ABC (Galicia)

Fernández del Riego, un «obreiro» da cultura galega nos anos da represión

Galicia recorda no Día das Letras Galegas ao gran estudoso da cultura galega e fundador de Galaxia

- ÁNTAR VIDAL SANTIAGO

Cun puro na boca e na Fundación Penzol. Finar así era o derradeiro desexo de Francisco Fernández del Riego, ideólogo do Día das Letras Galegas e homenaxead­o no día de hoxe. Quizais non tivera un cubano nos beizos no seu último suspiro, pero estivo presidindo a Fundación ata pouco antes do ano 2010, cando faleceu aos 97 anos.

Galicia recorda hoxe ao tamén fundador da editorial Galaxia para devolverll­e unha parte de todo o que o autor de Vilanova de Lourenzá (1913) fixo pola lingua e a cultura galega. De non ser pola súa labor nos anos de represión franquista, a transición houbera chagado «coa maleta baleira» de cultura de Galicia. A intención de «Don Paco», explica a este diario a súa biógrafa Malores Villanueva, era que, cando caera o réxime, non tiveran pasado corenta anos «de ermo total». Se hoxe o día está adicado a del Riego, non é pola súa labor como autor —destacou nos eidos do ensaio sobre a cultura de Galicia—, senon, máis ben, polo seu incansable traballo como conservado­r e difusor dos valores galeguista­s e da lingua. «Sacrificou a súa figura como autor porque había algo que o movía máis: a causa pola lingua cando todo eran tebras», resume Villanueva, tamén profesora da USC e autora de ‘Francisco Fernández del Riego, un loitador pola idea de Galicia’.

Dende a Real Academia Galega, se todos os 17 de maio son importante­s, hoxe, se cabe, máis. «Del Riego é un home fundamenta­l na Academia», di Francisco Díaz-Fierros, académico numerario da institució­n. Ademais de «ser o pai» do Día das Letras Galegas, «renovou» a RAG durante o seu mandato como presidente, entre o 1997 e o 2001: «Cambiou o seu estilo, a súa dirección e abriuse a moitos xeitos de entender Galicia».

Pero o camiño ata alá non foi nada doado. De feito, foi a súa filosofía o que lle permitiu, pese ás adversidad­es e represións,

seguir con vida: Francisco Fernández del Riego foi, ante todo, un «optimista radical». Conta Villanueva que o editor «viviu circunstan­cias moi difíciles» durante toda a súa vida. E todo comezou co estalido da Guerra Civil.

Durante os primeiros meses, Del Riego evitou acudir a filas. Claro, sendo de Galicia, do bando franquista. Pero os seus colegas, que fuxían ou renunciaba­n ir ao frente, caían asasinados, como Alexandre Bóveda ou Ánxel Casal. Del Riego non se exilia, e pese á súa renuncia inicial, non lle quedou máis remedio que ir a loitar. «Era unha guerra que non era a súa»; foron anos moi tristes para ‘Don Paco’, relata a súa biógrafa. De feito, el foi «un perdedor pese a estar no bando gañador». Dende ese momento, a súa vida foi

 ?? ??
 ?? ?? Á esquerda, co aínda Príncipe Felipe en 1998. Á dereita, nunha homenaxe ao seu mestre Castelao, no 1932. Enriba, na conmemorac­ión do 50 aniversari­o da fundación do Centro Galego de Buenos Aires, no 1957 / RAG
Á esquerda, co aínda Príncipe Felipe en 1998. Á dereita, nunha homenaxe ao seu mestre Castelao, no 1932. Enriba, na conmemorac­ión do 50 aniversari­o da fundación do Centro Galego de Buenos Aires, no 1957 / RAG
 ?? ?? A XERACIÓN GALAXIA
É a narración da odisea que foi emprender as accións en defensa dos valores da cultura galega
A XERACIÓN GALAXIA É a narración da odisea que foi emprender as accións en defensa dos valores da cultura galega

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain