El «pun­to li­la»

O con­ce­llo pón en mar­cha un­ha se­rie de me­di­das pre­ven­ti­vas ó co­me­zo do Re­su

La Voz de Galicia (Viveiro) - Viveiro local - - PORTADA - LIDIA FER­NÁN­DEZ, S.C.

Es­tá en el Re­su pa­ra de­nun­ciar agre­sio­nes o aco­sos se­xua­les du­ran­te los días del fes­ti­val

«Vi­vei­ro non é cóm­pli­ce», esa é a con­sig­na es­co­lli­da po­la al­cal­de­sa de Vi­vei­ro, Ma­ría Lou­rei­ro, e a edil de Cul­tu­ra, La­ra Fer­nán­dez, pa­ra a pre­sen­ta­ción do «pun­to li­la» de pre­ven­ción con­tra as agre­sións se­xuais e aco­so no Re­su. Ha­be­rá un posto no re­cin­to do fes­ti­val pa­ra de­nun­ciar agre­sións, abu­sos ou aco­sos. On­te na rol­da de pren­sa no con­ce­llo ta­mén es­ti­vo pre­sen­te Pa­blo Rodríguez, re­pre­sen­tan­te da Po­li­cía Na­cio­nal.

O pro­to­co­lo con­tra a agre­sión se­xual par­te dun­ha ini­cia­ti­va do con­ce­llo, e con­ta coa co­la­bo­ra­ción da Po­li­cía e do per­soal de se­gu­ri­da­de do pro­pio fes­ti­val. Un­ha das me­di­das que se pre­ten­den le­var a ca­bo é o es­ta­ble­ce­men­to dun pun­to li­la, si­tua­do nas in­me­dia­cións do re­cin­to. Nes­te pun­to es­ta­rán tra­ba­llan­do va­rias vo­lun­ta­rias, en­ca­be­za­das por Cris­ti­na Les­te­gás, do Ob­ser­va­to­rio da Ma­ri­ña po­la Igual­da­de, que ve­la­rán po­la se­gu­ri­da­de de to­das as mu­lle­res que acu­dan ó fes­ti­val. Con es­ta ini­cia­ti­va pre­tén­de­se axu­dar a pre­vir po­si­bles agre­sións se­xuais nes­te ti­po de even­tos e, aín­da que non cons­ta que en edi­cións pa­sa­das do Re­su hou­be­se de­nun­cias por es­te ti­po de de­li­tos, «nun­ca es­tá de máis pre­vir», ase­gu­ra a al­cal­de­sa. Ade­mais, a in­ten­ción é fa­cer des­ta ini­cia­ti­va al­go ex­ten­si­ble a ou­tras fes­tas e ce­le­bra­cións mul­ti­tu­di­na­rias que se ce­le­bren no con­ce­llo e nos arre­do­res.

«As mu­lle­res non de­be­rían ter me­do de di­ver­tir­se e pa­sa­lo ben no fes­ti­val», afir­mou Ma­ría Lou­rei­ro. Ade­mais do pun­to li­la, o con­ce­llo e a Po­li­cía Lo­cal en­car­ga­ran­se de es­ta­ble­cer un­has pau­tas de ac­tua­ción que to­dos os tra­ba­lla­do­res do fes­ti­val de­ben se­guir. «É im­pres­cin­di­ble non dei­xar nun­ca a un­ha mu­ller ou a un me­nor ebrio sós, xa que son os co­lec­ti­vos máis vul­ne­ra­bles», reite­ran den­de o con­ce­llo. Nes­tes ca­sos hai que cha­mar ó 112 pa­ra que se fa­gan car­go da per­soa en cues­tión. Ta­mén se re­pro­du­ci­rá con bas­tan­te fre­cuen­cia un ví­deo pa­ra con­cien­ciar so­bre as agre­sións se­xuais e a vio­len­cia ma­chis­ta, e re­par­ti­ran­se fo­lle­tos en di­fe­ren­tes idio­mas pa­ra re­cor­dar so­bre a im­por­tan­cia de tra­tar ás mu­lle­res con res­pec­to. To­do is­to coa fi­na­li­da­de de evi­tar que un­ha soa mu­ller se sin­ta agre­di­da du­ran­te o fes­ti­val.

P. LOSADA

Pa­blo Rodríguez, Po­li­cía Na­cio­nal, coa al­cal­de­sa Ma­ría Lou­rei­ro e La­ra Fer­nán­dez, edil de Cul­tu­ra.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.