Pre­ga­ria po­los náu­fra­gos

La Voz de Galicia (Viveiro) - Viveiro local - - A MARIÑA - Vi­cen­te Míguez

Na­ve­ga­mos con eles, Se­ñor, re­man­do mar aden­tro, nas fae­nas de ca­da sin­gra­du­ra. Con­tra ven­to e ma­rea, me­ten­do proa ao tem­po, rum­bo a por­to se­gu­ro. Nau­fra­ga­mos sen eles, meu Deus, de al­ba e de axe­xo, sen máis qui­ñón que a dig­ni­da­de do pes­ca­dor. Co­rren­do o tem­po, re­cor­da­mos a tri­pu­lan­tes que su­ca­ban a ro­sa dos ven­tos, e va­ra­ron as zo­zo­bras na soi­da­de do fon­do do mar, de­ma­sia­das mi­llas afó­ra… da fa­mi­lia! De arri­ba­da, achi­can­do o mar de fon­do, tan­tas lúas a so­ta­ven­to, e un­ha es­tre­la de loi­to. Tris­te cos­tei­ra, sen máis ma­reas abor­do que a au­sen­cia do ser que­ri­do.

Con to­do o nor­te no ho­ri­zon­te da es­pe­ran­za, hon­ra­mos aos náu­fra­gos que vi­ven eter­na­men­te na San­ta Com­pa­ña dos co­ra­zóns: po­las ma­ris­mas do ceo flo­tan os so­ños tur­que­sas da xen­te do mar. Na­ve­ga­mos con eles, Se­ñor, sen de­ri­va, nin ol­vi­do.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.