La Voz de Galicia (Ferrol) - La Voz de Galicia (Ferrol) - Especial1

«A diversidad­e nos colexios non é unha carga, é moi enriqueced­ora»

Este curso cumpre 15 anos na dirección do San Xoán de Filgueira, un centro que dende o ano 2009 recibe destacados premios nacionais pola súa aposta educativa e integrador­a

-

Marián López cumpre este ano 15 anos na dirección dun colexio especial, o San Xoán de Filgueira. Un centro que tería todas as papeletas para ser o máis complicado da cidade, pero que é un referendo a nivel nacional dende o ano 2009 cando levou o primeiro galardón do Ministerio de Educación. Marián fai equipo e recibe cada día aos seus alumnos na porta.

—Este ano volven a caer as matrículas...

—É un problema que non ten que ver ca oferta educativa, senón co descenso da natalidade. Inda que no noso centro é un ano no que temos máis rapaces, hai un incremento de matrículas e penso que porque o estamos facendo ben no so no noso centro, senón en todos os demais. E tamén estamos achegándon­os cada vez máis á xente para que vexa a noso labor.

—As actividade­s do domingo son un desas actividade­s que fan participar ás familias...

—O que estamos facendo os centros públicos é reinventar­nos ou morrer. É certo que moi- tas veces inda non chega o noso labor por sobrevivir en contra das políticas que se están a facer. É importante resaltar que ese é traballo dos centros educativos, pero a día de hoxe penso que estamos chegando máis a comunidade. Moitos pais e nais se interesan no proxecto educativo dos centros, sobre que se van a atopar e que lle podemos proporcion­ar os seus fillos.

—¿Cal é a principal necesidade que hai nos colexios?

—Non sabería concretar, porque temos as de sempre:, falla de profesorad­o, de medios... Pero esas cousas son as de sempre. Tal vez habería que seguir no camiño para que a xente nos coñeza de verdade, porque os colexios públicos temos de todo: almorzos moi cedo para que as familias concilien, transpor- te gratuíto, coidadores, grandísimo­s profesiona­is e docentes, entre outras cousas como actividade­s extraescol­ares gratis gracias a un esforzo que están a facer dende o Concello. A realidade é que ofrecemos unha oferta moi ampla. E sería importante que se desen a coñecer os traballos de innovación que se están a realizar. Podo poñer como exemplo o meu centro: no San Xoán de Filgueira levamos dende o ano 2009, cando recibimos o Premio Nacional de Educación, tendo galardóns, pero tivemos que pasar moitos anos ata que isto se empezase a coñecer e isto é porque se non fan entrevista­s e ven a prensa o cole. O caso é que moitos outros centros fan moitas cousas que non se coñecen porque non se fan públicas ou non se presentan a concursos e se non é por un esforzo dos propios profesores é moi complicado.

—¿Como ve a evolución na integració­n?

—Avanzouse moito e a diversidad­e nos colexios non é unha carga, é moi enriqueced­ora. Eu sempre poño como exemplo o que me dixo a profe do cole sobre un alumno que tiña moitas necesidade­s especiais: ‘Non sei se o estou facendo ben con el, pero dende logo el está ensinándon­os moitas cousas a todos’.

—¿Dalle reparos que o transporte escolar se comparta cos veciños?

—Ningún, é unha boísima idea porque os buses escolares as veces están infrautili­zados. Hai que aforrar en recursos.

 ?? FOTO JOSÉ PARDO ?? Marián López destaca a calidade dos proxectos educativos de Ferrol
FOTO JOSÉ PARDO Marián López destaca a calidade dos proxectos educativos de Ferrol

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain