tri­bu­ción, o fo­men­to do con­su­mo de to­das as pe­zas e as cam­pa­ñas de pro­mo­ción aos con­su­mi­do­res. En can­to á ex­por­ta­ción, Ter­ne­ra Ga­lle­ga hai va­rios anos que se co­mer­cia­li­za en Por­tu­gal e An­do­rra. Hai tres anos pu­xe­mos en mar­cha un plan de in­ter­na­cio­na­li­za­ción orien­ta­do ao cen­tro de Eu­ro­pa, que es­tá na súa fa­se ini­cial pe­ro em­pe­za a dar froi­tos en Ale­ma­ña. A ex­por­ta­ción aín­da sig­ni­fi­ca pou­co máis do 3 %.

—A me­dia­dos do ano pa­sa­do creou­se a IXP Va­ca Ga­le­ga/Boi Ga­le­go. ¿Cal é a súa si­tua­ción ac­tual­men­te?

—A no­va IXP Va­ca Ga­le­ga/Boi Ga­le­go créa­se pa­ra am­pa­rar e po­ñer en va­lor a car­ne de ca­li­da­de de va­ca e de boi que se pro­du­ce en Ga­li­cia, e ac­tual­men­te es­tá en tra­mi­ta­ción an­te a Co­mi­sión Eu­ro­pea. A pos­ta en mar­cha da IXP co­me­za coa ins­cri­ción no con­se­llo re­gu­la­dor das ex­plo­ta­cións e in­dus­trias in­tere­sa­das nes­ta no­va ini­cia­ti­va a prol do va­cún de car­ne. Na ac­tua­li­da­de es­tán ins­cri­tas 625 ex­plo­ta­cións e on­ce in­dus­trias, iden­ti­fi­cá­ron­se 12.815 ani­mais (12.560 va­cas e 255 bois) e, un­ha vez fei­to o seu en­gor­de, cer­ti­fi­cá­ron­se 252 ca­nais (249 co­mo Va­ca Ga­le­ga e 3 co­mo Boi Ga­le­go).

LAVANDEIRA JR.

Gon­zá­lez di que é pri­mor­dial avan­zar na pro­fe­sio­na­li­za­ción do sec­tor ga­le­go.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.