O po­lé­mi­co tras­la­do das fes­tas ao ve­rán

La Voz de Galicia (Viveiro) - Especial1 - - O libro -

—Por que o Con­ce­llo apor­ta­ba tan pou­cos car­tos?

—Nes­tas épo­cas a eco­no­mía non era boian­te, e cul­tu­ral­men­te al­gúns dos con­ce­llei­ros non es­ta­ban a al­tu­ra dou­tros co­le­gas, e po­lo me­dio me­tían­se os in­tere­ses par­ti­da­rios. En 1900 o Con­ce­llo aín­da non ti­ña moi cla­ro a uti­li­da­de das fes­tas, da­do que no ca­pí­tu­lo de fes­te­xos do or­za­men­to non fi­gu­ra­ba a con­sig­na­ción, ti­ve­ron que re­co­rrer ao ca­pí­tu­lo de im­pre­vis­tos pa­ra dar­lle á Co­mi­sión de Fes­te­xos 1.500 pe­se­tas, un­ha can­ti­da­de que era cua­li­fi­ca­da po­los xor­nais lo­cais co­mo ri­dí­cu­la. É máis, non hou­bo fes­tas en 1897 e prac­ti­ca­men­te na­da nas do ano se­guin­te po­ñen­do co­mo des­cul­pa as gue­rras de ul­tra­mar, a de Cu­ba e Fi­li­pi­nas. Ou­tras ve­ces era a amea­za dun­ha epi­de­mia de có­le­ra.

—Po­lo que di mes­mo pa­re­ce que o Con­ce­llo o te­ma das fes­tas non era prio­ri­ta­rio.

—Co­mo di­xo o bis­po frei Hi­pó­li­to en 1824, Lu­go era un po­bo cur­to, pe­ro ta­mén po­bre, e can­do se dan es­tas dúas cir­cuns­tan­cias, pou­ca po­boa­ción e po­bre­za, ta­mén se ten pou­ca cul­tu­ra e cur­ti­da­de de mi­ras. Aín­da ho­xe arras­tra­mos ese de­fec­to. No te­ma fes­tas o Con­ce­llo fun­cio­na­ba a ban­da­zos, pois si en 1894 aus­pi­ciou un­has boas fes­tas, en 1895 en­car­gá­ba­lle a or­ga­ni­za­ción a un car­pin­tei­ro pa­ra saír do pa­so, un ano des­pois du­ra­ban máis dun mes e en 1897 e 1898 as fes­tas pro­fa­nas non ti­ve­ron im­por­tan­cia, que­da­do re­du­ci­das ás re­li­xio­sas, o que in­di­ca que aín­da non ha­bía un com­pro­mi­so for­mal en­tre o Con­ce­llo e os lu­cen­ses pa­ra fa­ce­las con cer­ta dig­ni­da­de e á al­tu­ra dun­ha ca­pi­tal de pro­vin­cia. En 1899 só se des­ti­na­ron 600 pe­se­tas, de­pen­den­do que hou­be­se ou non fes­tas do in­tere­se que ti­ve­se o que go­ber­na­ba ou da pre­sión e es­tí­mu­lo que po­dían exer­cer al­gún dos xor­nais lo­cais. La Voz, 27-9-1895, fa­la da fes­ta.

—En­tón a pe­sar des­ta irre­gu­la­ri­da­de, ¿ca­les fo­ron as me­llo­res fes­tas pa­tro­nais da dé­ca­da?

—Sen dú­bi­da as de 1894 van ser as me­llo­res, no so da dé­ca­da, se­nón da se­gun­da me­ta­de do sécu­lo XIX, su­peran­do ata ás de 1896 que es­ta­ban in­cluí­das no pro­gra­ma xe­ral de fes­te­xos con mo­ti­vo do II Con­gre­so Eu­ca­rís­ti­co Na­cio­nal, que se desen­vol­veu do 26 ao 30 de agos­to, e a Ex­po­si­ción Re­xio­nal, que es­ti­vo aber­ta do 29 de agos­to ao 8 de ou­tu­bro.

—Que apor­ta­ron es­tas fes­tas fi­ni­se­cu­la­res á so­cie­da­de lu­cen­se?

— Moi­tas cou­sas que sor­pren­dían. Apa­re­cen as pri­mei­ras atrac­cións e ba­rra­cas ou ba­rra­cóns on­de se po­día es­coi­tar un­ha voz gra­va­da nun fo­nó­gra­fo, ver as pri­mei­ras ima­xes en mo­ve­men­to coas pro­xec­cións do ci­ne­ma­tó­gra­fo dos ir­máns Lu­mie­re, fi­xé­ron­se as pri­mei­ras ilu­mi­na­cións con elec­tri­ci­da­de, or­ga­ni­zá­ron­se as pri­mei­ras com­pe­ti­cións de bi­ci­cle­tas ou ve­lo­cí­pe­des, inau­gu­rou­se un fron­tón con afa­ma­dos pe­lo­ta­ris, ex­hi­bí­ron­se fe­ras vi­vas des­co­ñe­ci­das, hou­bo se­sións de fo­gos ar­ti­fi­ciais acuáticos no río Mi­ño, pro­li­fe­ra­ron os Xo­gos Flo­rais, os con­cur­sos de gai­tas e bai­le tra­di­cio­nal, os de or­feóns, etc. O Or­feón Lu­cen­se xur­diu dun­ha es­tu­dian­ti­na or­ga­ni­za­da nun ve­rán pa­ra ani­mar as fes­tas. «Es­ta foi un­ha cues­tión que vai es­tar pre­sen­te des­de o mo­men­to en que se em­pe­zan a con­so­li­dar as fes­tas nos 80. O 22 de se­tem­bro de 1887, El Lu­cen­se de­di­ca­ba un sol­to co tí­tu­lo Nues­tra fies­ta prin­ci­pal: ‘Si echa­mos mano de la es­ta­dís­ti­ca y con­sul­ta­mos un de­ce­nio o dos, nos en­con­tra­re­mos que en la in­men­sa ma­yo­ría, los tem­po­ra­les han ve­ni­do a de­frau­dar las es­pe­ran­zas de los via­je­ros y tra­ji­nan­tes’. Con is­to non que­ría di­cir que se de­bía su­pri­mir a fei­ra de San Froi­lán, xa que ti­ña que sub­sis­tir por res­pec­to ao san­to pa­trón e ás tra­di­cións, pe­ro con­si­de­ra­ba que es­tan­do a ci­da­de pri­vi­le­xia­da coa pre­sen­za do San­tí­si­mo Sa­cra­men­to, de­bía de con­si­de­rar­se co­mo pri­mei­ra fes­ta a de Cor­pus Ch­ris­ti, xa que coin­ci­día coa máis be­la das es­ta­cións, de­ben­do as cor­po­ra­cións e os par­ti­cu­la­res, ‘ha­cer cuan­tos sa­cri­fi­cios fue­sen ima­gi­na­bles, pa­ra atraer a nues­tra ciu­dad con­cu­rren­cia y di­ne­ro, pro­por­cio­nan­do di­ver­sio­nes a los fo­ras­te­ros’».

Por­ta­da do li­bro.

La Voz in­for­ma en 1911 da fes­ta.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.