Maruxa, a «in­fluen­cer»

La Voz de Galicia (Viveiro) - - Opinión - DI­REC­CIÓN DE CO­RREO. Ave­ni­da da Pren­sa, 84 y 85. Sa­bón, 15143 Ar­tei­xo (A Co­ru­ña)

Lol, puro lol, así se ato­pa­ba a it girl, in­die, e, por ri­ba de to­do, in­fluen­cer, Maruxa Frei­xo, ao ver co­mo os seus fo­llo­wers aso­la­ga­ran de li­kes o úl­ti­mo sel­fie subido co ga­llo da flash mob na que par­ti­ci­pa­ra o día an­te­rior; e, ollo!, emi­ti­da en strea­ming. Aín­da máis, o seu ti­me­li­ne dé­ra­lle, po­lo me­nos por un­has ho­ras, un­ha vi­to­ria so­bre os seus ha­ters; e un­ha mo­rea de bit­coins pa­ra o seu pe­to. Tan­ta le­di­cia ti­ña que com­par­ti­la coas súas ami­gas geeks do gru­po de What­sApp, As grou­pie’s da

xesteira. En cues­tión de se­gun­dos a lin­gua­xe emo­ji co­me­zou a bu­lir co­mo xor­den os fun­gos na ou­to­nía. Ma­ca­qui­ños ama­re­los, fla­men­cas, pol­ga­res, aplau­sos, men­sa­xes de au­di­ción, máis mo­ni­fa­tes. Un­ha fes­ta. Un bal­bor­do dos que non se es­que­cen. Re­ma­ta­da a es­mor­ga di­xi­tal, e lo­go dun gro­lo de zu­me de­tox co que com­ba­ter a re­sa­ca de bits, Maruxa foi ao seu tra­ba­llo de re­par­ti­do­ra free­lan­ce, nun­ha em­pre­sa da eco­no­mía co­la­bo­ra­ti­va. F. JAVIER SAN­TOS. POR­TO DO SON CAR­TAS AL DI­REC­TOR

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.