Es­pa­zos que bi­can o mar

O es­tu­dio de ar­qui­tec­tu­ra e deseño Ar­ne­la crea nes­ta vi­ven­da vi­vei­ren­se un­ha zo­na con vis­tas á ría nun con­ti­nuo vi­sual e ar­qui­tec­tó­ni­co, cos pia­res de for­mi­gón á vis­ta en­mar­can­do a pai­sa­xe

La Voz de Galicia (A Coruña) - Yes - - A CASA - TEX­TO: NACHO BLAN­CO. FOTOS: EDUAR­DO DE MARTÍS. EMAIL: IG­NA­CIO.BLAN­CO@LAVOZ.ES

Xae­xis­tía un es­ce­na­rio ca­se per­fec­to pa­ra un­ha re­pre­sen­ta­ción exi­to­sa. Así, a pai­sa­xe da ría de Vi­vei­ro co­mo len­zo de fon­do, co­mo pós­ter tras as xa­ne­las, per­mi­tiu ao es­tu­dio de ar­qui­tec­tu­ra e deseño Ar­ne­la sa­car­lle o má­xi­mo ren­de­men­to a es­ta vi­ven­da. Un­ha re­for­ma in­te­gral que se ba­seou na pro­cu­ra de es­pa­zos có­mo­dos e fun­cio­nais, dun am­bien­te de ins­pi­ra­ción nór­di­ca e cuns ma­te­riais no­bres e atrac­ti­vos.

UN EPI­CEN­TRO

En to­dos os fo­ga­res é de vi­tal im­por­tan­cia que ha­xa un­ha re­fe­ren­cia es­pa­cial, un epi­cen­tro ou mar­co referencial. Nes­te apar­ta­men­to fir­ma­do por Ar­ne­la xe­rou­se un­ha zo­na con­ti­nua que abran­gue a co­ci­ña, o co­me­dor e mais o sa­lón. A ría de Vi­vei­ro aca­pa­ra un dos seus mu­ros, men­tres que o ou­tro per­ma­ne­ce aber­to ao res­to da ca­sa, in­de­pen­di­za­do con por­tas co­rre­días ao gus­to dos pro­pie­ta­rios can­do se­xa pre­ci­so. O es­pa­zo cen­tral pa­sa do branco pu­ro da co­ci­ña á ma­dei­ra de carballo en chan e pa­re­des, e o vi­dro co­mo ele­men­to ca­rac­te­rís­ti­co da ga­le­ría. Un am­plo so­fá en gris per­mi­te al­bis­car o mar sen le­van­tar se­que­ra o pes­co­zo. De gran­de trans­cen­den­cia es­té­ti­ca é a con­ser­va­ción dos pia­res ori­xi­nais, que ago­ra que­dan á vis­ta co seu bru­ta­lis­mo, co for­mi­gón co­mo par­te na­tu­ral da ca­sa, só tem­pe­ra­do po­la sen­sa­ción de con­fort que ache­ga a ma­dei­ra. Na zo­na máis ín­ti­ma, o no­bre carballo non só aso­la­ga o chan, se­nón que ga­bea po­las pa­re­des ago­chan­do tras de­las fun­cio­nais ar­ma­rios. No epi­cen­tro da ca­sa, a me­sa do co­me­dor é o lu­gar de xan­ta­res, es­tu­dos ou fa­la­doi­ro do sécu­lo XXI. Por­tas co­rre­días illan os dis­tin­tos cuar­tos, men­tres que os pia­res de for­mi­gón, o mi­cro­ce­men­to gris e a ma­dei­ra con­tri­búen a ou­tor­gar­lle un­ha gran­de ori­xi­na­li­da­de a es­ta vi­ven­da da Ma­ri­ña lu­gue­sa que ten pre­mio: im­pre­sio­nan­tes vis­tas. O re­sul­ta­do do tra­ba­llo do equi­po de Ar­ne­la é tan sin­xe­lo co­mo efec­ti­vo: aca­dar un am­bien­te nór­di­co e moi aco­lle­dor.

2

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.