Le­tras Ga­le­gas

La Voz de Galicia (Viveiro) - Viveiro local - - A MARIÑA - SU­SO FERNÁNDEZ (CRO­NIS­TA OFI­CIAL DE FOZ)

O17 de maio de 1863, Ro­sa­lía de Cas­tro re­ma­ta­ba o seu li­bro Can­ta­res Ga­lle­gos, o pri­mei­ro mo­nu­men­to das le­tras ga­le­gas, pos­te­rior á épo­ca dos can­cio­nei­ros me­die­vais. Con él a lin­gua ga­le­ga,que aca­ba­ba de re­cu­pe­rar a súa ve­lla con­di­ción de lin­gua es­cri­ta, aca­da­ba ta­mén o al­to ran­go de lin­gua li­te­ra­ria. A poe­sía de Ro­sa­lía trans­cen­día o ca­rác­ter tes­ti­mo­nial que ata en­tón ti­ve­ran as obras dos seus con­tem­po­rá­neos e ins­cri­bía­se ple­na­men­te no li­bro maior da li­te­ra­tu­ra, con­sa­gran­do des­te xei­to o re­na­ce­men­to cul­tu­ral do sécu­lo XIX.

Cen anos des­pois (en 1963),a Real Aca­de­mia Ga­le­ga, xur­di­da pre­ci­sa­men­te da­quel Re­na­ce­men­to, da que era pre­si­den­te o no­so ve­ci­ño de Lou­ren­zá, e ami­go, don Francisco Fernández del Riego,acor­da­ba ins­ti­tuir o 17 de maio de ca­da ano co­mo DÍA DAS LE­TRAS GA­LE­GAS. O que a Aca­de­mia pre­ten­día con aque­la me­di­da era res­ta­ble­cer a re­la­ción dos ga­le­gos coa súa li­te­ra­tu­ra, a mais ou­tra ma­ni­fes­ta­ción da lin­gua pro­pia de Ga­li­cia, e hon­rar a aque­les es­cri­to­res que, po­la im­por­tan­cia da súa obra, fo­ran me­re­cen­tes dun­ha ho­me­na­xe co­lec­ti­va.

O pri­mei­ro ho­me­na­xe foi pa­ra a pro­pia Ro­sa­lía; e den­de en­tón as gran­des fi­gu­ras das no­sas le­tras de­sig­na­das, ano tras ano, pa­ra se­ren ce­le­bra­das ese día; ga­le­gos e ga­le­gas exem­pra­res aos que re­cor­da­mos po­lo seu pa­trio­tis­mo e po­la en­tre­ga xe­ne­ro­sa do seu ta­len­to ó pa­tri­mo­nio es­pi­ri­tual da te­rra na que na­ce­ron.

Is­te ano a R.A.G. to­mou o acor­do de de­di­car a efe­mé­re­de á es­cri­to­ra e poe­ta Mª Victoria Moreno Már­quez. Na­ci­da en Va­len­cia de Al­cán­ta­ra e fi­na­da en Pon­te­ve­dra en 2005: edi­to­ra, tra­duc­to­ra, con­fe­ren­cian­te, pro­fe­so­ra… Na mes­ma reunión foi de­sig­na­da Aca­dé­mi­ca de Hon­ra, a ilus­tre es­cri­to­ra, con­fe­ren­cian­te, ar­ti­ris­má­ti­cas­cu­lis­ta e in­ves­ti­ga­do­ra min­do­nien­se Ma­ri­na Ma­yo­ral, que na súa ado­les­cen­cia e xu­ven­tu­de fo­ra así­dua dos ve­ráns fo­ce­gos…

É abon­do­sa a súa pro­duc­ción na­rra­ti­va en ga­le­go e cas­te­lán que abran­gue un­ha nu­me­ro­sa co­lec­ción de exi­to­sos tí­tu­los; que fan de­la un­ha das mais ca­ris­má­ti­cas in­te­lec­tuais da no­sa te­rra e den­de lo­go a mais fon­da co­ñe­ce­do­ra da obra de Ros­lía de Cas­tro, á que ten de­di­ca­do mais nu­me­ro­sos e fieis tra­ba­llos de crí­ti­ca li­te­ra­ria.

María V. Moreno, li­cen­cia­da en Fi­lo­lo­gía Ro­má­ni­ca, che­gou a Ga­li­cia en 1963 e asi­ña asu­miu a ci­da­da­nía en ga­le­go e un­ha im­por­tan­te la­bor so­bre­ma­nei­ra no eido da li­te­ra­tu­ra in­fan­til e xu­ve­nil, pu­bli­can­do nu­me­ro­sos li­bros: Mar adian­te, Anag­nó­re­si, Leo­na­do e os fon­ta­nei­ros, Ge­de­llas de se­da e li­ño, Dia­rio de luz e som­bra… Ela, sou­bo trans­mi­tir a pai­xón po­la lin­gua e a li­te­ra­tu­ra ga­le­gas, un dos seus mais des­ta­ca­dos mé­ri­tos que a R.A.G. ti­vo en con­ta pa­ra de­di­car­lle o Día da Le­tras Ga­le­gas, des­te ano de 2018.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.