La Voz de Galicia (Ferrol) - La Voz de Galicia (Ferrol) - Especial1

NACEMENTOS

-

Estamos no Nadal e co Nadal, un ano máis, chega a tradición belenístic­a, que como todos sabemos, arranca na Idade Media con San Francisco de Asís. Son moitos os nacementos que se instalan na nosa diocese e que teñen o seu aquel... Uns destacan polas súas figuras, outros polas súas montaxes, outros polas actividade­s que se organizan arredor do nacemento... Así cómpre salientar algúns: o de Begonte no que as actividade­s de Nadal duran dous meses; o da Orde Terceira Franciscan­a de Ferrol, obra de Alfredo Martín; o de Santa Marta de Ortigueira, que conta cunha estrutura feita por Camilo Díaz Valiña en 1924; o de San Miguel da Rigueira no concello de Xove; o de Santiago Seré das Somozas; o de San Bartolomeu de Cariño; os dous que hai en Guitiriz: un, na igrexa paroquial con escenas da vida rural de Galicia e outro, no concello feito artesanalm­ente polo taller de Cáritas; o da igrexa do pobado das Pontes. En Viveiro hai varios nacementos: o de San Xoán de Covas, o da Residencia Betania, o de Bágoas da Terra..., pero, sen dúbida, o máis monumental da cidade do Landro é o nacemento que se coloca no adro da igrexa de Santa María do Campo con figuras de tamaño natural. Pero aínda os máis modestos e sinxelos das nosas parroquias do rural teñen o seu encanto. Tamén se poñen nacementos en moitas casas particular­es. Unha moda nova é ver a Papá Noel asaltando as fiestras e balcóns cando, segundo a tradición dos países nórdicos, entraba polas chemineas e non polas ventás.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain