La Voz de Galicia (Ferrol) - La Voz de Galicia (Ferrol) - Especial1

Novas das Dioceses Axenda Suxerencia­s na rede: Carlos Alonso Charlón

-

Queridos pais e nais:

1. Estamos seguros de que unha das vosas maiores preocupaci­óns é a educación dos vosos fillos e

fillas. Nela poñedes todo o voso empeño e esforzo nuns momentos cheos retos e dificultad­es.

2. Nesta situación os centros educativos xogan un papel importante para lograr unha educación de calidade.

3. Para axudarvos a lograr esa educación, pedímosvos que non vos esquezades de solicitar para

eles o Ensino Relixioso. Si se pretende unha formación integral da persoa, a educación non pode prescindir da dimensión relixiosa que é constituti­va de todo ser humano. 4. A presenza do Ensino relixioso nos centros educativos é un dereito e un deber que tedes vós, os pais, recoñecido na Constituci­ón, e que todas as autoridade­s educativas deben garantirvo­s para que poidades optar por ela con plena liberdade evitando toda discrimina­ción e en igualdade de trato que o resto das demais materias. O Ensino Relixioso axudará aos vosos fillos e fillas a coñecer mellor e profundar na mensaxe de Xesús; a reflexiona­r sobre os criterios, valores e actitudes

que permiten dar pleno sentido da vida, do mundo e da historia; a crecer en intelixenc­ia da Palabra de Deus para atopar nela a luz que lles ilumine á hora de formar a súa personalid­ade e inserirse no medio da sociedade; a comprender

a propia tradición relixiosa, na que naceron e a coñecer o sentido relixioso da nosa cultura chea de costumes, festas, ritos e modos de vida impregnado­s polo cristianis­mo; a capacitarl­les para un

diálogo entre fe e cultura nun mundo cada vez máis pluricultu­ral e plurirreli­xioso.

5. Sen dúbida queredes que progresen no coñecement­o de matemática­s, sociais ou literatura. Pero non permitades que os vosos fillos crezan sen unha cultura e formación relixiosa. Estade seguros de que nela atoparán coñecement­os e valores que

lles axudarán a ser boas persoas. A relixión non fai dano a ninguén, ao contrario, axúdanos a ver a vida e actuar nela con sentido de verdade, xustiza e solidaried­ade.

6. A Igrexa ponse ao voso servizo para alcanzar esa formación relixiosa que, sen dúbida, será un gran ben para os vosos fillos e fillas. Non vos deixedes levar por esas opinións da mal chamada moder- nidade que proclaman que a Relixión non ten valor nin sentido

7. Por tanto, esta é a nosa petición: sede consciente­s da vosa responsabi­lidade de pais crentes e pensade no ben dos vosos fillos. Pedide Ensino Relixioso Católica en todos os centros educativos.

8. Esta solicitude ha de ser consecuenc­ia lóxica da vosa condición de pais crentes e dos compromiso­s adquiridos no día do seu bautismo. Non solicitala sería, sen dúbida, un contrasens­o con eses compromiso­s.

9. Queremos agradecer todo o esforzo que fan os profesores de Relixión e pedímoslle­s que coa súa palabra e o seu testemuño transmitan aos seus alumnos a mensaxe de Xesús e os encamiñen polos vieiros dos valores do Evanxeo. 10. Que o Señor vos axude a todos os que colaborade­s nunha mellor educación humana e relixiosa da infancia e mocidade. Saúdanvos con todo afecto e bendín no Señor. + Julián, Arcebispo de Santiago.

+ Luís, Bispo de Tui-Vigo.

+ Alfonso, Bispo de Lugo.

+ José Leonardo, Bispo de Ourense.

+Luís Ángel cmf, Bispo de Mondoñedo-Ferrol. + Jesús, Bispo Auxiliar de Santiago.

Homenaxe a Carlos Casares

O Seminario Menor de Ourense homenaxeou ó escritor Carlos Casares, quen foi alumno do centro e a quen se lle adica este ano o día das Letras Galegas, coa inauguraci­ón dunha placa conmemorat­iva e dunha exposición, así como cunha mesa redonda co tema Relixión e Literatura en Carlos Casares.

 ??  ??

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain