A cien­cia des­pois de maio do 68

La Voz de Galicia (Santiago) - - Opinión -

en si mes­mas e de cos­tas ás ver­da­dei­ras ne­ce­si­da­des da so­cie­da­de. E da mes­ma ma­nei­ra que os slo­gans fa­la­ban da «Ima­xi­na­ción ao poder» ta­mén o fa­cían de «A cien­cia pa­ra o po­bo» e da «Cien­cia dos man­da­ríns». De to­das ma­nei­ras, os cam­bios qui­zais non fo­ron tan in­me­dia­tos co­mo nou­tras ac­ti­vi­da­des, pois só a par­tir da dé­ca­da dos se­ten­ta co­me­za­ron a xur­dir ma­ni­fes­ta­cións que dei­xa­ban as súas pe­ga­das na so­cie­da­de. Apa­re­ce­ron re­vis­tas e li­bros co novo pen­sa­men­to crí­ti­co e che­ga­ron pro­tes­tas que ti­ve­ron am­pla aco­lli­da nos me­dios, co­mo as pro­mo­vi­das po­los ac­ti­vis­tas an­ti­nu­clea­res, eco­lo­xis­tas, fe­mi­nis­tas e pa­ci­fis­tas e nas que a gue­rra de Viet­nam (1965-75) apa­re­cía co­mo un dos exem­plos má­xi­mos dun­ha cien­cia mi­li­ta­ri­za­da e com­pro­me­ti­da co poder.

Na Es­pa­ña do 68, Rai­mon e a súas can­cións fo­ron un­ha das ico­nas máis re­pre­sen­ta­ti­vas des­te mo­ve­men­to, pe­ro as ac­ti­vi­da­des reivin­di­ca­ti­vas que ti­ñan a cien­cia co­mo ob­xec­to tar­da­ron ta­mén en che­gar. Qui­zais foi Joan Se­nent-Jo­sa o in­te­lec­tual máis com­pro­me­ti­do nes­ta loi­ta cos seus Ca­der­nos de Ana­gra­ma e os seus ar­ti­gos en El Vie­jo To­po e Triun­fo. Un de­les, o que pu­bli­cou nes­ta úl­ti­ma re­vis­ta en 1972 so­bre Bio­ci­dio en Viet­nam, po­de con­si­de­rar­se co­mo un­ha das pri­mei­ras ma­ni­fes­ta­cións pú­bli­cas de­ri­va­das do maio fran­cés no eido da cien­cia. Ta­mén po­de­ría con­si­de­rar­se nes­ta mes­ma li­ña, po­lo que ti­ña de ému­lo das pro­tes­tas es­tu­dan­tís, a que fi­xe­ron en Bar­ce­lo­na, en 1975, os bol­sei­ros da uni­ver­si­da­de con­tra os gas­tos sun­tuo­sos da Ho­me­na­xe Na­cio­nal a Se­ve­ro Ochoa, men­tres os re­cur­sos en in­ves­ti­ga­ción, do 0,3 % do PIB, si­tuá­ba­nos ao ni­vel dos paí­ses máis atra­sa­dos.

Cin­cuen­ta anos des­pois das ba­rri­ca­das nas rúas de Pa­rís, qué fi­ca de to­das aque­las pro­tes­tas re­la­ti­vas á cien­cia? Cer­ta­men­te que os re­cur­sos de­di­ca­dos á in­ves­ti­ga­ción me­dra­ron, os la­bo­ra­to­rios son máis de­mo­crá­ti­cos e ca­da vez hai máis mu­lle­res ne­les. A cien­cia per­deu a súa tra­di­cio­nal au­to­no­mía e ho­xe boa par­te dos pro­gra­mas de gas­to en I+D son con­tro­la­dos por par­la­men­tos de­mo­crá­ti­cos. Po­rén, aín­da hai moi­ta in­ves­ti­ga­ción de orien­ta­ción mi­li­tar, al­gúns te­mas de trans­cen­den­cia so­cial se­guen or­fos de re­cur­sos e, so­bre to­do, hai de­ma­sia­da dis­tan­cia en­tre as ache­gas da cien­cia e o que real­men­te com­pren­de de­las a maio­ría da xen­te.

MARÍA CA­NO­SA

Es­cri­bo is­to na vol­ta do Día das Le­tras Ga­le­gas por­que pen­so que non é ma­la da­ta pa­ra re­fle­xio­nar, pe­ro ta­mén un día tan bo co­ma ou­tro cal­que­ra. A con­cien­cia dun po­bo non se fai po­ñen­do un fes­ti­vo no ca­len­da­rio, cons­trúe­se día a día.

A mi­ña ne­na pe­que­na chá­ma­se Ma­ri­ña. Ese eñe non sa­ben a de anéc­do­tas que me trae. Ma­ri­ña? Que no­me é ese? Ah, Ma­ri­na. Can­do te­ño sor­te hai quen di: «Ma­ri­na en ga­lle­go, no? ¿Y la otra, Ana? Me­nos mal que so­lo una es en ga­lle­go...».

E así ca­da día. Por­que pen­san que eu son un­ha irres­pec­tuo­sa por po­ñer­lle ese no­me á ca­ti­va, non se de­ca­tan que igual son eles os que fan dano fa­cen­do tra­du­cións e sen­do des­pec­ti­vos coas ca­ti­vas. O meu ami­go Alfonso chá­ma­se así, e eu non lle qui­to o L. Por que non fan o mes­mo? Pois por­que hai un­ha lin­gua que aso­ba­lla á ou­tra, po­ñan co­mo se po­ñan os que opi­nen o con­tra­rio.

Hai uns días, na Es­co­la de Náu­ti­ca da Co­ru­ña fi­xe­ron un ac­to con­me­mo­ra­ti­vo. Di­ta es­co­la per­ten­ce á UDC. Na ho­me­na­xe hou­bo in­ter­ven­cións en ga­le­go. Nor­mal, non cren? Pois al­gúns asis­ten­tes aban­do­na­ron o re­cin­to be­rran­do que era un­ha ver­gon­za usar o idio­ma propio ale­gan­do que ha­bía xen­te de fó­ra. Fa­gan o exer­ci­cio de ser ob­xec­ti­vos e de­ci­dir que ac­ti­tu­de é a ver­go­ñen­ta. Por­que eu son in­ca­paz de ve­lo así.

Can­do me­nos, es­pe­ro que eses mes­mos per­so­na­xes ta­mén lle be­rren a Quim To­rra que é un irres­pon­sa­ble por di­ri­xir­se en in­glés ao pre­si­den­te de Es­pa­ña. Por­que, mi­ren que cou­sas, el non é de fó­ra.

Que cou­sas ten a lin­gua, non cren? Non son to­das iguais, abo­fé.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.