Ga­li­cia fes­te­xa a lin­gua nas rúas

Pon­te­ve­dra, a pa­tria eli­xi­da po­la au­to­ra, ce­le­brou dis­tin­tos ac­tos á súa ima­xe e se­me­llan­za, fer­mo­sos e re­bel­des

La Voz de Galicia (Santiago) - - Portada - MARÍA HER­MI­DA

Un ano cal­que­ra, un día cal­que­ra da vi­da de María Victoria Moreno, ía ela ca­mi­ño do Hos­tal dos Reis Ca­tó­li­cos. Ca­se na porta, re­pa­rou nun­ha per­soa que pe­día es­mo­la. Fa­lou con ela, es­coi­tou­na e fí­xoa en­trar no hos­tal cos seus fa­rra­pos e a súa ne­ce­si­da­de. Sen­to­una na ca­fe­te­ría e di­xo: «Es­te ho­me é con­vi­da­do meu». A anéc­do­ta, que lem­bra un­ha das ami­gas de María Victoria Moreno no li­bro O es­ca­lón de Ulises, re­tra­ta á mu­ller xe­ne­ro­sa á que on­te se lem­brou en to­da Ga­li­cia, pe­ro es­pe­cial­men­te en Pon­te­ve­dra, a pa­tria que ela to­mou por amor. Pa­ra ho­me­na­xear a al­guén así, a un ser tan bon­da­do­so co­mo im­pre­vi­si­ble e, por que non di­ci­lo, a un­ha mu­ller bra­va, non va­lían as pa­la­bras sen máis. Ha­bía que ir, co­mo ía ela, máis aló das ver­bas. To­ca­ba sen­tir. E sen­tiu­se. Lem­brou­se a María Victoria a gol­pe de emo­cións. E a máis grande saíu da voz dun­ha me­ni­ña cha­ma­da, co­mo non, Victoria. É a ne­ta que non co­ñe­ceu, pe­ro ta­mén a her­dei­ra da súa voz. Re­ci­tou co­ma nin­guén Can­ti­ga, un poe­ma da súa avoa e, co­mo ben di­xo Xe­sús Alonso Mon­te­ro, fi­xo que en Pon­te­ve­dra na­ce­se on­te un­ha «rap­so­da».

A ma­ñá de ho­me­na­xes em­pe- zou no si­tio on­de tan­tas cou­sas co­me­za­ban pa­ra María Victoria: o ins­ti­tu­to To­rren­te Ballester, o úl­ti­mo cen­tro no que exer­ceu co­mo mes­tra e en cu­xas au­las, co­mo lem­brou on­te o pre­si­den­te da Xun­ta, «María Victoria di­xo que o seu co­ra­zón flo­re­ce­ra». Soou a mú­si­ca e soa­ron os seus ver­sos ne­se lu­gar on­de hai tan­to, tan­to de­la que on­te era moi doa­do ima­xi­na­la, «ale­gre e ele­gan­te», co­mo di­cía que ha­bía que ir, ca­mi­ñan­do po­los an­deis ca­ra ao en­gaio­lan­te fes­ti­val de afec­tos que eran as súas cla­ses. Foi un ac­to sen­ti­do no que os ami­gos e a fa­mi­lia non dei­xa­ron de de­bu­llar as anéc­do­tas de María Victoria.

«Pa­sar o fe­rro ou es­cri­bir»

A ma­ñá con­ti­nuou no Teatro Prin­ci­pal de Pon­te­ve­dra, on­de a Real Aca­de­mia Ga­le­ga (RAG) ce­le­brou a se­sión pú­bli­ca ex­tra­or­di­na­ria das Le­tras Ga­le­gas. Ta­mén foi un ac­to á ima­xe e se­me­llan­za da súa pro­ta­go­nis­ta; un­ha lem­bran­za re­bel­de, fer­mo­sa e com­pro­me­ti­da. A aca­dé­mi­ca Ma­ri­lar Alei­xan­dre to­mou a pa­la­bra. Lem­brou o mé­ri­to, ca­se mi­la­gre, de que María Victoria con­se­gui­se sa­car tem­po pa­ra es­cri­bir e dei­xar pe­ga­da na cul­tu­ra ga­le­ga ma­lia a súa con­di­ción de mu­ller. Lem­brou que non con­ta­ba cun des­pa­cho propio na ca­sa pa­ra es­cri­bir, que ese era pa­ra o seu ho­me, e que ela ima­xi­na­ba o mun­do coa súa plu­ma na co­ci­ña ou on­de po­día a al­tas ho­ras da ma­dru­ga­da. Re­cor­dou que a pro­pia au­to­ra di­xo que ti­ña que eli­xir en­tre «es­cri­bir ou pa­sar o fe­rro» e des­cri­biu­na co­mo coida­do­ra de tres xe­ra­cións, lem­bran­do que axu­da­ba ao seu pri­mei­ro ho­me —in­vi­den­te—, cria­ba aos fi­llos e coida­ba ta­mén á nai.

Fa­lou des­pois Fi­na Ca­sal­de­rrey e o seu dis­cur­so soou a poe­sía. Di­xo que María Victoria era o «ven­to da te­rra que se vol­vía fu­ra­cán pa­ra apai­xo­nar á xen­te no­va» á que en­si­na­ba tan­to li­te­ra­tu­ra e lin­gua co­mo a vi­da en si mes­ma. E ata a de­bu­xou coas súas pa­la­bras co­mo un­ha mei­ga que nos seus pa­seos por Pon­te­ve­dra, ro­dea­da dos seus cans, atraía aos ne­nos co seu fa­lar pa­se­ni­ño, a súa ima­xi­na­ción dou­ra­da e esa xe­ne­ro­si­da­de que lle per­mi­tía com­prar­lles lam­be­ta­das a ca­da pa­so.

Xe­sús Alonso Mon­te­ro, ir­mán de co­ra­zón de María Victoria, re­tra­tou­na co­mo un­ha mu­ller com­pro­me­ti­da coa lin­gua e a cul­tu­ra ga­le­ga ma­lia che­gar a Ga­li­cia nos tem­pos re­vol­tos do fran­quis­mo. Lem­brou que non lle im­por­tou que a po­li­cía po­lí­ti­ca lle re­ti­ra­ra o pa­sa­por­te por dar cur­sos de ga­le­go. E di­xo que, ma­lia a súa pro­ce­den­cia es­tre­me­ña, lo­grou «es­cri­bir en ga­le­go den­de den­tro do ga­le­go». Pe­chou o ac­to o pre­si­den­te da Aca­de­mia, Víctor F. Frei­xa­nes, que di­xo que po­si­ble­men­te o fei­to de que María Victoria fi­xe­se súa Ga­li­cia foi tan­to mé­ri­to de­la co­mo do propio país e do seu ca­rác­ter aco­lle­dor. Frei­xa­nes fi­xo agro­mar a es­pe­ran­za, que mes­mo se con­ta­xia­ba bu­ta­ca a bu­ta­ca no teatro pon­te­ve­drés. Pa­re­cía que ca­da un dos pre­sen­tes, lem­bran­do a María Victoria, in­terio­ri­za­ra ese cre­do tan bo­ni­to de­la de que «as per­soas es­ta­mos fei­tas pa­ra le­var adian­te os pro­xec­tos máis fer­mo­sos». ¡Grande vitoria, María Victoria!

XOAN A. SO­LER

Na fes­ti­vi­da­de do Día das Le­tras Ga­le­gas, un dos ac­tos máis mul­ti­tu­di­na­rios ti­vo lu­gar nas rúas de San­tia­go.

FOTOS: EMILIO MOL­DES

A mú­si­ca e a pa­la­bra fo­ron pro­ta­go­nis­tas no ac­to que a Aca­de­mia ce­le­brou on­te no Teatro Prin­ci­pal de Pon­te­ve­dra.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.