A in­fan­te­ría ro­ma­na to­ma Lu­cus

La Voz de Galicia (Viveiro) - Especial1 - - La Tropa -

A aso­cia­ción de re­crea­ción his­tó­ri­ca Cohors III Lu­cen­sium qui­zais é a máis co­ñe­ci­da das fes­tas do Ar­de Lu­cus por va­rios mo­ti­vos, des­de a súa tra­xec­to­ria (na­ce no 2007), pa­san­do po­lo seu es­pec­ta­cu­lar cam­pa­men­to na Pra­za Maior, ou po­la pro­mo­ción na­cio­nal e in­ter­na­cio­nal que fi­xe­ron da fes­ta lu­cen­se.

A aso­cia­ción na­ce ten­do co­mo re­fe­ren­cia o Ar­de Lu­cus e den­de un pro­fun­do com­pro­mi­so cul­tu­ral, o seu ob­xec­ti­vo prin­ci­pal é a di­fu­sión da cul­tu­ra ro­ma­na en to­dos os seus ám­bi­tos, apor­tan­do un­ha par­ti­ci­pa­ción moi ac­ti­va tan­to nes­te even­to co­ma nou­tros, que ó lon­go da no­sa xeo­gra­fía e in­clu­so en ou­tros paí­ses, exal­tan a cul­tu­ra ro­ma­na a tra­vés da re­cons­tru­ción his­tó­ri­ca. Es­ta aso­cia­ción to­ma o no­me dun­ha uni­da­de au­xi­liar do exér­ci­to ro­mano, que for­ma­ba par­te da Le­xio VII Ge­mi­na, do ti­po Cohors quin­qua­ge­na­ria pe­di­ta­ta, for­ma­do por in­fan­te­ría pe­sa­da re­cru­ta­da ori­xi­na­ria­men­te en­tre os ha­bi­tan­tes do Con­ven­tus Iu­ri­di­cus Lu­cen­sium do que Lu­cus Au­gus­ti era ca­pi­tal.

Os prin­ci­pais re­tos cos que se ato­pou a aso­cia­ción pa­ra fa­cer una boa re­cons­tru­ción his­tó­ri­ca son, por una par­te, a fa­bri­ca­ción e ré­pli­ca de ma­te­riais, coa má­xi­ma fi­de­li­da­de e ri­gor his­tó­ri­co po­si­ble, ba­seán­do­se en res­tos ar­queo­ló­xi­cos, ico­no­grá­fi­cos, en ci­tas ou des­cri­cións li­te­ra­rias e por ou­tra par­te, na re­pre­sen­ta­ción de es­ce­nas rea­lis­tas tan­to da vi­da mi­li­tar co­mo ci­vil. Nes­ta li­ña, in­ten­ta re­pro­du­cir exac­ta­men­te as fe­rra­men­tas, ofi­cios, ves­ti­men­tas, ar­mas, xoias, ce­ri­mo­nias ou si­tua­cións da vi­da dia­ria có maior de­ta­lle e fi­de­li­da­de, con fins edu­ca­ti­vos, di­vul­ga­ti­vos e ex­pe­ri­men­tais.

A Cohors III Lu­cen­sium con­ta ho­xe en día con un­ha gran can­ti­da­de de ma­te­rial que se po­de­ría agru­par en tres gran­des apar­ta­dos. Por un­ha par­te to­da a ves­ti­men­ta e equi­po per­soal dos aso­cia­dos que com­po­ñen a uni­da­de mi­li­tar, co­ñ­ñé­ce­se co­mo Im­pe­di­men­ta e cons­ti­túe un dos pun­tos máis vis­to­sos po­la súa si­mi­li­tu­de e ca­li­da­de de re­pro­du­ción cos ori­xi­nais que em­pre­ga­ban as le­xións ro­ma­nas. Con­tan co ves­tia­rio que le­va­ban os dis­tin­tos ti­pos de le­xio­na­rios co­mo Has­ta­ti, Ve­li­tes, Tria­ri, Prin­ceps, Lic­tor, ca­ba­le­ría, ar­quei­ros…

En se­gun­do lu­gar o cam­pa­men­to ro­mano, cons­tru­ción de 300 me­tros ca­dra­dos que se po­de per­co­rrer no seu pe­rí­me­tro su­pe­rior e que al­ber­ga o mu­seo, on­de amo­sa en ur­nas re­pro­du­cións que re­pre­sen­tan a evo­lu­ción do apa­ra­to mi­li­tar ro­mano, des­ta­can­do a co­lec­ción de cas­cos e de es­pa­das, ade­mais de ma­te­rial da vi­da ci­vil e co­tiá co­mo pei­tes, xoias, xo­gos de me­sa, án­fo­ras, lu­cer­nas, ma­te­rial de es­cri­tu­ra, ins­tru­men­tal mé­di­co, más­ca­ras, un­güen­ta­rios... Nes­te apar­ta­do me­re­ce aten­ción es­pe­cial a sec­ción de to­po­gra­fía, cun­ha co­lec­ción de ma­qui­na­ria uti­li­za­da po­los to­pó­gra­fos e agri­men­so­res ro­ma­nos con ins­tru­men­tos co­ma a gro­ma, li­be­lla, co­ro­ba­tes, diop­tra...

En ter­cei­ro lu­gar, des­ta­ca a sec­ción de ar­ti­lle­ría, de­no­mi­na­da po­li­or­cé­ti­ca ro­ma­na coa to­rre de ase­dio, o ona­gro, o escorpión, a ba­lli­ta e o arie­te, que cons­ti­túen a ba­se so­bre a que se asen­ta­ba to­da a ma­qui­na­ria de ase­dio no mun­do ro­mano, e as re­pro­du­cións desen­vol­vi­das po­la Cohors III si­túan­se na cus­pi­de a ni­vel mun­dial no que a re­crea­ción his­tó­ri­ca se re­fi­re.

Ade­mais, a aso­cia­ción, na súa la­bor de di­vul­ga­ción his­tó­ri­ca, ó lon­go dos anos foi crean­do un­ha se­rie de exposicións mo­no­grá­fi­cas. Nes­te apar­ta­do ca­be des­ta­car a ex­po­si­ción Pa­nem ro­ma­no­rum na que se da a co­ñe­cer a im­por­tan­cia que ti­ve­ron as pa­na­de­rías na an­ti­ga Ro­ma, mos­tran­do va­rios es­pa­zos ex­po­si­ti­vos per­fec­ta­men­te do­cu­men­ta­dos, que mos­tran in­for­mación de­ta­lla­da de to­dos os ele­men­tos e mos­tran­do to­do o pro­ce­so do pan, den­de a re­co­lli­da do ce­real ata a ven­da das pe­zas, sis­te­mas de pe­sa­do e de me­di­da, obra­doi­ros, ti­pos de muí­ños, for­nos...

Ta­mén des­ta­ca a ex­po­si­ción In vino ve­ri­tas ba­sea­da na re­crea­ción de un­ha ce­lla vi­na­ria e aso­cia­da a un­ha ta­ber­nae. Integran dis­tin­tos ti­pos de pren­sas de vi­ga (tor­cu­la­rium) pa­ra o pren­sa­do das uvas e a ob­ten­ción do mos­to, e do­lias e án­fo­ras de dis­tin­tas me­di­das pa­ra a ma­du­ra­ción, al­ma­ce­na­xe, e trans­por­te do vi­ño. A Cohors III ta­mén con­ta cun­ha im­por­tan­te co­lec­ción de ma­que­tas, moi úti­les pa­ra fi­xar co­ñe­ce­men­tos e que o pú­bli­co en­ten­da me­llor un te­ma, so­bre to­do pensando nos ne­nos po­lo que su­pón un gran atrac­ti­vo nas vi­si­tas dos centros es­co­la­res.

Ou­tra das fa­ce­tas po­la que es­ta aso­cia­ción e moi co­ñe­ci­da é por acu­ñar a moe­da ofi­cial do Ar­de Lu­cus. Den­de a súa fun­da­ción a Cohors pre­sen­ta ca­da ano un­ha pe­za, ré­pli­ca dun­ha moe­da ro­ma­na, que se pon en cir­cu­la­ción du­ran­te a ce­le­bra­ción do Ar­de Lu­cus. Pa­ra es­te ano a eli­xi­da e un Fo­llis de bronce do ano 320 d.C. No an­ver­so da moe­da apa­re­ce Constantino I o Gran­de, em­pe­ra­dor que de­cre­tou o fin da per­se­cu­ción ós cris­tiáns e que no ano 310 d.C. fi­xo en­tre­ga da mu­ra­lla de Lu­go.

Con to­do is­to, un dos prin­ci­pais atrac­ti­vos da aso­cia­ción é o com­pro­mi­so co que afron­tan a re­crea­ción do mun­do dos le­xio­na­rios ro­ma­nos. Ca­da so­cio ten asig­na­do un no­me ro­mano dun per­so­na­xe real da épo­ca, do que co­ñe­cen e re­pre­sen­tan a súa his­to­ria, e así ca­da un no seu pa­pel, es­ce­ni­fi­can tra­ba­llos da vi­da co­tiá, amo­san o fun­cio­na­men­to da ma­qui­na­ria que ex­po­ñen, no seu Or­di­ne Mu­ta­tio re­pre­sen­tan os ades­tra­men­tos de dis­tin­tos mo­ve­men­tos e tác­ti­cas mi­li­ta­res das le­xións, e rea­li­zan es­pec­ta­cu­la­res des­fi­les.

Es­tas re­pre­sen­ta­cións non só se po­den ver du­ran­te o Ar­de Lu­cus, se­nón que a Cohors III Lu­cen­sium, ó lon­go des­tes anos, ta­mén par­ti­ci­pou en moi­tos even­tos en po­bos e ci­da­des de Ga­li­cia (Co­ru­ña, Friol, Vi­vei­ro, As Pon­tes, O Ce­brei­ro... ), en dis­tin­tas ci­da­des de Es­pa­ña (León, San­tan­der, As­tor­ga, Sa­gun­to...) e de Portugal (Cha­ves, Bra­ga...). En abril des­te ano par­ti­ci­pou no fes­ti­val in­ter­na­cio­nal Roman Apu­lum, na ci­da­de de Al­ba Iu­lia en Ro­ma­nia, fes­ti­val re­fe­ren­te na re­crea­ción his­tó­ri­ca no les­te de Eu­ro­pa, no que par­ti­ci­pa­ron aso­cia­cións de Ro­ma­nía, Ita­lia, Ale­ma­ña, Ucraí­na, Re­pú­bli­ca Che­ca e Bul­ga­ria, sen­do a pri­mei­ra vez que par­ti­ci­pa un­ha aso­cia­ción es­pa­ño­la.

Con to­da se­gu­ri­da­de, un ano máis, o tra­ba­llo e com­pro­mi­so dos mem­bros des­ta aso­cia­ción lo­gra­rán que o cam­pa­men­to e as re­crea­cións da Cohors III Lu­cen­sium se­xan un gran atrac­ti­vo pa­ra es­te AR­DE LU­CUS MMXVIII.

Ade­mais da fes­ta lu­cen­se, apos­tan po­lo ri­gor e por dar a co­ñe­cer a his­to­ria

FO­TO ÓS­CAR CE­LA

Os des­fi­les que rea­li­zan os in­te­gran­tes da Cohors II Lu­cen­sium po­las rúas de Lu­go soen ser moi es­pec­ta­cu­la­res e cen­tran a aten­ción de to­dos os asis­ten­tes á fes­ta de­bi­do á ve­ro­si­mi­li­tu­de da súa pos­ta en es­cea e á vis­to­si­da­de. O seu cam­pa­men­to ubí­ca­se dian­te da ca­sa Con­sis­to­rial, na Pra­za Maior, e des­de aí per­co­rren du­ran­te os tres días da fes­ta os di­fe­ren­tes es­ce­na­rios do Ar­de Lu­cus. Ade­mais, es­ta aso­cia­ción xa par­ti­ci­pou en fes­tas de re­crea­ción his­tó­ri­ca de Es­pa­ña e de Eu­ro­pa, sen­do pa­ra moi­tos o co­lec­ti­vo máis re­pre­sen­ta­ti­vo do Ar­de Lu­cus.

FO­TO CAR­LES VILAPLANA

A aso­cia­ción in­ten­ta ser o máis ri­go­ro­sa po­si­ble co ma­te­rial e coa his­to­ria mi­li­tar do Im­pe­rio Ro­mano en Lu­cus Au­gus­ti

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.