Un fes­ti­val con to­do por des­cu­brir

Os tí­te­res en­chen Re­don­de­la un ano máis en­tre o 14 e o 20 de maio

La Voz de Galicia (Vigo) - Especial1 - - Festival De Títeres - M. V. F. VI­GO

O Fes­ti­val de Tí­te­res vol­ve­rá to­mar as rúas de Re­don­de­la en­tre os días 14 e 20 de maio. Nes­ta oca­sión con­gre­ga­rá a 26 com­pa­ñías de se­te pro­ce­den­cias coa in­ten­ción de en­tre­ter un ano máis a es­pec­ta­do­res de to­das as ida­des. «Só o fei­to de sa­ca­lo adian­te un­ha edi­ción máis é pa­ra nós un éxi­to», di o prin­ci­pal res­pon­sa­ble da ci­ta, Luis Cres­po, or­gu­llo­so de ter en­tre mans un­ha no­va en­tre­ga dun pro­xec­to que non só cum­pre anos, se­nón que o fai coa in­ten­ción de me­drar e me­llo­rar.

Co­men­ta que as ac­tua­cións xi­ra­rán en torno a tres ei­xos prin­ci­pais: os cam­pa­men­tos es­co­la­res, o tea­tro en sa­la pa­ra adul­tos e mai­la pro­gra­ma­ción na rúa. Ade­mais, sal­da­rán o que Cres­po con­si­de­ra­ba «un­ha dé­be­da his­tó­ri­ca» do even­to, con­tar cun con­cer­to mu­si­cal que nes­ta edi­ción si que foi in­clui­do na pro­gra­ma­ción da man da Ma­ría Fu­maça. Des­ta­ca ta­mén, por exem­plo, a ex­po­si­ción coa que a com­pa­ñía Tan­xa­ri­na bo­ta a vis­ta atrás pa­ra fa­cer re­pa­so do 35 anos de vi­da que es­tán a ce­le­brar.

A idea de Cres­po é que «o es­pec­ta­dor co­lla un ma­pi­ña e se per­da po­lo po­bo dis­fru­tan­do dos dis­tin­tos es­pec­tácu­los» que con­for­man es­te fes­ti­val in­ter­na­cio­nal. Non se con­for­man con so­bre­vi­vir, se­nón que bus­can au­men­tar a ca­li­da­de e que cal­que­ra per­soa que acu­di­se nu­na edi­ción an­te­rior poi­da re­pe­tir sen que lle soe a co­ñe­ci­do. «Non que­re­mos que vis­to un­ha vez, vis­tas to­das. Ao con­tra­rio, in­ten­ta­mos ti­rar de ca­li­da­de pa­ra que re­sul­te ca­da ano un pou­co máis atrac­ti­vo».

FO­TO ÓS­CAR VÁZ­QUEZ

Ade­mais da pro­gra­ma­ción en sa­la, a idea do fes­ti­val foi sem­pre le­var os tí­te­res á rúa pa­ra o dis­fru­te de to­dos os ve­ci­ños.

FO­TO ÓS­CAR VÁZ­QUEZ

Por pri­mei­ra vez ha­be­rá a maio­res un con­cer­to na rúa.

FO­TO M. MORALEJO

As ac­ti­vi­da­des re­pár­ten­se por seis es­ce­na­rios di­fe­ren­tes.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.