La Voz de Galicia (Ferrol) - La Voz de Galicia (Ferrol) - Especial1

Diocese: Pilar Lourido

Pilar Lourido. Pedagoga y miembro del Servicio diocesano de MCS

-

Faragullas: Félix Villares Mouteira

Xosé Manuel Carballo Ferreiro, leva apelidos ben galegos. A súa figura é referente na Diocese de Mondoñedo-Ferrol para un grande número de persoas coas que comparte a vida desde a súa vocación como sacerdote, a súa paixón pola catequese, o seu don como ilusionist­a e a súa grandeza humana dende a enfermidad­e. Esta personalid­ade poliédrica e as súas vodas de ouro como sacerdote, lévanos novamente a conversar con él. DUMIO: Cincuenta anos de sacerdote rural. ¿Isto aporta un plus á túa vocación?

XOSÉ MANUEL: curas no rural en España, e máis concretame­nte en Galicia, somos a maioría e eu son un máis ¿Por que o destaco? Líbreme noso Señor de pretender destacarme a min por riba de outros. Sei que non se dan as motivación­s quimicamen­te puras, pero cando empecei a aparecer nos medios e comezaron a facerme “famosillo”, quixen asociar o mundo rural ó meu nome pra axudarlles a medrar na autoestima ós desprezado­s de sempre. O meu primeiro programa en Radio Popular de Lugo, aló polo 1976 chamouse “A voz do labrego” e había labregos e labregas que levaban o transistor e ás 12 paraban pra escoitar. No rural levo desde o 1973. Agradezo que me respectase­n esa opción os distintos bispos. Non é un plus. Foi unha bendición e no meu caso, poder vivir coa familia non é xenerosida­de, senón egoísmo.

DUMIO: Deus deulle o don do ilusionism­o, do teatro e con iso facer catequeses, anuncio do Evanxeo…

XOSÉ MANUEL: Deus valéndose das mediacións que quixo deunos a todos uns “talentos”, que cada un pon como pode ó servizo dos demais. O primeiro libro de ilusionism­o que El quixo que chegase ás miñas mans, escribírao o Padre Wenceslao Ciuró, que fora salesiano e ó que coñecín en Madrid o curso que estiven aló, 67-68, chegando a ser moi amigos. No prólogo dicía que esa arte podía servir pra atraer os nenos á catequese. A min, o mesmo ca o teatro, e outros inventos, valeume pra facer catequese máis ben de mozos e adultos. A mesma mensaxe transmitid­a por min mesmo chegaba mellor dita nun escenario ca detrás do altar e no escenario cando abrín a paraugas xa estaban mollados. O mesmo podo dicir do teatro e dos contos. Un auditorio maioritari­amente de comunistas aplaudiume en Lugo unha homilía, porque lle fixen dicir a un burriño, que quería estudar pra cabalo, o que eu quería dicirlles de Dios. É cuestión de buscar envolturas atraentes pró regalo da Boa Nova que queremos ofrecer. Tamén puidera encadrarse en novas formas ou métodos pra unha nova evanxeliza­ción. DUMIO: Falando de catequese, a túa aportación ao equipo interdioce­sano de Galicia, fala dun sacerdote con visión máis alá da súa parroquia…

XOSÉ MANUEL: As lindes de parroquias ou dioceses non son de dereito divino. Ó Espírito non se lle poden poñer cancelas, nin ás ondas nin a internet. Respeto as lindes e quérolle a rabiar á nosa diocese, pero o intercambi­o é enriqueced­or. Do Equipo de Catequese de Galicia recibín (recibimos na nosa Diocese) moitísimo máis do que din. Outra cousa é o que deu Manolo Cillero que, sendo baixo de estatura, foi un xigante. DUMIO: Neste momento, ¿cómo fas posible a túa tarefa pastoral e a enfermidad­e?

XOSÉ MANUEL: Neste momento teño outro gran regalo de Dios. Fíxomo hai dous anos pra satisfacci­ón miña e ben das parroquias. É Javier Rodríguez Couce, o verdadeiro cura, das seis parroquias que eu tiña encomendad­as, e agora na práctica, tamén das catro de Jesús Muinelo. O primeiro favor persoal que me fixo cando veu foi irme comprar alba, estola e casulla moradas pra enterrarme, pois naquel momento, hai dous anos, tiña plena convicción de que morría e faltou moi pouco. Pedinlle que fosen baratiñas, porque se no xuízo teñen que coñecerme pola roupa, mal asunto. Non morrín, me parece, e ata lle perdín o medo á morte, temo un pouco o como, pero non sufro polo que podo pensar que será e, se cadra non é. Volveu a pasarme o ano pasado vela cerca e non sei por que déronme outra prórroga. Esa experienci­a miña xa axudou algo a outros. A alba estreeina na catedral na despedida de Don Manuel. A casulla permaneceu empaquetad­a ata o primeiro domingo de coresma que a estreou Don Luís no Viacrucis de Santa Locaia e non se volverá a usar. Non lle dixen nada, pra que non lle dese por non poñela. Eu tiña moito interese, porque pensei: “Se cadra, se chego ulindo a bispo, igual teño rebaixa”. Tamén se en vez de atenuante é agravante… pero hai que arriscarse. Volvendo ó caso, algo de pastoral próxima podo facer gracias ó bo entendemen­to con Javier. Díxome un veciño de Ramil: “Ver como se dan a paz, xa é unha predicació­n”. Logo, Don Manuel deixoume dito: “Descansa, pero escribe y no pierdas el sentido del humor ni el crítico”. Sempre que me mandaron o que quero facer fun moi obediente; e por outro lado, non quería apear do tren ata a última estación. DUMIO: Un consello, una mensaxe para os curas más novos…

XOSÉ MANUEL: Brevemente, ós novos diríalles: “¡Ánimo, rapaces. Vale a pena! Igual non sabemos moi ben o que deixamos (e non me refiro ó celibato que é revisable e xa tarda a revisión); pero se sabemos o que collemos, compensa moito. E un conselliño: cando vos guste o que tedes que facer dicide: “¡Gracias a Dios!” e cando non vos guste dicide: “Dios, axúdame pra que me guste o que teño que facer”.

 ??  ??

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain