«To­car no San Froi­lán é co­mo che­gar á me­ta po­la que le­vo loi­tan­do des­de os 3 anos»

La Voz de Galicia (Viveiro) - Especial1 - - O protagonista lucense - LAU­RA LÖPEZ

Oar­tis­ta Adrián Vi­go (Pa­cios, Baa­mon­de, Be­gon­te, 1988) con­ti­núa ra­chan­do ba­rrei­ras con tra­ba­llo e ta­len­to. Es­te pia­nis­ta, can­tan­te e com­po­si­tor chai­re­go le­va loi­tan­do des­de os 3 anos por se­guir me­dran­do co­mo mú­si­co, a pe­sar dun­ha dis­ca­pa­ci­da­de que pa­de­ce do 80%, e que lle afec­ta, en­tre ou­tras cou­sas, ás mans e á vis­ta.

O luns día 8 ofre­ce­rá un con­cer­to na Pra­za de San­ta Ma­ría ás 21.00 ho­ras, no que in­ter­pre­ta­rá ba­la­das, bo­le­ros, rum­bas, mú­si­ca pop, sal­sa... To­das elas com­po­si­cións pro­pias.

— ¿Que ato­pa­rá o pú­bli­co nes­te con­cer­to?

—Se­rá un es­pec­tácu­lo dis­tin­to, por­que por pri­mei­ra vez vou ac­tuar con to­da a ban­da ao com­ple­to, o que su­pón no­ve mú­si­cos en es­ce­na, ade­mais de con­tar con Viz­caíno co­mo téc­ni­co de son. In­ter­pre­ta­re­mos te­mas pro­pios do se­gun­do dis­co, Re­fle­jos, do pri­mei­ro, Pro­fun­da amis­tad, pe­ro ta­mén al­gun­ha ver­sión.

— ¿Que su­pón pa­ra vos­te­de ac­tuar nes­tas fes­tas?

—Sem­pre ve­ño ao San Froi­lán de pú­bli­co, e es­te ano es­ta­rei no es­ce­na­rio. Pa­ra min, to­car nas fes­tas do San Froi­lán é co­mo che­gar á me­ta po­la que le­vo loi­tan­do des­de os 3 anos. Ade­mais, fai­me un­ha ilu- sión gran­dí­si­ma po­der es­trear a ban­da com­ple­ta.

— ¿Que tal es­tá sen­do a aco­lli­da do seu se­gun­do dis­co?

—A aco­lli­da de Re­fle­jos é moi boa, es­tá gus­tan­do moi­to. Es­tou moi agra­de­ci­do ao pú­bli­co e ao meu ami­go e pro­fe­sor Da­vid Ta­boa­da, que foi quen me lan­zou. Ago­ra xa es­ta­mos tra­ba­llan­do no ter­cei­ro dis­co, pe­ro non po­do adian­tar na­da aín­da, e pro­ba­ble­men­te non sai­rá ata o 2020.

— ¿Ca­les se­rán as súas pró­xi­mas ac­tua­cións?

—Es­ta­mos en ple­na xi­ra, e o ve­rán es­ti­vo car­ga­do de con­cer­tos (Ta­pia de Ca­sa­rie­go, Fe­rrol, Lu­go, A Co­ru­ña...), e es­pe­ro que o San Froi­lán se­xa un lan­za­men­to pa­ra que saian máis ac­tua­cións. Es­tes con­cer­tos fi­xé­mo­los coa ban­da acús­ti­ca, con cin­co mú­si­cos so­bre o es­ce­na­rio.

FO­TO M. VILLAR

Adrián Vi­go, nun ac­to es­te ano no Li­ceo de Ou­ren­se.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.