Gru­pos de Ac­cion Lo­cal do sec­tor Pes­quei­ro Seo de Fis­te­rra Ria de Mu­ros-Noia: Cos­ta Sos­ti­ble

La Voz de Galicia (Vigo) - Especial1 - - Publicidad -

A fi­nais da anua­li­da­de 2018, o Galp Cos­ta Sos­ti­ble le­va­rá dous anos e me­dio tra­ba­llan­do na xes­tión do pro­gra­ma de axu­das dos Gru­pos de ac­ción Lo­cal do sec­tor pes­quei­ro 2014-2020, nes­ta no­va an­da­du­ra o Galp in­ten­ta in­ci­dir nun­ha es­tra­te­xia que fo­men­te a sos­te­ni­bi­li­da­de e a Res­pon­sa­bi­li­da­de So­cial Cor­po­ra­ti­va nos pro­xec­tos be­ne­fi­cia­rios das axu­das, e no pro­pio te­rri­to­rio sen­do un­ha mos­tra o ini­cio do Pac­to Lo­cal polo Te­rri­to­rio Cos­tei­ro Sos­ti­ble, que in­ten­ta im­plan­tar un mo­de­lo de tra­ba­llo no que se te­ñan en con­ta es­tas pre­mi­sas por to­dos os axen­tes im­pli­ca­dos no de­sen­vol­ve­men­to des­ta fran­xa cos­tei­ra.

No balance des­te ano 2018 se­rá mo­men­to de ava­liar co­mo se van a desen­vol­ver os úl­ti­mos anos de pro­gra­ma que es­tá pre­vis­to que se pro­rro­gue ata o ano 2022. O Galp te­rá que ava­liar o tra­ba­llo fei­to ata o de ago­ra e pro­po­ñer as mo­di­fi­ca­cións que con­si­de­re opor­tu­nas pa­ra a xes­tión da súa Es­tra­te­xia de De­sen­vol­ve­men­to Lo­cal par­ti­ci­pa­ti­vo.

Co­mo balance do tra­ba­llo fei­to ata o de ago­ra po­de­mos adian­tar os se­guin­tes re­sul­ta­dos: ca­tro convocatorias de pro­xec­tos que su­pu­xe­ron a exe­cu­ción de trin­ta ini­cia­ti­vas su­po­ñen­do un to­tal de 3.329.846,63 que se apli­ca­ron no te­rri­to­rio, co­mo pro­xec­tos a des­ta­car po­de­mos men­cio­nar o Cen­tro de Ela­bo­ra­ción de Pro­du­tos do Mar pro­mo­vi­do por Ma­ris­cos Anton SL e ubi­ca­do en Abe­llei­ra, que su­pón a crea­ción de 33 postos de tra­ba­llo to­dos pro­ce­den­tes do en­torno lo­cal; o es­tu­do da Tra­za­ba­li­da­de Xe­né­ti­ca do Ber­be­re­cho cu­xos re­sul­ta­dos xa se po­den co­ñe­cer; a Crea­ción da Mar­ca Ber­be­re­cho de Noia; o pro­xec­to Ca­ba­nas sen Ba­rrei­ras que su­pón un mo­de­lo de tu­ris­mo in­clu­si­vo no te­rri­to­rio to­tal­men­te trans­fe­ri­ble; o plan Es­tra­té­xi­co do Xeo­des­tino da Ría Mu­ros Noia sen­do es­te un exem­plo da pla­ni­fi­ca­ción tu­rís­ti­ca in­te­gra­da cos axen­tes do te­rri­to­rio que in­ten­ta desen­vol­ver o Galp, ou Mar da Mo­ro­sa Ar­te­sáns do Pei­xe re­cen­te­men­te inau­gu­ra­do en Car­no­ta, un­ha pei­xe­ría tu­rís­ti­ca que pre­ten­de por en va­lor a pesca ar­te­sa­nal do no­so te­rri­to­rio dun xei­to no­vi­do­so e nun­has ins­ta­la­cións adap­ta­das aos es­tán­da­res de ca­li­da­de de­man­da­mos ho­xe en día no sec­tor tu­rís­ti­co.

A pró­xi­ma con­vo­ca­to­ria de axu­das xa es­tá vi­xen­te e re­ma­ta o pra­zo de pre­sen­ta­ción o vin­dei­ro 1 de mar­zo.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.