Tem­pos de rup­tu­ra: cam­bio ou di­ta­du­ra

La Voz de Galicia (Santiago) - - Opinión -

arras­tran­do o no­me de Ma­drid e a ban­dei­ra es­pa­ño­la, uni­das á pa­la­bra rou­bo, por to­das as por­ta­das dos xor­nais do mun­do. Ta­mén ex­pli­ca o uso xu­di­cial e o abu­so po­lí­ti­co da pri­sión pre­ven­ti­va pa­ra tra­tar pe­nal­men­te pro­pos­tas po­lí­ti­cas, a ma­ni­pu­la­ción frau­du­len­ta e par­ti­dis­ta dos me­dios pú­bli­cos e os re­cor­tes da li­ber­da­de de ex­pre­sión que le­van á ca­dea a can­tan­tes que fan can­cións, usan­do un ar­bi­tra­rio de­li­to de odio ou de apo­lo­xía do te­rro­ris­mo. A po­lí­ti­ca de­mo­crá­ti­ca co­mo a en­ten­de­mos e prac­ti­ca­mos é ou­tra cou­sa.

Un­ha Cons­ti­tu­ción irre­for­ma­ble é un­ha Cons­ti­tu­ción in­ser­vi­ble. To­da Cons­ti­tu­ción é a ex­pre­sión his­tó­ri­ca dun­ha co­rre­la­ción de for­zas, e por iso to­das fo­ron re­for­ma­das ou emen­da­das ao lon­go do tem­po. A ac­tual vén sen­do a ex­pre­sión da co­rre­la­ción de for­zas de 1978. As con­di­cións de amea­za mi­li­tar dos gol­pis­tas no poder e de ne­go­cia­ción sim­ple en­tre di­ta­du­ra e de­mo­cra­cia non son as de ho­xe, a so­cie­da­de e os par­ti­dos tam­pou­co. Po­rén, afron­tar a re­for­ma é con­si­de­ra­do po­lo es­ta­blish­ment un re­to im­po­si­ble e un­ha amea­za. A dis­tan­cia en­tre o de­rei­to a de­ci­dir duns e eli­mi­nar na prác­ti­ca as au­to­no­mías dou­tros úsa­se a con­ve­nien­cia men­tres se­gui­mos ca­mi­ñan­do ca­ra á cre­ba a lom­bos da in­sen­sa­tez in­mo­bi­lis­ta do PP e o PSOE. A úni­ca al­ter­na­ti­va ao cam­bio so­cial e po­lí­ti­co se­gue sen­do a di­ta­du­ra. Na­da que non des­cu­bri­ran xa gre­gos e ro­ma­nos. Na his­to­ria cons­ti­tu­cio­nal, mo­nar­quía, fe e na­ción se­guen sen­do o pro­ble­ma den­de 1812, nun Es­ta­do que nun­ca —nun­ca— re­for­mou un­ha Cons­ti­tu­ción; só mu­dou un­ha por ou­tra. Es­go­tá­ron­se to­das, e con elas o ré­xi­me, ou fo­ron de­rro­ga­das. Non hai leis na his­to­ria nin nos com­por­ta­men­tos so­ciais e po­lí­ti­cos co­lec­ti­vos, pe­ro po­den in­tuír­se pau­tas, por­que so­mos se­res his­tó­ri­cos e so­ciais que ten­de­mos a re­pe­tir e non só a in­no­var. A his­to­ria non ten cons­tan­tes, pe­ro al­gun­has per­ma­nen­cias te­ñen gran car­ga ex­pli­ca­ti­va. Ho­xe as al­ter­na­ti­vas á mo­nar­quía, á fe e á na­ción, sen­do cer­to que al­gun­ha non es­tá moi ma­du­ra, son re­ci­bi­das e pre­sen­ta­das co­mo apo­ca­lip­ses en vez de co­mo op­cións pa­ra to­mar de­ci­sións. O in­ferno de Dan­te pou­co ten que ver coa de­mo­cra­cia.

En to­do ca­so o asun­to non é es­pa­ñol, se­nón glo­bal. Es­tes tem­pos de­bá­ten­se en­tre rup­tu­ra ou di­ta­du­ra; a ace­le­ra­ción do cam­bio so­cial e do tec­no­ló­xi­co, e os seus efec­tos in­me­dia­tos, xun­to aos fu­tu­ros que anun­cian a xe­né­ti­ca e a ro­bó­ti­ca, com­por­tan no­vi­da­des e de­ba­tes e re­qui­ren adap­ta­ción. Hai que sa­ber adap­tar­se aos cam­bios e ta­mén dis­cer­nir se be­ne­fi­cian á maio­ría ou á mi­no­ría.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.