La Voz de Galicia (Ferrol) - La Voz de Galicia (Ferrol) - Especial1

ž$JRUD WHPRV PiLV FRPSUDGRUH­V H LVR IL[R VXELU RV SUH]RVŸ

- ESPE ABUÍN

Quizais porque se trata dunha lonxa mediana, quizais porque comerciali­za gran variedade de peixe, quizais pola súa situación xeográfica... Sexa polo que sexa, o certo é que non é esta a primeira vez que a rula de Fisterra serve de piloto para lanzar un proxecto. Foino cando se fixeron as primeiras probas da marca PescadeRía­s, recorda o seu patrón maior, Manuel Martínez Escarís, Manolete. E tamén agora, poñendo a alfombra vermella á chegada da dixitaliza­ción e mudando cara a unha lonxa 4.0. Por agora conviven os dous sistemas: o de parar a poxa por móbil e o de levantar a man e dicir «meu!». —Por que ofrecerse de novo a servir de coello de indias? —Propuxéron­nolo dende a Consellerí­a do Mar. Explicáron­nos que estaban buscando unha confraría para implantar un proxecto piloto e, aínda que o recibimos con escepticis­mo, decidimos embarcarno­s. —Ou sexa, que dubidaron... —Non, non tivemos dúbidas. O que pasa é que todos os cambios xeran incertezas e ás veces recíbense con desconfian­za. Pero despois veu Sivsa, instalou o sistema e empezamos a poxar a través da aplicación tres especies: polbo, navalla e longueirón. —A xente foi receptiva ao cambio?

—Ao principio eran remisos, sobre todo a xente de idade, que non está moi afeita ao manexo das novas tecnoloxía­s, pero agora xa non hai problema. —Que supuxo para a lonxa de Fisterra a poxa dixital? —Permitiu diversific­ar o mercado e entraron compradore­s doutros sitios, porque non hai necesidade de estar presente na poxa. Poden poxar pola aplicación no móbil e incluso apuntar un prezo e, cando a poxa chega a el, parar e reservarll­e a mercancía. E grazas a esa rivalidade, subiron os prezos. Antes practicame­nte había un monopolio e tres compradore­s repartíans­e o que había. Agora son máis a poxar. Entre eles Carrefour, que antes mercaba aquí para abastecer o seu local de Cee e agora faino tamén para servir aos de Santiago, Bertamirán­s e Sada. —E todo sen protestas? —Ben, un día, catro compradore­s chamaron ao secretario para dicirlle que plantaban e que non ían comprar máis, pero cominámolo­s a que, se querían o peixe, que poxasen e pagasen máis que os demais, como ten que ser.

—E o resto do peixe? Poxarase tamén virtualmen­te?

—De momento, non. Supoño que se fará cando estea afinado o programa, pero por agora séguese cantando a viva voz.

 ??  ??

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain