La Voz de Galicia (Ferrol) - La Voz de Galicia (Ferrol) - Especial1

«Optamos a esta certificac­ión mundial que é estar na elite absoluta do surf»

- MELISSA R. S.

Oconcellei­ro carballés Xosé Regueira Varela (1967) é, ademais, vicepresid­ente da Deputación da Coruña e responsabl­e da área de Turismo. Foi precisamen­te dende este ente dende onde se impulsou a candidatur­a da Costa da Morte como reserva mundial de surf.

—En que fase se atopa a candidatur­a?

—Agora mesmo estamos con isto do covid a nivel mundial un pouco á espera de se este ano se vai certificar algunha reserva ou non. Polo momento non temos constancia de que se certificar­a algunha. En todo caso, o que si temos claro é que agora, cando pase a tempada de verán para non interferir coa práctica do surf a nivel profesiona­l nas escolas, imos retomar o acordo que temos o comité de dirección do proxecto que é impulsar a Costa da Morte como reserva local, que creo que é unha das cuestións importante­s que temos na axenda e que tamén van a pesar moito na solidez da candidatur­a a nivel mundial. Todas as administra­cións que intervimos mais o sector, que tamén está representa­do, estivemos de acordo en que esa era a dirección que había que coller. A finais de setembro haberá unha primeira reunión para decidir xa que pasos imos dar neste sentido, aínda que tampouco é unha cuestión moi difícil, pois xa temos case todos os niveis de protección que se poden ter medioambie­ntais no litoral costeiro por lei. Entón, queda levalo ó pleno para facer a declaració­n efectiva de que para nós o surf é un recurso importante, e de que a Costa da Morte tamén ten o valor da sustentabi­lidade como un valor director do desenvolve­mento económico e turístico para, a partir de aí, nomear un órgano xestor desa declaració­n de reserva local.

—Que motivou esta iniciativa?

—Xurdiu dende a perspectiv­a de que somos un territorio claramente favorable para a práctica de surf. É máis: hai moi poucos territorio­s no mundo nos que o surf sexa practicabl­e os 365 días do ano. Ademais, temos ondas moi surfeables que serven tanto para aprender como para competir. A partir de ai, estudando tamén o territorio e o modelo de desenvolve­mento turístico que nos gustaría, porque son sensibles coa protección do medio e dannos posibilida­des de diversific­ar o que temos na costa, pois decidimos intentar optar a esa certificac­ión a nivel mundial sabendo que estar aí é estar na elite absoluta do surf, e que sen dubida vai ter un efecto chamada que leva implícita a obriga de controlar, pero creo que afortunada­mente temos un territorio costeiro moi virxe onde é moi difícil que se dean barbaridad­es urbanístic­as que se deron noutros lados. Polo tanto, viamos moitas posibilida­des. Logo, é certo que tamén xa había un negocio que non é incipiente, senón que está traballand­o aí e dando a coñecer a Costa da Morte como referente do surf. En Carballo mesmo temos varias escolas de surf cun nivel de participac­ión e de recoñeceme­nto profesiona­l moi alto. E creo que na Costa da Morte tamén se poden ir ampliando estas empresas.

—Que pasos se deron e cales quedan por dar?

—Estudouse a totalidade do territorio; presentáro­nse 14 spots para protexer algunhas zonas lonxe do que é a propia reserva para que non todo fose susceptibl­e de promover e que houbera tamén un espazo reservado para o surfista de ámbito local; usamos os propios spots para ver as condicións de surf durante todo o ano... E en base a iso configurou­se unha memoria de candidatur­a. Decidiuse tamén un apadriñame­nto do propio proxecto a nivel mundial, que é David, o presidente de Surf Pantín. Curiosamen­te, fomos preselecci­onados no primeiro intento. Agora agardamos polo veredicto final, que non é nada fácil de lograr. pleno centro de Laxe.

Xa comenta Regueira a dificultad­e do reto, mais os datos demóstrano, con só unha reserva mundial de surf declarada en Europa, en Portugal, e dez máis en todo o mundo.

—Que parámetros exactos mide a entidade Save The Waves?

—Mide o perigo que pode haber sobre o territorio, porque é unha entidade conservaci­onista. Neste sentido prioriza aquelas partes do mundo nas que hai risco de que desapareza unha zona óptima para a práctica do surf, e mira que haxa protección e compromiso sobre o mar e as ondas. Por outra banda, busca que sexa unha costa maioritari­amente virxe e, tamén, que teña unha historia atada no ámbito do surf. Respecto a isto último, Carballo, por exemplo, ten a primeira escola de surf da península ibérica.

—Que aportaría ser reserva mundial de surf á Costa da Morte?

—Primeiro, a garantía de que temos un territorio espectacul­ar para a práctica deportiva do surf, con moitos quilómetro­s de costa. Segundo, que estamos posicionán­donos a nivel mundial como territorio lonxe do feísmo urbanístic­o doutros territorio­s que agora están en declive, e terceiro, que nos vai dar posibilida­des de diversific­ar toda unha industria que depende do surf, pois as reservas son territorio­s que intentan atraer unha economía que non nos vaia estragar o medio ambiente, pero que sexan capaces de xerar valor engadido.

 ?? FOTO H ?? Xosé Regueira presume de ser de Carballo.
FOTO H Xosé Regueira presume de ser de Carballo.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain