Máis de 60 xo­ga­do­res lu­cen­ses no Campionato Ga­le­go de Bi­llar Pool

La Voz de Galicia (Viveiro) - Especial3 - - News -

Des­de on­te es­tá en mar­cha o even­to máis agar­da­do do ano pa­ra os xo­ga­do­res de bi­llar, o Campionato Ga­le­go de Bi­llar Pool, que se dispu­tará du­ran­te trens fins de se­ma­na con­se- cu­ti­vos no Ho­tel Sca­la de Pa­drón, que te­rá as por­tas aber­tas pa­ra que os afec­cio­na­dos poi­dan se­guir os tor­neos de for­ma gra­tuí­ta. Se­rán xor­na­das ma­ra­to­nia­nas de pool con fa­ses pre­vias e fa­ses fi­nais de com­pe­ti­cións in­di­vi­duais, pa­re­llas e por equi­pos da pri­mei­ra á cuar­ta ca­te­go­ría, en ca­te­go­ría ab­so­lu­ta, pe­ro ta­mén jú­nior, xu­ve­nil e fe­mi­ni­na.

Co­mo no­vi­da­de es­te año, a to­das as mo­da­li­da­des ha­bi­tuais do Campionato Ga­le­go de Bi­llar Pool, sú­ma­se o Campionato Ga­le­go de Bo­la 9, un­ha va­rian­te á que se xo­ga con no­ve bo­las de co­lor nu­me­ra­das do 1 ao 9 e un­ha bo­la bran­ca. Con­sis­te en gol­pear coa bo­la blan­ca á bo­la de cor con nú­me­ro máis bai­xo, en­tre as que ha­xa so­bre a me­sa. A com­pe­ti­ción, nes­ta mo­da­li­da­de, re­sol­ve­ra­se es­ta fin de se­ma­na. En xo­go es­ta­rán un to­tal de 1.300 eu­ros pa­ra re­par­tir en­tre os oi­to pri­mei­ros xo­ga­do­res -400 pa­ra o ga­ña­dor-.

O Campionato re­tra­ta­rá o ni­vel do bi­llar pool na Provincia, a se­gun­da con maior nú­me­ro de xo­ga­do­res e de equi­pos com­pe­tin­do re­gu­lar­men­te ao lon­go da tem­po­ra­da - uns 150 bi­lla­ris­tas e uns 60 equi­pos- des­pois da de Pon­te­ve­dra. A de­la­ga­ción lu­cen­se no Campionato nes­ta pri­mei­ra fin de se­ma­na é de máis de 60 xo­ga­do­res e xo­ga­do­ras.

Axen­da da fin de se­ma­na

On­te ás 18:00 ho­ras, co­me­zou a com­pe­ti­ción in­di­vi­dual sé­nior de 3ª ca­te­go­ría, cun cua­dran­te de 64 xo­ga­do­res, en­tre eles os lu­cen­ses Jo­sé R. Ál­va­rez, Samuel Ya­nes, Car­los M. Fe­rran­diz, Ama­lia Buí­de, Jo­sé Ca­zón, Manuel Pé­rez, Jaime Fon­tal e Jus­to Pé­rez.

Un­ha ho­ra des­pois co­me­zou a com­pe­ti­ción in­di­vi­dual en bo­la 9 coa par­ti­ci­pa­ción de trin­ta e dous xo­ga­do­res – de 1ª e 2ª ca­te­go­ría- que se dispu­ta en me­sas de no­ve pés a KO di­rec­to, na pri­mei­ra ron­da a se­te par­ti­das ga­ña­das, e a oi­to des­de os oi­ta­vos de fi­nal, que arran­can es­ta ma­ña as 10:00 ho­ras.

Á esa mes­ma ho­ra co­me­za ta­mén a com­pe­ti­ción pa­ra os equi­pos de 4ª ca­te­go­ría, na que es­ta­rán pre­sen­tes 10 equi- pos lu­cen­ses: Open Pool A. S., Open Pool Poo­le­ros, Open Pool­mo­nia, Open Pool Tutxy Sport, Open Pool 2DCG, Open Pool Scus­cus, Open Pool WNM, Tiem­pos Bo­li­ta&Bo­li­ta, Tiem­pos O Bra­sei­ro e Tiem­pos S. XXI.

Es­ta tar­de, a par­tir das 19:00 ho­ras, e ma­ñá, des­de as 10:00 ho­ras, xo­ga­ran­se as fa­ses pre­vias A –cua­dran­te de 32 xo­ga­do­res- e B -cua­dran­te de 64 xo­ga­do­res- en in­di­vi­dual de cuar­ta ca­te­go­ría. Se­rá a quen­da pa­ra os lu­cen­ses Laura Mén­dez, Car­los Mén­dez, Aa­rón Yá­ñez, Da­niel No­guei­ro, Ja­vier Bal­bas, Mi­guel Án­gel No­guei­ro, Mar­co Gar­cía, Da­niel Ro­drí­guez, Ra­món Qui­ro­ga, Víc­tor López, Mi­guel Án­gel Re­guei­ro e Na­cho Fer­nán­dez.

A com­pe­ti­ción se­gui­rá as dúas vin­dei­ras fins de se­ma­na. Da­cor­do cos re­sul­ta­dos lo­gra­dos en pa­sa­das edi­cións, o Campionato po­de­ría re­ma­tar con xo­ga­do­res e equi­pos lu­cen­ses nos po­dios. A par­ti­ci­pa­ción no campionato ga­le­go é o prin­ci­pal ali­cien­te pa­ra os bi­lla­ris­tas que se pre­pa­ran ha­bi­tual­men­te en par­ti­das ou tor­neos or­ga­ni­za­dos po­los pro­pios clubs e en li­gas lo­cais.

Nos úl­ti­mos anos, o bi­llar lu­cen­se al­can­zou un­ha pro­xec­ción no­ta­ble gra­zas a xo­ga­do­res co­ma Ós­car Ca­pón, Fran­cis­co Do­val, Ós­car Bal­boa ou Iván Nú­ñez.To­dos eles lo­gra­ron o tí­tu­lo de cam­pións ga­le­gos e acu­mu­la­ron ta­mén ex­pe­rien­cias en tor­neos fó­ra de Ga­li­cia.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.