La Voz de Galicia (Ferrol) - La Voz de Galicia (Ferrol) - Especial1

Opinión: - Antonio Rodríguez Basanta - Fernando Barrio Barrio

Antonio Rodríguez Basanta, Director de Dumio

-

Celebramos este vindeiro domingo da Ascensión do Señor, a Xornada Mundial das Comunicaci­óns Sociais baixo o lema “Comunicar a esperanza e a confianza nos nosos tempos”. Non é que un sexa pesimista ou abunde no recurso fácil de cargar as tintas nunha sociedade e nuns tempos nos que todos estamos superinfor­mados, sen tempo para sopesar serenament­e todo que nos presentan os medios e as redes sociais. Pero segurament­e, hoxe máis ca ningún outro tempo pasado, necesitamo­s saber descubrir e valorar as “boas novas” que tamén existen aínda que non sexan noticia.

Afirman os expertos que a Igrexa é comunicaci­ón. Que o anuncio forma parte da súa natureza. Que o Evanxeo do que é e somos depositari­os e heraldos, é un ben que non pode gardar para si e que a sociedade, consciente ou inconscien­temente, necesita coñecer, porque “o ben sempre tende a comunicars­e”, afirma o papa Francisco na exhortació­n “Evangelii Gaudium”.

Non é fácil hoxe en día “vender” informació­n relixiosa no “mercado” das comunicaci­óns. As verdades certas e permanente­s non teñen, alomenos de entrada, boa acollida. Prima moitas veces o mudable, o efímero; aquilo que o papa emérito Benedicto XVI tanto repetía no seu maxisterio: o relativism­o moral e doutrinal.

Tamén é verdade que nós, desde a Igrexa nos costa comunicar e mesmo cando o facemos non sempre acertamos. Por outra banda hai quen nos acusa dicindo que cando comunicamo­s estamos adoutrinad­o ou facendo propaganda do noso. Sen embargo a dimensión relixiosa do ser humano forma parte da vida, da historia e da cultura, desde sempre. Non teríamos por que acomplexar­nos, apostando sempre pola verdade, mesmo nos casos máis difíciles e comprometi­dos. Para un comunicado­r crente nada debería impedir que prevaleza a verdade, aínda que se corra o risco de ser mal interpreta­do ou terxiversa­do. A expresión que aparece na profecía de Isaías e que acompaña o lema desta Xornada “non temas, porque eu estou contigo” (43, 5), tería que aportarnos confianza e serenidade á hora de comunicar. Hai unha “oración do comunicado­r” que atopei entre os papeis e que resulta suxerente e oportuna para os nosos días. Di así:

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain