A cien­cia des­pois de maio do 68

La Voz de Galicia (Vigo) - - Opinión - FRANCISCO DÍAZ-FIERROS VI­QUEI­RA Ca­te­drá­ti­co emé­ri­to da USC e aca­dé­mi­co da RAG

As con­vul­sións que con­mo­ve­ron a Eu­ro­pa du­ran­te os me­ses de maio e xu­ño do ano 1968 fo­ron co­ma un ines­pe­ra­do es­tou­pi­do so­cial que es­per­ta­ron do seu sono de be­nes­tar ás so­cie­da­des oc­ci­den­tais máis desen­vol­tas. Can­do os es­tu­dan­tes vol­ve­ron ás au­las e os obrei­ros ás fá­bri­cas, moi­tos pen­sa­ron que to­do fo­ra co­ma un­ha fu­gaz tre­boa­da e que as au­gas vol­vían de novo ao seu re­go, pe­ro a reali­da­de non foi así, pois o lós­tre­go do 68 foi so­bre to­do a ex­pre­sión mag­ni­fi­ca­da de mo­ve­men­tos so­ciais que vi­ñan de moi lon­xe e que, des­pois de­sas mí­ti­cas da­tas, se­gui­ron a mu­dar os no­vos xei­tos de es­tar e de en­ten­der o mun­do.

A cien­cia co­mo ac­ti­vi­da­de viu­se ta­mén afec­ta­da e nos la­bo­ra­to­rios hou­bo re­vol­tas con­tra o ré­xi­me au­to­crá­ti­co que do­mi­na­ba ne­les e, so­bre to­do, er­gué­ron­se vo­ces con­tra un­has ac­ti­vi­da­des au­tó­no­mas de máis, pe­cha­das en si mes­mas e de cos­tas ás ver­da­dei­ras ne­ce­si­da­des da so­cie­da­de. E da mes­ma ma­nei­ra que os slo­gans fa­la­ban da «Ima­xi­na­ción ao poder» ta­mén o fa­cían de «A cien­cia pa­ra o po­bo» e da «Cien­cia dos man­da­ríns». De to­das ma­nei­ras, os cam­bios qui­zais non fo­ron tan in­me­dia­tos co­mo nou­tras ac­ti­vi­da­des, pois só a par­tir da dé­ca­da dos se­ten­ta co­me­za­ron a xur­dir ma­ni­fes­ta­cións que dei­xa­ban as súas pe­ga­das na so­cie­da­de. Apa­re­ce­ron re­vis­tas e li­bros co novo pen­sa­men­to crí­ti­co e che­ga­ron pro­tes­tas que ti­ve­ron am­pla aco­lli­da nos me­dios, co­mo as pro­mo­vi­das po­los ac­ti­vis­tas an­ti­nu­clea­res, eco­lo­xis­tas, fe­mi­nis­tas e pa­ci­fis­tas e nas que a gue­rra de Viet­nam (1965-75) apa­re­cía co­mo un dos exem­plos má­xi­mos dun­ha cien­cia mi­li­ta­ri­za­da e com­pro­me­ti­da co poder.

Na Es­pa­ña do 68, Rai­mon e a súas can­cións fo­ron un­ha das ico­nas máis re­pre­sen­ta­ti­vas des­te mo­ve­men­to, pe­ro as ac­ti­vi­da­des reivin­di­ca­ti­vas que ti­ñan a cien­cia co­mo ob­xec­to tar­da­ron ta­mén en che­gar. Qui­zais foi Joan Se­nent-Jo­sa o in­te­lec­tual máis com­pro­me­ti­do nes­ta loi­ta cos seus Ca­der­nos de Ana­gra­ma e os seus ar­ti­gos en El Vie­jo To­po e Triun­fo. Un de­les, o que pu­bli­cou nes­ta úl­ti­ma re­vis­ta en 1972 so­bre Bio­ci­dio en

Viet­nam, po­de con­si­de­rar­se co­mo un­ha das pri­mei­ras ma­ni­fes­ta­cións pú­bli­cas de­ri­va­das do maio fran­cés no eido da cien­cia. Ta­mén po­de­ría con­si­de­rar­se nes­ta mes­ma li­ña, po­lo que ti­ña de ému­lo das pro­tes­tas es­tu­dan­tís, a que fi­xe­ron en Bar­ce­lo­na, en 1975, os bol­sei­ros da uni­ver­si­da­de con­tra os gas­tos sun­tuo­sos da Ho­me­na­xe Na­cio­nal a Se­ve­ro Ochoa, men­tres os re­cur­sos en in­ves­ti­ga­ción, do 0,3 % do PIB, si­tuá­ba­nos ao ni­vel dos paí­ses máis atra­sa­dos.

Cin­cuen­ta anos des­pois das ba­rri­ca­das nas rúas de Pa­rís, qué fi­ca de to­das aque­las pro­tes­tas re­la­ti­vas á cien­cia? Cer­ta­men­te que os re­cur­sos de­di­ca­dos á in­ves­ti­ga­ción me­dra­ron, os la­bo­ra­to­rios son máis de­mo­crá­ti­cos e ca­da vez hai máis mu­lle­res ne­les. A cien­cia per­deu a súa tra­di­cio­nal au­to­no­mía e ho­xe boa par­te dos pro­gra­mas de gas­to en I+D son con­tro­la­dos por par­la­men­tos de­mo­crá­ti­cos. Po­rén, aín­da hai moi­ta in­ves­ti­ga­ción de orien­ta­ción mi­li­tar, al­gúns te­mas de trans­cen­den­cia so­cial se­guen or­fos de re­cur­sos e, so­bre to­do, hai de­ma­sia­da dis­tan­cia en­tre as ache­gas da cien­cia e o que real­men­te com­pren­de de­las a maio­ría da xen­te.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.