Vi­vei­ro, en sin­to­nía coa pes­ca de Ce­lei­ro

La Voz de Galicia (Viveiro) - Especial1 - - O Pobo, Coa Súa Flota - Ma­ría Lou­rei­ro Gar­cía

Apes­ca é un dos sec­to­res máis im­por­tan­tes de Vi­vei­ro po­lo por­to de Ce­lei­ro, un re­fe­ren­te eu­ro­peo que xe­ra nu­me­ro­sos em­pre­gos di­rec­tos e in­di­rec­tos. So­bran, po­lo tan­to, mo­ti­vos pa­ra que o Con­ce­llo se im­pli­que e in­ten­te con­tri­buír ao seu des­en­ro­lo, tan­to nas com­pe­ten­cias mu­ni­ci­pais co­mo apoián­doo dian­te dou­tras ins­ti­tu­cións.

Por iso con­ti­nua­mos co­la­bo­ran­do coas Xor­na­das Téc­ni­cas de Di­fu­sión do Sec­tor Pes­quei­ro. Cum­pren 23 edi­cións, con­so­li­da­das co­mo pun­tei­ras a ni­vel na­cio­nal e pun­to de en­con­tro no que ex­per­tos e pro­fe­sio­nais ana­li­zan os te­mas de ac­tua­li­da­de den­de va­rias pers­pec­ti­vas. Den­de o Con­ce­llo reite­ra­mos o agra­de­ce­men­to aos or­ga­ni­za­do­res dun­ha ini­cia­ti­va que po­de con­tri­buír a pa­liar os pro­ble­mas dun sec­tor que é o sus­ten­to de moi­tas fa­mi­lias en Vi­vei­ro.

En no­me de to­dos os vi­vei­ren­ses, o Con­ce­llo que­re des­de aquí trans­mi­tir ás reivin­di­ca­cións da pes­ca de Ce­lei­ro á opi­nion pú­bli­ca e re­cor­dar­llas ás ins­ti­tu­cións con com­pe­ten­cias.

Nes­te com­pás de es­pe­ra do bre­xit, as xen­tes do mar de Ce­lei­ro es­tán moi aten­tas, por­que po­de afec­tar de ma­nei­ra im­por­tan­te aos seus bar­cos da flo­ta do Gran Sol que fae­nan en ca­la­doi­ros in­gle­ses. Con­fían, co­mo o Con­ce­llo, en que as ne­go­cia­cións mi­ni­mi­cen o im­pac­to ne­ga­ti­vo que pui­de­ra ter.

En sin­to­nía coa pes­ca de Ce­lei­ro, o Con­ce­llo ta­mén se fai eco da súa in­que­dan­za po­la in­mi­nen­te obri­ga de des­em­bar­que de to­das as cap­tu­ras. Preo­cu­pa por­que des­con­tan das po­si­bi­li­da­des de pes­ca de ca­da em­bar­ca­ción e, ta­mén, po­lo te­mor a que a flo­ta te­ña que ama­rrar can­do se es­go­ten co­tas na­cio­nais de es­pe­cies ac­ce­so­rias.

O sec­tor pes­quei­ro de Ce­lei­ro ta­mén nos fai che­gar a súa re­cla­ma­ción dun cam­bio do sis­te­ma de xes­tión da xar­da. Co­mo é un­ha es­pe­cie es­ta­cio­nal que aflo­ra no Can­tá­bri­co, en­ten­den que as po­si­bi­li­da­des de cap­tu­ras de­be­rían in­cre­men­tar­se no can­to de re­du­cir cu­pos e, con eles, as op­cións de tra­ba­llo do arras­tre, do cer­co e da bai­xu­ra.

Aos ar­ma­do­res e aos tri­pu­lan­tes ta­mén lles preo­cu­pan os con­trois, tan­to a bor­do co­mo en por­to. Pri­mei­ros in­tere­sa­dos nun­ha pes­ca sos­ti­ble, creen que de­be­rían coor­di­nar­se pa­ra evi­tar, por exem­plo, que nun­ha mes­ma se­ma­na un mes­mo bar­co poi­da ser ins­pec­cio­na­do por ca­tro Ad­mi­nis­tra­cións dis­tin­tas.

A ac­ti­vi­da­de pes­quei­ra ta­mén de­pen­de das ins­ta­la­cións on­de se des­en­ro­la. Ne­se sen­ti­do, á pes­ca de Ce­lei­ro le­va anos so­li­ci­tan­do o dra­ga­do da dár­se­na ce­lei­ren­se e da can­le de en­tra­da ao pei­rao de Vi­vei­ro, anexo ao por­to de­por­ti­vo. Pro­fe­sio­nais e na­ve­gan­tes de re­creo sa­ben que den­de o Con­ce­llo se lle reite­ran á Con­se­lle­ría do Mar as ne­ce­si­da­des dos no­sos por­tos. Por­tos xus­ti­fi­ca o re­tra­so no tem­po po­la im­pli­ca­ción na so­lu­ción de di­ver­sas ad­mi­nis­tra­cións. Ca­be es­pe­rar que se fa­ga reali­da­de a úl­ti­ma in­for­ma­ción fa­ci­li­ta­da po­la con­se­lle­ría, que pre­vé pa­ra o vin­dei­ro ano o dra­ga­do dos dous pei­raos e máis da can­le do río Lan­dro.

Di­rec­ta­men­te li­ga­do á pes­ca es­tá ou­tro te­ma que o sec­tor e o Con­ce­llo con­si­de­ran prio­ri­ta­rio, o sa­nea­men­to in­te­gral da no­sa ría. Tra­ba­lla­mos nel den­de hai moi­to tem­po. En se­tem­bro de 2016 asi­nou­se o con­ve­nio en­tre a Au­gas de Ga­li­cia e o Con­ce­llo pa­ra o sa­nea­men­to de Ce­lei­ro e a me­llo­ra da de­pu­ra­do­ra de Vi­vei­ro, por un im­por­te de tres mi­llóns de eu­ros. Obras to­das de vi­tal im­por­tan­cia pa­ra es­te mu­ni­ci­pio, co­mo a súa de­mo­ra no tem­po preo­cu­pa moi­to, o go­berno mu­ni­ci­pal vén de re­unir­se días atrás con Au­gas de Ga­li­cia en San­tia­go e con Cos­tas en Ma­drid. In­sis­ti­mos na ne­ce­si­da­de de axi­li­zar a tra­mi­ta­ción e po­der exe­cu­tar es­tas obras á maior bre­vi­da­de po­si­ble.

Com­pro­me­ti­dos cos pro­ble­mas es­pe­cí­fi­cos da pes­ca e cos que in­flúen ne­la, no Con­ce­llo crea­mos no ano 2015 un­ha con­ce­lla­ría de­di­ca­da ao mar. Os seus ob­xec­ti­vos son a di­fu­sión, pro­mo­ción, de­fen­sa e co­ñe­ce­men­to de to­dos aque­les asun­tos re­la­cio­na­dos co ám­bi­to ma­rí­ti­mo e pes­quei­ro.

A tra­vés da Con­ce­lle­ría do Mar, o Con­ce­llo pon o seu grao de area na pro­mo­ción do pro­du­to es­tre­la de Ce­lei­ro, a mer­lu­za do pin­cho, un dos máis re­pre­sen­ta­ti­vos de Vi­vei­ro. Su­mán­do­nos ás or­ga­ni­za­cións pes­quei­ras de Ce­lei­ro, le­va­mos a pes­ca­da ce­lei­ren­se a fei­ras de tu­ris­mo e gas­tro­nó­mi­cas, co­mo Ex­pou­ren­se ou Ex­poXan­tar-Se­ma­na Ver­de. Sem­pre coa co­la­bo­ra­ción de Puer­to de Ce­lei­ro e da Aso­cia­ción Cul­tu­ral Pe­nal­ba-Co­lec­ti­vo Chi­lin­drín, o éxi­to das de­gus­ta­cións con­fir­ma can­to se apre­za. En apoio da no­sa pes­ca, o Con­ce­llo coope­ra na Fes­ta da Mer­lu­za do Pin­cho de Ce­lei­ro, de In­te­re­se Tu­rís­ti­co Ga­le­go.

Nou­tro pa­so máis a prol da va­lo­ri­za­ción do pei­xe es­tre­la de Ce­lei­ro, o Con­ce­llo ta­mén xes­tio­nou es­te ano un­has xor­na­das gas­tro­nó­mi­cas da no­sa mer­lu­za en dous ho­teis dun­ha ca­dea, en Ga­li­cia e As­tu­rias, nos que bri­la­ron a ca­rac­te­rís­ti­cas dun ali­men­to fres­co, na­tu­ral e san, e tan re­le­van­te pa­ra Vi­vei­ro co­mo a pes­ca­da do pin­cho de Ce­lei­ro.

Ou­tro exem­plo da apos­ta do Con­ce­llo po­la pes­ca e po­lo mun­do do mar son os ac­tos que den­de 2016 ce­le­bra­mos po­lo Día Mun­dial dos Océa­nos, fa­cen­do fin­ca­pé na súa im­por­tan­cia no as­pec­to me­dioam­bien­tal.

Den­de un­ha óp­ti­ca di­fe­ren­te, pe­ro co mar co­mo re­fe­ren­cia, o Con­ce­llo ta­mén im­pul­sa as Xor­na­das de Ar­queo­lo­xía e His­to­ria Ma­rí­ti­ma Ci­da­de de Vi­vei­ro, das que aca­ba­mos de ce­le­brar a se­gun­da edi­ción.

Com­bi­nan­do pa­sa­do e pre­sen­te, tra­di­ción, cul­tu­ra e gas­tro­no­mía, nes­te ano o Con­ce­llo ce­le­brou Vi­ve­mar, un­ha ini­cia­ti­va in­no­va­do­ra que en se­tem­bro ofre­ceu di­ver­sas ac­ti­vi­da­des pa­ra to­dos os pú­bli­cos. En­tre elas, va­rias ex­po­si­cións de ar­tes de pes­ca e apa­re­llos, fo­to­gra­fías an­ti­gas e ac­tuais da ría e dos por­tos e ou­tra de ma­que­tas; así co­mo as char­las re­la­cio­na­das co mun­do ma­ri­ño.

Ma­ría Lou­rei­ro Gar­cía é a al­cal­de­sa de Vi­vei­ro.

«Bre­xit» e obri­ga de des­em­bar­que son al­gun­has das in­que­dan­zas

Os dra­ga­dos e o sa­nea­men­to da ría preo­cu­pan e son prio­ri­ta­rios

A Con­ce­lle­ría do Mar tra­ba­lla po­lo ám­bi­to ma­rí­ti­mo e pes­quei­ro

A mer­lu­za do pin­cho de Ce­lei­ro ta­mén é sím­bo­lo en Vi­vei­ro

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.