La Voz de Galicia (Ferrol) - La Voz de Galicia (Ferrol) - Especial1

«Este inicio será tranquilo»

- MARÍA MEIZOSO

Anuncia que o que agora se pon en marcha será un curso con moita actividade nos colexios da cidade, con proxectos novos e de continuida­de

Asegura estar «moi orgullosa do profesorad­o porque o esforzo que se fai cada ano é inmenso». Marián López preside a plataforma que agrupa aos directores dos centros públicos de Ferrol.

—Son días de moito traballo nos centros educativos. ¿Como o están xestionand­o?

—Parece que estamos de vacacións desde o 21 de xuño ata o 12 de setembro e realmente ímonos a finais de xullo e xa nos incorporam­os a finais de agosto. Non daría tempo de outra maneira. O importante é que, independen­temente dos recursos, todos os centros temos a capacidade de manobrar dunha maneira solvente.

—Os proxectos propios volverán completar á actividade lectiva máis tradiciona­l.

—Efectivame­nte, unha vez que están organizado­s todos os centros só nos queda poñer en marcha os proxectos que temos aprobados, que son moitos. Agora mesmo incorporár­onse numerosos centros da comarca ao proxecto de educación dixital E- Dixgal dirixido a 5º e 6º . Estamos continuame­nte incorporán­donos aos diferentes proxectos que convoca a Xunta sen obviar os que temos desde os propios centros, que son moitísimos. Por exemplo, seguiremos traballand­o da man do Cefore, o plan de centros plurilingü­es ampliouse á educación infantil... Ademais, durante todo o curso van ir aparecendo cousas novas. As convocator­ias van ir saíndo.

«As cifras de matriculac­ión son similares ao ano pasado»

—¿Como cualificar­ía este inicio de curso?

—Será tranquilo, iso é o máis salientabl­e. A verdade é que estamos a ter un inicio bastante tranquilo. Sempre hai moitos detalles que temos que retomar dun curso para outro, reunións co concelleir­o de Educación, cos propios directores para unificar criterios dos centros públicos... Pero nada significat­ivo.

—¿E os niveis de matriculac­ión?

—As cifras que manexamos son similares ás do ano pasado cun lixeiro incremento durante o verán nalgúns centros educativos.

 ?? FOTO JOSÉ PARDO ?? López é tamén directora do San Xoán de Filgueira.
FOTO JOSÉ PARDO López é tamén directora do San Xoán de Filgueira.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain