Mi­llei­ros de per­soas re­cla­man en San­tia­go vi­vir nun­ha Ga­li­cia na que se pro­te­xa o idio­ma ga­le­go

La Voz de Galicia (Santiago) - - Galicia - E. Á.

As gai­tas mar­ca­ron o rit­mo, e os ne­nos o pa­so. Fo­ron os máis pe­que­nos os que en­ca­be­za­ron a mar­cha que po­lo Día das Le­tras Ga­le­gas or­ga­ni­zou a pla­ta­for­ma Que­re­mos Ga­le­go. Aín­da que non se mes­tu­ra­ron, á mar­cha ce­le­bra­da en San­tia­go asis­ti­ron to­dos os lí­de­res da opo­si­ción: Luís Vi­lla­res, de En Ma­rea; Gon­za­lo Ca­ba­lle­ro, do PS­deG; e Ana Pon­tón, do BNG. Agás o so­cia­lis­ta, que foi máis morno nas súas crí­ti­cas, os ou­tros dous po­lí­ti­cos ti­ve­ron cla­ra a dia­na dos seus dar­dos, Fei­joo e a po­lí­ti­ca lin­güís­ti­ca da Xun­ta de Ga­li­cia.

A mar­cha do 17 de maio, que con­gre­gou a va­rios mi­les de ma­ni­fes­tan­tes —ca­se 25.000 se­gun­do os or­ga­ni­za­do­res, men­tres que a Po­li­cía Lo­cal non deu da­tos— re­ma­tou na pra­za da Quin­ta­na coa lectura dun ma­ni­fes­to por par­te de va­rios re­pre­sen­tan­tes da vi­da cul­tu­ral e so­cial. Mar­cos Ma­cei­ra, por­ta­voz de Que­re­mos Ga­le­go, to­mou a pa­la­bra pa­ra lem­brar o so­bre­es­for­zo que fan o pro­fe­so­ra­do, os pais, os tra­ba­lla­do­res e em­pre­sa­rios ou os au­to­res e as edi­to­riais pa­ra desen­vol­ver a súa vi­da e o seu tra­ba­llo en ga­le­go.

Ta­mén la­men­tou que a úni­ca po­lí­ti­ca lin­güís­ti­ca da Xun­ta se­xa «un 155 lin­güís­ti­co en­cu­ber­to». Men­tres nou­tros te­rri­to­rios do Es­ta­do os Go­ber­nos pro­mo­ven e le­xis­lan a fa­vor das súas lin­guas, ex­pli­cou Ma­cei­ra, «aquí é o propio Go­berno quen re­ne­ga dos prin­ci­pios co­múns».

Luís Vi­lla­res cha­mou a un­ha re­be­lión cí­vi­ca pa­ra de­fen­der a lin­gua, cen­trán­doa en dous ei­xes: esi­xir que se poi­da pre­sen­tar a de­cla­ra­ción da ren­da en ga­le­go e que o alum­na­do poi­da es­tu­dar as ma­te­rias de cien­cias nes­ta lin­gua. Ca­ba­lle­ro la­men­tou que os re­tro­ce­sos no uso do ga­le­go poi­dan es­tar de­ri­va­dos de de­ter­mi­na­das ei­vas nas po­lí­ti­cas lin­güís­ti­cas, men­tres que Ana Pon­tón, a por­ta­voz na­cio­nal do BNG, cul­pou da per­da de fa­lan­tes a es­tas po- lí­ti­cas que se fan des­de a Xun­ta.

Foi un­ha xor­na­da reivin­di­ca­ti­va pe­ro so­bre to­do fes­ti­va, na que ne­nos e maio­res ce­le­bra­ron vi­vir en ga­le­go nes­te país.

XOÁN. A. SO­LER

A mar­cha co­me­zou na Ala­me­da com­pos­te­lá e re­ma­tou na pra­za da Quin­ta­na.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.