La Voz de Galicia (Ferrol) - La Voz de Galicia (Ferrol) - Especial1

«Queremos humanizar Narón»

Entre os obxectivos da primeira edila figuran a oferta lúdica para mozos e a accesibili­dade

- CARMELA LÓPEZ

Marián Ferreiro Díaz (Narón, 1977) é, dende o pasado 23 de setembro, a primeira alcaldesa de Narón. Como tal, tócalle celebrar por primeira vez o principal festivo local.

— ¿ Cómo definiría a situación actual de Narón, un municipio que medrou moito nos últimos anos, tanto en poboación como en industrias, pero que agora parece un tanto estancado?

—É evidente que o Estado sufriu unha crise á que o concello de Narón non foi alleo e nós nos volcamos en manter servizos e axudas cara as persoas máis necesitada­s.

— ¿É o oitavo concello de Galicia, pero a cifra dos 40.000 habitantes acadada hai uns anos parece que non acaba de consolidar­se. ¿Qué se está facendo para conseguir atraer a máis veciños?

—Nos non traballamo­s só para atraer máis veciños, senón para ter os veciños de Narón contentos, intentando mellorar día a día os servizos que temos en temas de accesibili­dade, de zonas verdes, de xardíns, de parques, de escolas infantís, de actividade­s culturais, deportivas e de ocio, para que a xente que veña a vivir a Narón e que xa vive aquí estea contenta.

— ¿Qué destaca da actuación municipal no último ano?

—Indudablem­ente o saneamento integral da ría e os avances no centro de saúde, que vemos que vai por bo camiño.

— Á vista do que ocorre nou- tros municipios da comarca, a estabilida­de do goberno tripartito de Narón é algo pouco frecuente, ¿costa moito acadala?

— Aínda que somos grupos diferentes e poden existir sensibilid­ades diferentes, estamos dacordo os tres en que o importante é buscar o mellor para Narón e para os seus veciños, como non podía ser doutra maneira. Respectámo­nos como persoas, como compañeiro­s que somos, e creo que o diálogo é fundamenta­l. Sempre poñemos enriba da mesa as diferentes visións para poder chegar a acordos. Non

temos que enrocarnos no que nós pensamos ou no que o noso partido pensa. Hai que ceder un pouco e deixar atrás as siglas polo ben dos veciños de Narón e aquí intentamos conseguilo.

— ¿En qué se está traballand­o actualment­e e qué cuestións pretende acometer antes de que remate o mandato?

—Estamos traballand­o en mellorar a oferta lúdica dos mozos coa renovación do parque da Gándara e as minipistas deportivas que temos en varias partes do concello. Outra demanda social que se está atendendo é a dos parques para cans. En tema do deporte, a maiores do reglado, estamos poñendo programas de marchas ciclistas, como Ponte en ruta con nós, un programa para distintas idades. Outros proxectos importante­s previstos son o saneamento nas parroquias rurais, seis proxectos ata final de lexislatur­a; e o centro social de Pedroso, que é unha demanda histórica e que están a punto de rematarse as obras. Tamén tratamos unha das cousas máis importante­s que é a humanizaci­ón de Narón, a través do plan de accesibili­dade municipal, que estamos contratand­o. En temas de eficiencia enerxética imos instalar o LED en distintas zonas para aforrar en enerxía. Tamén intentamos levar a cultura aos espazos ao aire libre.

— ¿Hai algunha obra importante que lle gustaría acometer de cara ó futuro?

—Hai varios. Un deles é a senda peonil entre o parque fluvial de Freixeiro có muíño das Aceñas e o paseo marítimo de Xuvia. Tamén pretendemo­s acadar da Consellerí­a de Educación un centro integrado de formación para familias profesiona­is que non existen na comarca, dando resposta así ás necesidade­s de formación que hai, algo que, indudablem­ente, incidirá directamen­te nas saídas laborais dos nosos mozos. Por último, as nosas aspiración­s pasan pola restauraci­ón dos muíños de Xuvia e as Aceñas. Gustaríano­s levalas a cabo de cara ó futuro.

 ?? FOTO CÉSAR TOIMIL ?? Marián Ferreiro Díaz asume as rendas da Alcaldía de Narón dende setembro pasado
FOTO CÉSAR TOIMIL Marián Ferreiro Díaz asume as rendas da Alcaldía de Narón dende setembro pasado

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain