Cien­cia en ga­le­go

O pri­mei­ro li­bro que edi­tou Xe­rais, en 1979, foi un de ma­te­má­ti­cas de pri­mei­ro de ba­cha­re­la­to

La Voz de Galicia (Viveiro) - - Opinión - VÍC­TOR F. FREIXANES

E n no­vem­bro de hai oi­to anos, vés­pe­ras do San Mar­ti­ño, un gru­po de dou­to­res, in­ves­ti­ga­do­res uni­ver­si­ta­rios, ac­ti­vis­tas cul­tu­rais e, so­bre to­do, pro­fe­so­res de ba­cha­re­la­to acor­da­ron ins­ti­tuír o Día da Cien­cia en ga­le­go, aco­llén­do­se á ce­le­bra­ción que den­de o ano 2002 pro­mo­ve a Unes­co a prol da cien­cia ao ser­vi­zo da paz e o desen­vol­ve­men­to das so­cie­da­des. A idea dos ga­le­gos, ade­mais de asu­mir os va­lo­res da ini­cia­ti­va in­ter­na­cio­nal, ca­dra­ba coa pro­mul­ga­ción aquel ano do De­cre­to 79/2010, ta­mén cha­ma­do de­cre­to do plu­ri­lin­güis­mo, des­afor­tu­na­da ini­cia­ti­va na que se obri­ga ao pro­fe­so­ra­do a im­par­tir as au­las de Ma­te­má­ti­cas, Tec­no­lo­xía e Fí­si­ca e Quí­mi­ca en cas­te­lán. O ga­le­go, pa­ra as le­tras e as hu­ma­ni­da­des. Ma­lia as crí­ti­cas, o tal de­cre­to se­gue vi­xen­te.

A xor­na­da ga­le­ga tra­ba­lla con do­bre­tes: por un la­do a fi­gu­ra ou ini­cia­ti­va que pro­mo­ve a Unes­co, e, com­ple­men­ta­ria­men­te, a ce­le­bra­ción de no­so. O pri­mei­ro ano (2010) a or­ga­ni­za­ción in­ter­na­cio­nal sa­lien­tou a fi­gu­ra de Ja­mes Clerck Max­well, pai do elec­tro­mag­ne­tis­mo, e os ga­le­gos a Ra­món María Aller, as­tró­no­mo de La­lín, quen in­tro­du­ciu en Es­pa­ña o es­tu­do das es­tre­las do­bres e es­ti­vo ven­ce­lla­do ao Se­mi­na­rio de Es­tu­dos Ga­le­gos (1923); un dos crá­te­res da Lúa le­va o seu no­me por ini­cia­ti­va do as­tró­no­mo in­glés Pery Wil­kins.

Afon­so X el-Rei Sa­bio, María Xo­se­fa Wo­nen­bur­ger, ma­te­má­ti­ca que na­ceu en Olei­ros (1927) e fi­nou na Co­ru­ña, aín­da que boa par­te da súa for­ma­ción se pro­du­ciu no Ca­na­dá; Ra­món Ve­rea (1833-1899), na­tu­ral da Es­tra­da, que mo­rreu en Bue­nos Ai­res, a quen se atri­búe a pri­mei­ra cal­cu­la­do­ra me­cá­ni­ca; Isaac Díaz Par­do, Isi­dro Parga Pon­dal, Carlos Gó­mez Reino, Domingo Fon­tán… Son os no­mes ga­le­gos sa­lien­ta­dos, xun­to co mes­tre Ma­teo, es­te ano, que a Unes­co de­di­ca a Ar­quí­me­des.

Na pa­sa­da edi­ción dos Pre­mios da Crí­ti­ca, o xu­ra­do de In­ves­ti­ga­ción acor­dou pre­miar os tra­ba­llos do pro­fe­sor Xo­sé Luis Mas­ca­re­ñas e o seu equi­po, cen­tra­dos no ám­bi­to da Quí­mi­ca, a Bio­lo­xía e a Bio­me­di­ci­na, in­te­li­xen­te­men­te co­nec­ta­do con im­por­tan­tes pro­xec­tos eu­ro­peos. Fi­na­lis­tas ne­sa mes­ma edi­ción fo­ron o his­to­ria­dor Ra­món Vi­lla­res e ou­tra ini­cia­ti­va de ca­rác­ter cien­tí­fi­co e tec­no­ló­xi­co: a Re­de In­ter­dis­ci­pli­nar Tec­no­lo­xía e Aná­li­se de Da­tos Lin­güís­ti­cos (Te­cA­nDa­li), alian­za en­tre os cam­pos da lin­güís­ti­ca, os mo­de­los ma­te­má­ti­cos e a cien­cia das compu­tado­ras. To­dos eles en ga­le­go. Al­gun­has ve­ces un ten a sen­sa­ción de que o país (a xen­te que arreo fai po­si­ble es­te país) ten tan­to pu­lo, tan­ta von­ta­de de se­guir en pé, que mes­mo re­sis­te a lei da gra­vi­da­de. Un dato pa­ra a me­mo­ria: o pri­mei­ro li­bro que edi­ta Edi­cións Xe­rais de Ga­li­cia en 1979, co que inau­gu­ra a súa vi­zo­sa pro­du­ción, era un li­bro de ma­te­má­ti­cas de pri­mei­ro de ba­cha­re­la­to pre­pa­ra­do po­lo co­lec­ti­vo Va­ca­lou­ra. Seica co de­van­di­to de­cre­to ho­xe non se­ría po­si­ble.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.