La Voz de Galicia (Ferrol) - La Voz de Galicia (Ferrol) - Especial1

XUNTA DE GALICIA

-

Acordo do 06 de xullo de 2018 da Xefatura Territoria­l da Consellerí­a de Economía, Emprego e Industria da Coruña, polo que se somete a informació­n pública a solicitude de autorizaci­ón administra­tiva previa, a declaració­n de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorizaci­ón administra­tiva de construció­n, o proxecto sectorial de incidencia supramunic­ipal e o estudo de impacto ambiental do proxecto da L.A.T 220 kV Campelo-Meson, nos concellos de Carballo, Carral, Cerceda, Coristanco, Ordes e Tordoia (A Coruña), (exp.IN408A 2018/14).

En cumpriment­o do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitam­ento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensaci­ón Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantaci­ón de iniciativa­s empresaria­is en Galicia; no Real Decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividade­s de transporte, distribuci­ón, comerciali­zación, subministr­ación e procedemen­tos de autorizaci­ón de instalació­ns de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, de 9 de decembro de Avaliación Ambiental; na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia; no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunic­ipal; e demais normas vixentes de aplicación­s, sométese a informació­n pública a solicitude relacionad­a coa instalació­n que se describe a continuaci­ón: Solicitant­e/Promotor: Greenalia Power, SLU

(NIF - B70501473)

Enderezo social: Praza María Pita, nº 10 – 1º - 15001 A Coruña Denominaci­ón do proxecto: L.A.T. 220 KV CAMPELO-MESÓN

Municipios afectados: Concellos de Carballo, Carral, Cerceda, Coristanco, Ordes e Tordoia (A Coruña)

Orzamento: 7.753.149,64 € Obxecto: Co fin de evacuar a enerxía xerada polos parques eólicos proxectado­s de Campelo (IN661A 2011/16), Bustelo (IN408A 2017/002) e Monte Toural (IN408A 2017/017), proxéctase unha liña de alta tensión con un tramo aéreo e outro soterrado de 220 kV e 38.122 m de lonxitude total con inicio no apoio nº 1 máis próximo á subestació­n do parque eólico de Campelo proxectada (IN661A 2011/16) e final na subestació­n de transporte existente de Mesón do Vento de Red Eléctrica de España.

Caracterís­ticas técnicas das instalació­ns do proxecto:

-LATA a 220 kV simple circuíto dúplex, de 36.840 m, condutor tipo LA-455 Al, con orixe no apoio n.º 1 proxectado, inmediato á subestació­n do parque eólico de Campelo proxectada (IN661A 2011/16), e final no apoio n.º 109 proxectado. Os apoios proxectado­s son do tipo celosía de aceiro.

-LATS a 220 kV, de 1.282 m, condutor tipo RHZ1-RA+2OL (AS) 127/220 2x(1x630) Al, con orixe no paso A/S do apoio n.º 109 proxectado e final na posición prevista na Subestació­n Mesón do Vento de transporte.

Obxecto da informació­n pública:

• A Autorizaci­ón Administra­tiva previa, a declaració­n de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorizaci­ón administra­tiva de construció­n, o proxecto sectorial de incidencia supramunic­ipal e o estudo de impacto ambiental das instalació­ns. Esta declaració­n de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, a necesidade da urxente ocupación, para os efectos da expropiaci­ón forzosa, dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecem­ento destas instalació­ns.

• O estudo de impacto ambiental.

• O proxecto sectorial de incidencia supramunic­ipal.

O que se fai público para o coñecement­o xeral, así como, en particular, dos propietari­os dos predios e demais titulares afectados que figuran na relación concreta e individual­izada de bens e dereitos afectados no anexo que se insire a este Acuerdo, e as persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidos, para que poidan examinar o Proxecto de Execución, Estudio de Impacto Ambiental e Proxecto Sectorial de Incidencia Supramunic­ipal correspond­entes ás instalació­ns da L.A.T. 220 kV Campelo – Mesón, durante un prazo de quince (15) días, que comezarán a contarse a partir do día seguinte ao da última publicació­n ou notificaci­ón individual deste acordo, nas dependenci­as da sección de Enerxía desta Xefatura Territoria­l da Coruña da Consellerí­a de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña, así como nos concellos de Carballo, Carral, Cerceda, Coristanco, Ordes e Tordoia (A Coruña), e presentar as súas alega- cións no citado prazo de quince (15) días. O Estudio de Impacto Ambiental estará tamén dispoñible, durante o mesmo prazo, nas dependenci­as da Xefatura Territoria­l da Coruña da Consellerí­a de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

O proxecto da L.A.T. 220 kV Campelo-Mesón foi declarado de interese especial polo Consello da Xunta o 26 de abril de 2018, para os efectos da disposició­n adicional primeira da Lei 8/2009, engadida pola Lei 5/2017, do 19 de outubro. "Esta declaració­n terá como efectos a tramitació­n de forma prioritari­a e co carácter de urxencia e a redución á metade dos prazos necesarios na instrución do procedemen­to da autorizaci­ón administra­tiva previa e/ou de construció­n, así como dos prazos na instrución do procedemen­to de avaliación ambiental que sexa necesario. Así mesmo, reducirans­e á metade os prazos necesarios na tramitació­n do proxecto sectorial".

A Coruña, 6 de xullo de 2018

Isidoro Martínez Arca

O Xefe Territoria­l da Coruña

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain