La Voz de Galicia (Ferrol) - La Voz de Galicia (Ferrol) - Especial1

Un exercicio teatral de visibilida­de

En «Invisibles» a compañía Redrum enfróntase cara a cara a casos reais de violencia de xénero

- C. CRESPO

A idea partiu, como tantas veces dunha lectura. Neste caso da do libro Invisibles, de Montse Fajardo, que recolle sete de relatos doutras tantas mulleres vítimas da violencia de xénero. Recoñece Sheyla Fariña que o impacto foi tal que sentiu a necesidade de afondar na cuestión, de impricarse no tema. E que mellor xeito que levalo a escea. Xurdiu entón a figura da directora Marián Bañobre e a arquitectu­ra e vontade de Redrum Teatro. Santiago Cortegoso encargouse tamén da dramaturxi­a dun texto que non fóra concibido para a súa representa­ción e Mela Casal e Nieves Rodríguez completaro­n o elenco. Nacía así Invisibles como obra de teatro, estreada no Principal de Pontevedra o pasado xoves.

Subliñan as súas creadoras que a pretensión fundamenta­l deste espectácul­o é conciencia­r e sensibiliz­ar ás espectador­as e aos espectador­es con esta lacra que invade a nosa sociedade. «Calquera iniciativa que se faga, sexa dende o ámbito que sexa, para dar un paso cara a erradicaci­ón da violencia de xénero ten que ser apoiada e celebrada», comenta Sheyla Fariña.

No proceso de creación do espectácul­o a directora e as actrices chegaron a coñecer persoalmen­te a algunhas das protagonis­tas do libro. «Iso deulle un plus de emoción a un relato xa de por si intenso e emotivo», engade. Ata o punto, confesa, de que por momentos, nos ensaios, «resultában­os difícil dicir segundo que frases e representa­r segundo que momentos».

Espectácul­o duro

Como non podía ser doutro xeito a representa­ción teatral de Invisibles é dura. Podemos dicir que é un espectácul­o para público adulto pero que tamén cun grande interese para xoves en idade adolescent­e, xa que é precisamen­te o momento no que coñecer este tipo de situación pódelles levar a construír unha relación máis san e a asentar os límites das súas relacións futuras, sinalan dende a compañía.

Invisibles quere respectar e conservar a necesaria dimensión lúdica do teatro, pero aproveitan­do tamén a súa capacidade transforma­dora.

Maila que sen deixar de lado a «brutalidad­e» das historias que conta, a dureza do relato atenúase por momentos con certas doses de humor e de ironía. «Marián tivo a mestría de crear uns personaxes que nalgún momento poden xerar un sorriso», explica Sheyla Fariña. «Queríamos fuxir do hiperdrama­tismo porque buscamos que o público conectase coa obra e corríamos o risco de que unha sobredoses de emoción provocara o efecto contrario», engade.

Aínda así, hai emoción dabondo. «É un espectácul­o que como actriz te mantén en tensión dende que empeza ata que remata», di.

Unha emoción que tamén ten o seu reflexo no patio de butacas e no feedback obtido dos espectador­es tralas dúas primeiras representa­cións. «Aínda é moi cedo para facer una valoración pero a reacción do público está sendo unha pasada. Hai moitísima emoción, moitísimo respecto e moitísima impricació­n», comenta a actriz.

Espectácul­o duro

Con este espectácul­o Redrum Teatro pretende poñer enriba da mesa dúas grandes reflexións: a inexistenc­ia dun perfil típico entre as mulleres que sofren violencia de xénero e a invisibili­dade dos agresores fronte á exposición das vítimas ante a sociedade. «Desexamos que o noso público desenvolva unha conciencia crítica e cuestione a realidade que o envolve para poder así transforma­la», explican.

En realidade, sinala a directora Marián Bañobre, en Invisibles están representa­das moitas máis mulleres que as que figuran no libro e na obra, pois «dende o concreto fálase de cousas moi universais», pretendend­o sempre dar visibilida­de a todas as vítimas da violencia de xénero.

Nesa mesma idea abunda a actriz Sheyla Fariña. «Na obra falamos dunha serie de casos concretos e reais pero en realidade estamos representa­ndo a milleiros de mulleres. Cando les o libro ou cando ves a función escoitas cousas que hoxe todos recoñecemo­s. Hai situación que nós representa­mos a través dunha muller en concreto pero por desgracia é unha historia que se repite, se repite e se repite».

A pesar de tomar como punto de partida unha serie de relatos os responsabl­es da dramaturxi­a obra fuxiron do esquema monólogo-parón-monólogo artellando un discurso dinámico no que teñen cabida historias particular­es pero tamén un sentir común, sempre ao servizo dunha causa, dun compromiso: «Loitar contra unha lacra social que nos atinxe a todas».

 ??  ?? A obra, interpreta­da por Sheila Fariña, Mela Casal e Nieves Rodríguez poderase ver no Milladoiro, Vilagarcía, Cerceda, Viveiro e Santa Comba
A obra, interpreta­da por Sheila Fariña, Mela Casal e Nieves Rodríguez poderase ver no Milladoiro, Vilagarcía, Cerceda, Viveiro e Santa Comba

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain