A aldea máis irre­ve­ren­te de Va­lle

Xa che­gou a tra­xi­co­me­dia da aldea glo­bal. A obra de Va­lle-In­clán mu­da en «reality» na pro­du­ción do CDG. «Ha­bi­tan­tes da ca­sa...»

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - ESCENA . CHÉVERE FAI A SÚA «REVOLUTION» - TEX­TO: MON­TSE GAR­CÍA

So­mos ra­di­cal­men­te irre­ve­ren­tes coa pe­za

De par­ti­da son no­ve ha­bi­tan­tes. En­tre eles, un ma­tri­mo­nio —o for­ma­do por Pedro Gai­lo e Ma­ri­gai­la—, e súa fi­lla Si­mo­ni­ña. Ta­mén os acom­pa­ña a ir­má de Pedro, Ma­ri­ca do Reino. Eles son os pro­ta­go­nis­tas des­de on­te e ata o 29 de xu­ño dun no­vo reality que to­ma­rá o Sa­lón Tea­tro de San­tia­go e ou­tros no­ve es­ce­na­rios: Di­vi­nas pa­la­bras re­vo­lu­tion. Os per­so­na­xes da tra­xi­co­me­dia de aldea de prin­ci­pios do sécu­lo XX de Ra­món Ma­ría del Va­lle-In­clán dan un sal­to de cen anos na no­va pro­du­ción do Cen­tro Dra­má­ti­co Ga­le­go (CDG) e con­vér­ten­se en con­cur­san­tes nun pla­tó te­le­vi­si­vo, on­de que­da­rá re­flec­ti­da a mi­se­ria mo­ral da so­cie­da­de ac­tual.

Mem­bros da com­pa­ñía Ché­ve­re exer­ce­ron de dou­tor Frankenstein pa­ra es­ta trans­for­ma­ción da obra de Va­lle-In­clán, que na­da ten que ver coas máis de trin­ta mon­ta­xes que ata o mo­men­to se fi­xe­ron de Di­vi­nas pa­la­bras.«So­mos ra­di­cal­men­te irre­ve­ren­tes coa obra de Va­lle-In­clán. Un au­tor irre­ve­ren­te co­mo era el, ago­ra tó­ca­lle que al­guén se­xa irre­ve­ren­te coa súa obra. So­mos tan ra­di­cal­men­te irre­ve­ren­tes co­mo foi Va­lle-In­clán coa so­cie­da­de da súa épo­ca e coa obra dos seus con­tem­po­rá­neos», afir­ma Xe­sús Ron, di­rec­tor da mon­ta­xe. Os ga­ña­do­res do Pre­mio Na­cio­nal de Tea­tro no ano 2014 son os en­car­ga­dos des­ta no­va pro­du­ción da com­pa­ñía pú­bli­ca, que ade­mais su­pón sal­dar a dé­be­da his­tó­ri­ca que da­ta­ba do ano 1984, can­do o CDG non pui­de­ra abrir a súa an­dai­na con es­ta pe­za en ga­le­go de­bi­do aos pro­ble­mas cos de­rei­tos de au­tor.

Nes­ta ac­tua­li­za­ción que fi­xo Ché­ve­re, ade­mais de tras­la­dar o escenario dun­ha aldea a un pla­tó de te­le­vi­sión on­de os ha­bi­tan­tes van ser vi­xia­dos 24 ho­ras, hou­bo máis trans­for­ma­cións. Os trin­ta per­so­na­xes ori­xi­nais con­ver­té­ron­se en no­ve. «Crea­mos per­fís no­vos a to­dos os per­so­na­xes. Nin­guén é o que era na obra es­cri­ta por Va­lle-In­clán, pe­ro se­gue man­ten­do o rol da ori­xi­nal e a for­ma de com­por­tar­se», ex­pli­ca Xe­sús Ron. Por exem­plo, Pedro Gai­lo non é san­cris­tán, se­nón que ben pui­de­ra ser un ex­con­ce­llei­ro. «É un pu­si­lá­ni­me que se dei­xa ma­ni­pu­lar, un cheí­ñas que se dei­xa go­ber­nar po­la súa mu­ller e as cir­cuns­tan­cias pe­ro, a me­di­da que pa­sa a obra, vai­se trans­for­man­do nun ti­po que to­ma al­gun­ha de­ci­sión im­por­tan­te», ase­gu­ra o ac­tor Ma­nuel Cor­tés, que ta­mén se en­car­gou da tra­du­ción e de par­te da dra­ma­tur­xia can­da Xe­sús Ron. Ma­ri­gai­la —in­ter­pre­ta­da por Pa­tri­cia de Lo­ren­zo— foi can­tan­te de or­ques­tras e a súa fi­lla Si­mo­ni­ña, é un­ha ga­mer. Xun­to a eles en­tran nes­ta par­ti­cu­lar ca­sa de Gran Her­mano na que se con­ver­te Di­vi­nas pa­la­bras un re­la­cións pú­bli­cas ou un ex­po­licía, en­tre ou­tros. A es­ta trans­for­ma­ción dos per­so­na­xes e no­vo escenario en­gá­de­se­lle un­ha ac­tua­li­za­ción da lin­gua­xe pa­ra traer a obra ao sécu­lo XXI e, des­te xei­to, res­pon­der a esa pre­mi­sa que mar­ca o tra­ba­llo de Ché­ve­re de «usar o escenario co­mo ese lu­gar de en­con­tro e de­ba­te so­bre o que nos afec­ta». O es­pec­ta­dor te­rá que es­tar moi aten­to pa­ra non per­der­se nin o que su­ce­de nas tres es­tan­cias da ca­sa que se­rán vi­si­bles, nin nas pan­ta­llas que per­mi­ti­rán ver o que acon­te­ce des­de di­fe­ren­tes án­gu­los, así co­mo ou­tras tra­mas fó­ra de es­ce­na.

O elen­co ar­tís­ti­co des­te pro­gra­ma de te­le­rrea­li­da­de no que mu­dou Di­vi­nas pa­la­bras com­plé­tano An­tón Cou­chei­ro, Bor­ja Fer­nán­dez, Mó­ni­ca Gar­cía, To­ne Mar­tí­nez, Vic­to­ria Pé­rez, Án­xe­la Ríos e To­mé Viéitez. O es­pec­tácu­lo, que se es­treou on­te en San­tia­go — on­de es­ta­rá ata o 29 de abril no Sa­lón Tea­tro—, ini­cia­rá un­ha xi­ra que se de­te­rá en Car­ba­llo, Ou­ren­se, Ma­drid, O Bar­co, A Co­ru­ña, Rian­xo, Vi­go e Can­gas.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.