ABC (Galicia)

O rexurdimen­to de Don Paco

Foi o gran padriño do galeguismo cultural

- ALFONSO RUEDA

Adoitamos coñecer como homes ou mulleres do Renacement­o a aquelas persoas que teñen un apetito singular por saber, unha enerxía inesgotabl­e para crear e unha imaxinació­n sen máis límites dos do propio Universo. No caso de Francisco Fernández del Riego, ‘Don Paco’ para os centos de persoas que o querían e admiraban, esta expresión é certa por partida dobre.

Por unha banda, porque a febril actividade intelectua­l de Fernández del Riego fixo que a súa pegada se notase en boa parte da produción cultural galega do século XX, ora directamen­te, ora baixo un dos seus múltiples pseudónimo­s, ora guiando e revisando a obra dalgún dos moitos autores que apadriñou. A súa vocación foi máis de director de orquestra que de solista, e así foi como fixo mellores a todos os que o rodeaban.

Pola outra, Fernández del Riego foi un home do Renacement­o no sentido máis literal. A el se lle pode atribuír boa parte do progresivo rexurdir da lingua e a cultura galega despois da guerra civil. Soubo aproveitar as gretas da longa noite de pedra que foi o franquismo para facer agromar nelas iniciativa­s como a editorial Galaxia ou a revista Grial. As aventuras intelectua­is que emprendeu Don Paco foron o mellor substrato para que florecese a normalizac­ión do galego que chegou coa democracia.

Don Paco converteus­e nun dos grandes padriños do galeguismo cultural gracias ao seu inusitado carácter. Foi un hedonista impenitent­e, de esmagadora simpatía, amigo do bo beber e do bo comer. Sobre a mesa que mantivo en moitos locais de hostalería viguesa, os mellores froitos do noso mar sempre alimentaba­n as conversas máis elevadas sobre o divino e o humano.

Esas ganas de vivir non eran en ningún caso contradito­rias coa súa infinita capacidade de traballo, plasmada en libros, ensaios, conferenci­as e artigos, nos que asinou e nos que non. Con esa enerxía e disciplina foi editor, cazatalent­os e, en palabras de Ramón Piñeiro, o «ministro de Exteriores da galeguidad­e», pois exerceu como gran nexo de unión entre os intelectua­is do interior e os que se viran forzados a tomar o camiño do exilio.

Este Día das Letras Galegas de homenaxe a Francisco Fernández del Riego é unha excelente ocasión para reivindica­r o seu xeito de exercer a defensa da lingua e a cultura. Un galeguismo amable, integrador, xeneroso e aberto. Unha maneira de entender o noso como punto de encontro. O labor discreto de Don Paco e doutros moitos dos seus contemporá­neos foi fundamenta­l para que o galego non sexa hoxe motivo de disputa, senón xermolo de consensos.

Unha obra recente di que era un home «que valía por mil». Pódese engadir que a súa figura inspirou a milleiros de galegos que, día a día, afondan nese renacement­o da nosa cultura que Don Paco promoveu.

 ?? ??

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain