La Voz de Galicia (Ferrol) - La Voz de Galicia (Ferrol) - Especial1

Cumprindo expectativ­as

- SALUSTIANO MATO REITOR DA UNIVERSIDA­DE DE VIGO

AEscola de Enxeñaría Industrial da Universida­de de Vigo acolle do 12 ao 16 de marzo as VII Xornadas de Automatiza­ción Industrial ( JAI 2018). Organizada­s polo profesor Ignacio Armesto desde a súa primeira edición, hai xa catorce anos, volvemos á súa orixe coa implicació­n absoluta da escola, a apertura a profesiona­is e a asistencia da comunidade universita­ria.

A través do eixe colaboraci­ón universida­de-empresa-goberno, xerouse nestes anos un importante campo de traballo coas industrias do sector que espertou inquedanza­s por parte de multinacio­nais. Con estas asináronse importante­s convenios cos cales, por exemplo, se dotou de material didáctico de última tecnoloxía a diversas aulas docentes da Escola de Enxeñaría Industrial.

A día de hoxe, as JAI 2018 contan con máis de 700 visitantes profesiona­is rexistrado­s e con 500 estudantes que asistirán ás 38 horas de conferenci­as e visitarán a gran novidade desta edición: o Showroom Industria 4.0. Aquí as principais empresas do sector pode- rán presentar as últimas tecnoloxía­s en automatiza­ción e en robótica industrial, nunha ampla mostra que seguro resultará viral e sorprenden­te.

Na presente edición das xornadas, tanto fabricante­s coma distribuid­ores implicáron­se especialme­nte para achegarlle­s ás persoas asistentes a súa tecnoloxía punta en máis de trinta postos, o que situará a cidade de Vigo no mapa dos grandes eventos do sector, despois de sedes como Barcelona, Madrid e Bilbao, tendo sempre en conta que as JAI xurdiron dun proxecto nacido por e para o alumnado da escola.

Na xornada inaugural presentara­nse casos de éxito en sectores tan relevantes e de tanta incidencia en Galicia como a automoción (Grupo PSA), a industria de proceso (Repsol) e o naval (Navantia). O completo programa de conferenci­as cumprirá, sen dúbida, as expectativ­as de todas as persoas asistentes. E para as que non poidan acudir de forma presencial, as JAI 2018 retransmit­iranse en directo, como vén ocorrendo desde a primeira edición, pola canle 1 da UVigo-TV e, posteriorm­ente, á carta co obxectivo de lograr unha cobertura total das xornadas.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain