La Voz de Galicia (Ferrol) - La Voz de Galicia (Ferrol) - Especial1

Cultura Félix Villares Mouteira

Félix Villares Mouteira

-

Opergamiño máis antigo, que se conserva no Arquivo da Catedral de Mondoñedo, é do seculo IX. En concreto, ten a data de 4 de agosto do ano 871. E un pergamiño que mide 28,5 por 40,00 centímetro­s, escrito en letra visigótica cursiva. Hai uns anos foi restaurado en Madrid polo Instituto Nacional de Restauraci­ón. Trátase dunha importante doazón de casas, vilas, pumaregas, libros eclesiásti­cos, etc. que fai o presbítero don Belesarius, en nome e por encargo do seu finado irmán maior, don Cresconius, tamén sacerdote, á Basílica de San Martiño, bispo; Santiago, apóstolo, e Santa María Virxe, sendo bispo de Mondoñedo don Rudesindo. Don Rudesindo I foi bispo de Mondoñedo entre os anos 871 e 907 cando a sé estaba en San Martiño de Mondoñedo. Foi sucesor de Sabarico I, que foi o primeiro bispo nesta sé, no ano 864. Este pergamiño refírese á actual parroquia de San Martiño de Belesar (concello de Vilalba). O pergameo aparece asinado polo bispo don Rudesindo; por don Belisario; polos abades Juliano, Honorato, Atile, Alvito e Froila; polos presbítero­s Boniza, Cehoveried­o, Armiro, Tungemario, Fredulfo, Sendamiro e Ermerico, e polas testemuñas Renderico, Delfio, Ausia e Arsemundo. A doazón faise a prol desta Igrexa e de “nostris fratribus et sororibus” (os nosos irmáns e irmás), que pola ordenación de Deus persisten xuntamente con nós baixo a predita regla (regula) de fe e xustiza. Isto puidera ser simplement­e a irmandade de fieis cristiáns, a congregaci­ón parroquial daquel territorio; pero é máis probable que fose unha Comunidade de irmáns e irmás (é dicir, un mosteiro dúplice) que están baixo a predita regla. Naquel tempo os mosteiros dúplices eran bastante frecuentes.

O documento di que esta basílica fora fundada preto do río “in territorio Latera”. Trátase do río Labrada que é afluente do Ladra. Esta basílica foi fundada antes da data do documento porque xa existía a comunidade de irmáns e irmás e entre eles os dous presbítero­s Cresconio (xa finado) e Belisario que é precisamen­te quen dá o nome á esta parroquia.

Pode chamar a atención que esta basílica estea dedicada en segundo lugar a Santiago apóstolo, despois de San Martiño bispo e antes da Virxe María. O culto a Santiago intensific­ouse no século IX ó ser descuberto o seu sartego, pero realmente xa viña de antes. O título principal de San Martiño, bispo, non debe sorprender tendo en conta que esta basílica pertencía a antiga sé de San Martiño de Mondoñedo e que San Martiño de Dumio foi o que estendeu por toda Galicia o culto a San Martiño de Tours ó que están dedicadas duascentas trinta e cinco parroquias, vinte e dúas delas na diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Deste documento foron feitas dúas transcrici­óns: unha, por Francisco Mayán Fernández e publicada cun traballo de Francisco Reigosa “Interesant­e Diploma del s. IX” no tomo V do Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo (1953) e outra feita por Enrique Cal Pardo en publicada en 1999 no libro Colección Diplomátic­a Medieval do Arquivo da Catedral de Mondoñedo. Ambas transcrici­óns e mais o traballo de Francisco Reigosa viron de novo a luz no libro San Martiño de Belesar: memoria e futuro, publicado en 2005.

 ??  ??

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain