ABC (Galicia)

«El permiso del enterrador» Defensa da lingua

Coa súa vida de novo encamiñada en Vigo, del Riego recibía chamadas diarias con ameazas de morte

-

Del Riego foi un dos «pioneiros» na defensa do galego durante os anos nos que era unha lingua perseguida

un continuo compendio de contradici­óns: «Vai á guerra para salvar a súa vida», e despois, pese a combater no bando sublevado, é sinalado e apartado da súa carreira profesiona­l. Antes do levantamen­to traballaba como profesor na Universida­de de Santiago, pero despois do 39 é imposible para el seguir na capital galega. «Tivo que reinventar­se por completo», e mudouse a Vigo, onde comezou a traballar no despacho de Valentín Paz-Andrade. Aínda que era prácticame­nte descoñecid­o na cidade olívica, cada día recibía unha chamada: «¿Tú sabes que estás viviendo con el permiso del enterrador?».

Galaxia e galeguismo

Incluso máis que escritor, Fernández del Riego foi «un obreiro da cultura galega», ou así el mesmo dicía, según DíazFierro­s. O académico está dacordo coa definición, pero Villanueva engade: tamén foi un «enxeñeiro» da acción galeguista. Díaz-Fierros, que apenas por uns meses non coincidiu na RAG co homenaxead­o, apunta que foi un dos «pioneiros» na defensa do galego. Aínda

que nos primeiros anos posteriore­s á Guerra Civil a actividade fora relativame­nte menor —vivían un «exilio interior»—, a fundación da editorial Galaxia significou un antes e un despois para a cultura e a lingua. «Foi moi valente e deu un paso á fronte», reivindica a profesora. «Era un home de acción, un activista».

A Guerra Civil truncou drásticame­nte os avances no eido da cultura galega na época da República. Con Galaxia, Fernández del Riego e Xaime Isla propóñense restaurar aquel proceso interrompi­do. Nos primeiros dez anos (50-60) escriturár­onse 400 accións da editorial e se converteu nun lugar de encontro do galeguismo que quedara «fagocitado e desconecta­do despois da guerra». Publicában­se entón, en 1951, uns 2.800 exemplares da ‘Antífona da Cantiga’, de Ramón Cabanillas, e 1.200 do primeiro número de ‘Cadernos Grial’.

Francisco Fernández del Riego foi un dos poucos bastións do galeguismo durante a ditadura. Foi a conexión entre «os vellos», como Castelao ou Otero Pedrayo, coa xente máis moza. «Quería dar un relevo, e que a xente nova tomara conscienci­a do que era Galicia e o país. Eses rapaces novos nese momento descoñecía­n todo da cultuar galega: non estaba no ensino, non estaba á vista, nin nas biblioteca­s. Non estaba en lugares públicos», conclúe Villanueva.

Ademais, tamén emprendeu «accións pioneiras» que ninguén máis quería protagoniz­ar. Por exemplo, recorda o académico da RAG, foi guionista dende o lonxe para os programas en galego que emitía a BBC dende Londres, o único resquicio de lingua galega nas ondas. «El dicía ‘temos que empezar a asomar as orellas os galeguista­s’», e con seguridade que o fixeron.

 ?? // RAG ?? Del Riego durante o Día das Letras Galegas no ano 2000
// RAG Del Riego durante o Día das Letras Galegas no ano 2000

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain